Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións

28 de feb. de 2020

OBRADOIRO: ROSALÍA DE CASTRO, IMAXE E RECICLAXE



A   Asociación de Escritores en Lingua Galega aproveitando que o 24 de febreiro celebrouse o aniversario da primeira edición de " Cantares Gallegos" , sacou a idea de instaurar esa data como Día de Rosalía  de Castro. Para o EDL do IES Pintor Colmeiro e para a sociedade galega en xeral, mostrar a lingua galega coma unha lingua de cultura e de importancia internaciónal a través da obra e figura de Rosalía de Castro é de vital importancia.


Do día 28 de febreiro ata o 6 de marzo e en colaboración coa Biblioteca do centro, desenvolverase un obradoiro dirixido a todo o alumnado do centro no cal elaboraranse broches e aneis con materiais de reciclaxe. O obxectivo é divulgar a obra de Rosalía e ao mesmo tempo inculcar hábitos de reciclaxe e coidado da natureza. 

30 de xuño de 2014

Entrevista a Xosé Cobas e Xabier Docampo (Radio Colmeiro 11)

Moitos recordaredes a visita que nos fixeron Xosé Cobas e Xabier Docampo alá polo mes de febreiro. Daquela graváramos unha entrevista en vídeo que desafortunadamente acabamos perdendo, porén demos recuperado o audio que vos mostramos con total orgullo Se non nos equivocamos, a entrevista foi realizada polas alumnas Sonia Framiñán e Martina Domínguez