Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
7 de dec. de 2016
O Concello de Silleda inaugurou a exposición de toponimia do IES Pintor Colmeiro
Dende onte ata o día 17 deste mes, a Casa da Cultura de Silleda, alberga a exposición de nomes de lugares e lendas do municipio de Silleda dirixida polo profesor Xoan Carlos García Porral e coordinado polo Equipo de Normalización Lingüística As Ferreiras Silleda.
Á inauguración asistiron os alumnos e alumnas de primeiro da ESO, a edil de Educación , Pilar Peón e o director do IES Pintor Colmeiro Suso Fdez.
O traballo xa fora presentado o curso anterior no Museo do Pobo Galego despois de ser premiado no IX Proxecto Didáctico Antón Fraguas que promove a fundación que leva o seu nome.
O traballo de investigación completouse coa publicación do libro A lendaria e toponímica do Concello de Silleda.