Amosando publicacións coa etiqueta Suso de Toro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Suso de Toro. Amosar todas as publicacións

5 de maio de 2014

Entrevista a Suso de Toro






Cando hai uns días comentabamos que a xornada coa que compartimos experiencias con Suso de Toro foi unha especie de maratón, estámos contando unha verdade enorme. Se seguides algo este blogue, veríades como xa informamos de como Suso de Toro ofreceu unha charla ao alumnado da ESO, escoitou e estableceu un diálogo co de bacharelato ou inaugurou unha aula co seu nome. Aínda faltaba esta entrevista que Sonia Framiñán e Martina Domínguez lle realizaron na Aula de Vídeo e Radio do Colmeiro.

28 de abr. de 2014

Kamishibai para Suso de Toro

Unha das sorpresas que tiñamos preparada para acoller a visita de Suso de Toro foi converter a obra de teatro que o alumnado de 3º de ESO leu, Unha rosa é unha rosa, en pequeno Kamishibai. O artista, David Cabaleiro (de 3º da ESO), dirixido polo seu profesor de Debuxo, Bernardo.

25 de abr. de 2014

Aula Suso de Toro

Grazas ao noso alumno Samuel, temos un vídeo do momento en que Suso de Toro descobre a placa que leva o seu nome, a de 1º de Bacharelato.

24 de abr. de 2014

10 de abr. de 2014

Suso de Toro. Presentación

Velaquí a presentación realizada polo alumnado de 1º de bacharelato sobre Suso de Toro e que serviu para acompañar as lecturas que fixeron da súa obra ante a súa atenta presencia.

Xornada con Suso de Toro

Suso de Toro nunha maratoniana xornada compartiu connosco ideas e recordos arredor da súa importante obra escrita e mantivo encontros con case todos os cursos do IES Pintor Colmeiro.
En primeiro lugar o alumnado de 4º da ESO escoitou de primeira man a experiencia como guonista dunha das primeiras series de televisión, Servicio de urxencias. Suso de Toro comentou que para el fora todo un reto, unha experiencia moi distinta á de escribir unha novela debido á inmediatez e rapidez con que se tiña que desenvolver o seu traballo creativo.
O alumnado de 2º e 3º da ESO traballou sobre  Unha rosa é unha rosa. Cinco alumnos de 3º da ESO fixeron unha versión en kamishibai da obra, o cal foi toda unha novidade para o escritor, que era a primeira vez que tiña noticia desta forma de teatro en papel creado no Xapón.

Dentro do programa comenzado o curso pasado "Nomeamos as aulas", avanzamos un chanzo máis dándolle o nome de Suso de Toro a unha aula de 1º de bacharelato. Os alumnos deste nivel leron distintas obras deste escritor e fixeron unha escolla de anacos das mesmas para facer lecturas das mesmas. Deste xeito fixemos un percorrido por toda a súa obra literaria.
Tamén se proxectou un vídeo realizado polo alumnado de 2º de bacharelato no que se traduciu ao formato audiovisual un artigo de opinión de Suso de Toro publicado este mesmo ano no dixital Praza Pública co título "Non marchedes sen loitar antes", sobre a actual situación de desmprego da xuventude e a perspectiva da volta da emigración.

Finalmente o escritor foi entrevistado por Radio Colmeiro, a radio do ENDL do instituto. Esperamos ter pronto o programa á nosa disposición.

Agradecémoslle a Suso de Toro que colaborara en todas as actividades programadas arredor da súa figura e a súa obra. Seguro que rematou a xornada ben cansado, pero a pegada que foi deixando por todas as aulas do centro de certo será tan persistente como a placa que desde onte descubriu á porta dunha das aulas do noso centro, desde agora e para sempre,  a aula Suso de Toro.

9 de abr. de 2014

Non marchedes sen loitar antes


Pois si. Onte prácticamente todo o alumnado do centro coñeceu a Suso de Toro.
Aproveitando a súa presencia no noso centro realizáronse múltiples actividades das que iremos dando noticia neste blogue.
Unha das actividades que tiñamos prevista era a realización dun vídeo sobre algún texto de Servicio de urxencias. Despois de varios intentos o alumnado da materia de 2º de bacharelato de "Ética e filosofía do dereito" decidiu cambiar de estratexia e recolleu un artigo de opinión: Non marchedes sen loitar antes, e realizou con el este vídeo que presentamos neste espazo.

2 de abr. de 2014

Preparando a visita de Suso de Toro

Suso de Toro vai visitarnos o vindeiro 8 de abril, día no que volveremos a retomar a iniciativa "nomeamos as aulas".
Podedes comprobar que xa moitos dos alumnos do Colmeiro fixeron a súa aportación sobre as lecturas da obra de Suso de Toro. Pero se queredes ampliar o voso coñecemento sobre este autor, podedes remexer nos seguintes recursos: