O alumnado de 1º B do IES Pintor Colmeiro (Silleda), entre as actividades derivadas súa lectura, realizou este álbum ilustrado sobre o libro de Xabier P. Docampo "O misterio das Badaladas"
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta Xabier P. Docampo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xabier P. Docampo b>. Amosar todas as publicacións
20 de abr. de 2016
30 de xuño de 2014
Entrevista a Xosé Cobas e Xabier Docampo (Radio Colmeiro 11)
Moitos recordaredes a visita que nos fixeron Xosé Cobas e Xabier Docampo alá polo mes de febreiro. Daquela graváramos unha entrevista en vídeo que desafortunadamente acabamos perdendo, porén demos recuperado o audio que vos mostramos con total orgullo
Se non nos equivocamos, a entrevista foi realizada polas alumnas Sonia Framiñán e Martina Domínguez
5 de feb. de 2014
Ilustrándonos con Xabier Docampo e Xosé Cobas
Para que a celebración fose completa (pero moi completa) contamos coa visita de Xosé Cobas e Xabier Docampo, ilustrador e autor, respectivamente do libro do que nos viñeron falar: A illa de todas illas,
Xosé Cobas agasallounos con dous cadros, un para o centro e outro que foi sorteado entre o alumnado.
Andrea foi a afortunada gañadora.
Cobas e Docampo puideron comprobar polos corredores do instituto que tanto o alumnado de 1º de ESO como o de
1º de Bacharelato traballaron sobre a ilustración deste artista. Basta con botarlle un ollo a esta outra entrada para repasar os seus debuxos.
1 de xuño de 2013
O noso álbum do "Misterio das badaladas"
Xabier Docampo_album_O misterio das badaladas_1º B by As Ferreiras Silleda
Esta é a versión que o alumnado de 1ºB fixeron do libro "O misterio das badaladas" de Xabier Docampo. Entregáronllo o 13/05/2013, o día que o escritor visitou o noso centro e inaugurou unha aula co seu nome. Debido ao frenético traballo que estamos a realizar no Equipo de Normalización, tardamos un par de semanas en colgalo no blogue e non sabemos como, pero este traballo do noso alumnado xa leva máis de 1.000 visitas.22 de maio de 2013
Aula Xabier Docampo
Tal e como comentamos noutra entrada anterior, Xabier Docampo pisou o noso centro e tróuxonos moitas historias. Algunha máis xa a coñeciamos. Neste vídeo presentamos tres obriñas de teatro (A decisión de Valerio, Adelaida, Henrique e demais familia, De cores e de amores) nas que o alumnado traballou con paixón quedando sen recreos nin horas libres para recibir como se debe ao noso ilustre escritor. Esta gravación debémosllela a Xosé Fuentes e Suso Fernández, a quen lles damos as grazas polo seu traballo.
21 de maio de 2013
Benvido Xabier Docampo
15 de maio de 2013
O misterio das badaladas
Xabier Docampo estivo no centro para inaugurar unha aula co seu nome, a de 1ºB. O alumnado dese grupo quixo ademais agasallalo cun álbum ilustrado realizado por eles mesmos sobre o libro O misterio das badaladas. Presentamos aquí ese traballo, cómpre bortarlle un ollo pois é ben bonito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)