Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Cobas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Cobas b>. Amosar todas as publicacións
30 de xuño de 2014
Entrevista a Xosé Cobas e Xabier Docampo (Radio Colmeiro 11)
Moitos recordaredes a visita que nos fixeron Xosé Cobas e Xabier Docampo alá polo mes de febreiro. Daquela graváramos unha entrevista en vídeo que desafortunadamente acabamos perdendo, porén demos recuperado o audio que vos mostramos con total orgullo
Se non nos equivocamos, a entrevista foi realizada polas alumnas Sonia Framiñán e Martina Domínguez
5 de feb. de 2014
Ilustrándonos con Xabier Docampo e Xosé Cobas
Para que a celebración fose completa (pero moi completa) contamos coa visita de Xosé Cobas e Xabier Docampo, ilustrador e autor, respectivamente do libro do que nos viñeron falar: A illa de todas illas,
Xosé Cobas agasallounos con dous cadros, un para o centro e outro que foi sorteado entre o alumnado.
Andrea foi a afortunada gañadora.
Cobas e Docampo puideron comprobar polos corredores do instituto que tanto o alumnado de 1º de ESO como o de
1º de Bacharelato traballaron sobre a ilustración deste artista. Basta con botarlle un ollo a esta outra entrada para repasar os seus debuxos.
4 de feb. de 2014
Día da ilustración: interpretando a Xosé Cobas
Para recibitr a Xosé Cobas, o alumnado de 1º de Bacharelato fixo unha particular interpretación do seu traball. Podedes comprobar o bonito que nos quedou o centro
E o alumnado de 1º de ESO, que leu moitos libros de Xabier Docampo fixo ilustracións alternativas:
Porque o alumnado do IES Pintor Colmeiro tamén ilustra:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)