Amosando publicacións coa etiqueta Breogán Riveiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Breogán Riveiro. Amosar todas as publicacións

18 de dec. de 2014

Breogán Riveiro no Colmeiro



O pasado xoves 11 de decembro o escritor Breogán Riveiro mantivo un encontro co alumnado de 1º da ESO. Nas entradas anteriores xa puidéchedes ver que o pasaron moi ben con el.  Velaquí a comprobación. Todo un espectáculo.
Así que volvemos a ter outra invitación para ler o Tonecho de Rebordechao, e é que aínda hai alguén que non o leu.

Tonecho de Rebordechao. Últimas valoracións

A min o libro de Tonecho de Rebordechao pareceume moi divertido e educativo xa que nós recorda os costumes e as cousas que se facían noutros tempos, como se vivía nas aldeas etc.Ademais tamén dá un pouco de medo coa historia do Home do Unto.
 O personaxe que máis me gustou, ademais de Tonecho, foi o seu avó, porque me pareceu un dos personaxes da historia máis divertidos xa que fai cousas da vida cotiá pero cun toque de humor. E ao rematar de ler o libro veunos visitar o outor, que me pareceu un home moi agradable xa que nos contou un montón de historias divertidas, poñíalle un toque de humor a todo, falaba con nós, aínda que ás veces non do libro, e facía todo o posible para que nos sentiramos a gusto con el.
por Eva García Bibian


Tonecho de Rebordechao O libro “ Tonecho de Rebordechao ” é un libro que todo o mundo debería ler e gustoume en moitos sentidos: -Ensina que os animais teñen sentimentos como as persoas. -O avó e a avoa fanche rir e fan que o libro parezca aínda mais real, porque é algo que sole pasar na vida cotiá. Recomendo este libro a todos os nenos e nenas,e un libro moi interesante,coas súas partes graciosas, tristes,emocionantes...A min gustoume moito. O autor do libro O autor do libro veu aquí ,e contestou as preguntas que lle fixemos,fíxonos sorrir moito .Era moi amable, moi divertido e moi bo con nós,a todos nos caeu moi ben .Ojalá poidamos volver a velo e darlle outra vez a benvida!!!
por  Ángela Quintás Mato

-Gustoume moito o libro, a historia foi moi entretida,espero volver a ler outro libro de Breogán Riveiro que me gustara tanto como o libro de Tonecho de Rebordechao. Breogán Riveiro foi un home moi amable por vir ao IES PINTOR COLMEIRO a darnos unha charla sobre o libro,gustoume moito que viñera. Nós os nenos/as fómoslle dicíndolle preguntas sobre o libro e el contestábaas pero enrollábase moito pero aínda asi pasabámo moi ben escoitando. Esas dúas horas que veu foron unhas das mellores de todas; rimos todo o tempo, quedei moi contenta. Recomendo este libro a todos/as porque é moi interesante e entretido a vez. MOITÍSIMAS GRAZAS BREOGÁN.....
por Laura Míguez Caramés 1º da eso B


É un libro moi divertido. Ten un vocabulario moi fácil e enxebre; de aldea. Case se le só, xa que ten palabras moi cotiáns. Gústame moito, porque Rebordechao recórdame a aldea dos meus avós. O único que lle poño de " pega " é o título. Non está moi logrado, xa que o protagonista chámase Tonecho e vive en Rebordechao. Pero en conxunto é moi bo libro. Un dos que máis me gustou.
por Lara Silva Muiños 1ºC




Boas, velaquí a miña opinión sobre "Tonecho de Rebordechao":
OPINIÓN SOBRE O LIBRO A min o libro gustoume moito (como a case todos os meus compañeiros); gustoume pola maneira que ten de mesturar a gracia, o humor, coa maneira de ser da xente da aldea e co misterio do Home do Unto. Gustoume cando discutían os avos, porque toda a clase escachábamos coa risa. Tamén porque non era moi difícil de entender.
OPINIÓN SOBRE O AUTOR O autor deste libro caeume xenial; é unha persoa moi simpática que sabe como conquistar perfectamente á xente. Contounos moitas lendas moi graciosas , pasamos un ratiño estupendo!
por  Eva Vázquez Montero 1º de ESO C

Gustoume moito o forma de expresarse este autor no libro, non usa palabras que non entendamos e exprésase perfectamente.
O autor é moi simpático e agradable. Sempre respondía as preguntas e contounos anécdotas e chistes moi divertidos e interesantes. Por exemplo: contounos cando nun sitio a un árbitro lle chamaban cousas estúpidas, por exemplo, "equinodermo". E noutra ocasión que a nai do árbitro morrera e ninguén lle dicía nada ata que alguén lle chamou "orfo de p...".
por David Varela Vázquez 1ºC.


