Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso. Amosar todas as publicacións

25 de abr. de 2013

'Creación': musicando a Fran Alonso



 Para recibir a Fran Alonso o Día da Poesía pedímoslle novamente ao noso alumno César Castillo que musicase un seu poema. Aquí podemos observar o resultado e o poema base. Creación (Transición, 2011) A cadeira arrimada. Crisálida. O corpo tenso. Posición branca: á espera, sen versos. Nin larva. Que non se meta non fose non rompe. Que non se sabe non senta non é. Que non hai abrocho espera imposible. Que o poema non existe de seu é tema flema teorema. Non é larva. Non corpo: nin hai nin ten palabras existen de seu.

11 de abr. de 2013

Fran Alonso debullando a alma da poesía



Este ano o Día da Poesía foi moi especial no IES Pintor Colmeiro pois tivemos a sorte de que Fran Alonso nos transmitira de forma moi especial, só como el o sabe facer, en que consiste. Aínda que o vídeo se vexa atravesado, paga a pena velo para aprendermos a valorar o enorme patrimonio poético que temos en Galicia.

25 de mar. de 2013

A pegada de Fran Alonso en Silleda



A visita de Fran Alonso a Silleda deixou unha fonda pegada.
Como testemuña disto está esta entrevista que lle fixeron no Faro de Vigo, ou este outro artigo no que se conta que Fran Alonso, ademais de ser a estrela central do Día da Poesía no IES Pintor Colmeiro, foino tamén na biblioteca da vila onde mantivo un encontro cos membros do Clube de Lectura.
Pero Fran Alonso non foi o único protagonista da xornada. Os alumnos de 4º B e 1ºBH musicaron algúns poemas de Poetízate para recbir ao escritor. Fixeron un traballos que de seguro recordarán sempre e que de certo os aproximou ao seu amor pola lingua desde a poesía.

23 de mar. de 2013

Fran Alonso interpretou poesías para nós

Fran Alonso, o autor de Poetízate, visitou no Día da Poesía o noso instituo. Foi recibido cunha impresionante exposición no hall do centro da que xa informamos en entradas anteriores.
Varios alumnos de 4º B interpretaron un rap dunha poesía de Pondal.... Hai que ter valor!
César, o artista que nos chegou do Paraguai, tamén tivo o seu lugar cunha nova interpretación.
Finalmente Fran Alonso fíxonos unha interpretación de moitas poesías nun espectáculo case teatral. Achegounos a maxia da lingua en versos.