Opinión do libro: É un libro con palabras sinxelas, non é dificil de comprender, é moi divertido... Para a nosa idade está xenial. Tonecho de Rebordechao é un libro que inclúe graza, humor, lendas unha aldea olvidada e misterio. Opinión do escritor: É unha persoa moi simpática e extrovertida. Contounos lendas que lle contaran cando era pequeno. Breogán Riveiro é unha persoa que escribe e fala en galego, por iso o admiro. 
por  Lucía Dapena Carracedo 1º de ESO C


A min este libro foi o que máis me gustou de todos os que levo lido . Ademais de que Breogán Riveiro explicou cousas do libro,tamén nos explicou outras cousas que xa no libro nos fixeron graza. Cando nos empezou a contar unhas lendas xa estabamos impacientes; e queriamos que se acabara para ver como acababan esas lendas porque sempre ía ocurrir algo moi gracioso e divertido ademais el faino dunha forma mais cómica e sempre lle dá esa graza ás lendas e historias. Recomendaría este libro a toda os nenos/as porque é moi divertido e pasas un bo rato aprendendo cousas das aldeas: como eran antes... GRAZAS BREOGÁN.....
por Noelia Lorenzo Barciela

Tonecho de Rebordechao. Penúltimas valoracións

OPINIÓN DO LIBRO:O libro pareceume unha obra de arte.Todas as aventuras que nel se contan son moi entretidas,dende o "Home do Unto" ata o "LDí das eleccións".A percepción que o libro dá de Tonecho,é magnífica.Dá a impresión de que é un neno sen complexos, sen tormentos...,que disfruta vivindo a vida,xogando co can...O avó é todo un artista,fai queixos,ensínanos ós lectores costumes e cousas dos animais; por exemplo como saber se é gato ou gata.Eu persoalmente recomendaría a lectura deste libro a calquera,porque é un libro moi bonito,que serve para calquera idade. 
VISITA DO AUTOR:O autor é un bromista,divírtese xogando coas nosas emocións.Gústalle saber cousas e redactalas, recopilar lendas...Contounos lendas e historias moi entretidas,a min as dúas horas que pasei con el,fóronseme voando.Animounos a que escribíramos un libro sobre a parroquia de "DonBodán".Cando asinou os libros a min fíxome unha aposta,que consistía en que se non perdía o papel no que me asinou,cando tivera 18 anos,convidaríame a unha botella de licor café. 
por Brais López García
 
 Ola son Catalin Silviu Nastuta de 1ºA e a miña opinión sobre o libro Tonecho de Rebordechao é que me encantou,é un libro que recomedaría a todos os meus amigos. Este libro apréndeche moitas cousas: como diferenciar nun gato se é macho ou femia, respectar aos animais, saber se alguén está rindo polos ollos,a importancia dos avós, a facer queixos, a apreciar as aldeas...Ademais é un libro moi divertido igual que o seu autor,porque na visita que nos fixo Breogán Riveiro contounos
historias moi divertivas e moitas cousas sobre o seu libro.O momento máis divertido foi cando nos contou a historia sobre un árbitro. Un saúdo!
 por Catalin Silviu Nastuta de 1ºA

O libro e moi bo, faiche sentir alegría,risa,tristeza...combina moi ben os sentimentos. Este libro recomendaríao xa que é un libro no que se expresan cousas boas e malas, tristes e graciosas.Espero ler mais libros parecidos a este. Despois comprobámos,coa súa visita,que o autor é divertido é moi bo expresándose. Había cousas que non entendía, díxenllo e explicoumas.Por exemplo (sorrir polos ollos) 
por Alberto Pérez



 Ola, son Tonecho de Rebordechao pareceume un libro moi realista e que axuda a recordar o importante das aldeas e o que se perdeu fai tempo. Tamén nos axuda a distinguir se os gatos son femias ou machos, a facer queixo e tamén a como saber se unha persoa sorrí ou non, con mirarlle simplemente os ollos. A visita de Breogán Riveiro fíxoseme moi agradable debido a que é unha persoa moi sinxela e divertida. Contounos moitas historias, que, a súa vez tamén lle contaron a el cando era pequeno e non tan pequeno. Pasei unha tarde incrible. 
por Iria Moreira Suárez, de 1ºA.

17 de dec. de 2014

Tonecho de Rebordechao. Segundas valoracións.

O libro gustoume moito polas aventuras que vive Tonecho, as versións que lle contan do Home do Unto. O avó probablemente sería o personaxe que máis me gustou porque é moi divertido e trangalleiro, igual que Tonecho que provocaba discusións entre os avós. Ademais tivemos a sorte que o pasado xoves o autor do libro, Breogán Riveiro fíxonos unha visita para falar do libro, en definitiva pasámolo moi ben co autor porque era moi divertido. Recomendo este libro para calquera persoa interesada na lectura e sobre todo se teñen a sorte de estar co autor do libro. 
por David Mato Rodríguez 


Pareceume un libro moi interesante, porque Tonecho sempre vai descubrindo novas aventuras co seu can o Langrán.
O que máis me gustou do libro é cando Sabela vai visitar a Tonecho e dálle un bico na meixela. O autor do libro, Breogán Riveiro, veu visitarnos ao I.E.S. Pintor Colmeiro e pareceunos moi gracioso, porque nos fixo rir con todas as preguntas que le fixemos. Recomendaríallelo a todos os nenos de Galicia e de fora de Galicia, seguro que pasaría bos momentos léndoo GRAZAS BREOGÁN!!!!! 
Salma 1ºB 


Moi bo, excepto nun aspecto: non quería que acabara así (que Tonecho acabara no hospital por comer un bocadillo con cogomelos velenosos) Recomendaríao a todos os nenos que falan galego, pois conta as "aventuras" dun rapaz nunha aldea perdida chamada Rebordechao Ten a súa parte de misterio (cando conta a historia do Home do Unto), a súa parte de humor (candi di que non pode saber se é gato ou gata un gato porque non ten pirola). Non ten moito romanticismo, pero dá igual, pois o libro segue sendo interesante e moi chulo. Breogán é alguén moi simpático e gracioso, unha boa persoa. Cando responde unha pregunta nosa, sempre respondía e despois explicaba moitas cousas, e algún conto, é dicir, enleábase moito.
 por Rubén Pérez Márquez 



Eu este libro recoméndollo a todo mundo. É un libro moi entretido, enganchoume moito, sobre todo o avó, que é un personaxe moi gracioso e interesante. Non ten moitos personaxes, pero todos teñen algo interesante e son agarimosos. 
O autor veunos facer unha visita o xoves a tarde contounos porque elixiu Rebordechao. O autor é un auténtico gracioso, contestounos a todas as preguntas e contounos moitas lendas.

por  Uxía García Pardo

Ola!!!! Son Andrés e quero que saibades que o libro Tonecho de Rebordechao me pareceu moi divertido e ademais ensinoume moitas cousas que eu non sabía.Para min é un dos libros que máis me gustou.
Encantorme a visita do seu autor, Breogán Riveiro. Esa tarde paseino moi ben. Nunca coñecera a un escritor tan simpático e enrollado como é el. Recomendo este libro a todos os que queiran rir e pasar un momento divertido.
por Andrés López Durán


A min gustoume moito o libro de Tonecho de Rebordechao porque ademais de ter moito humor aprendín cousas,que aínda que son moi básicas,nós non as respectamos. 
Cando veu a visitarnos ao noso centro pasámolo moi ben e rímonos moito.A parte de ser moi simpático a min caeume ben,tanto polos chistes como pola forma de falar.
por Marcos Caetano

Tonecho de Rebordechao. Algunhas valoracións

O libro gustóume moito e una hsitoria que engancha e faite rir  os persoaxes q máis me gustaron foron o Langran,o avo, a avoa,Tonecho e por ultimo o Kevin q estaba moi gordo:)Cando veu o escritor ao instituto  paseino xenial era divertidisimo estar con el el falar co el ,pero voute ser sincero o que máis me gustou foi perde duas horiñas de clase pero en xeral paseino xenial.Espero que poida leer outro libro divetido.

 por Diego Lamas Barros


O libro pareceume dos máis entretidos e interesantes dos que lin, nunca me gustou tanto un libro coma este.Cada parte que les dáche ganas de seguir lendo e coñecer toda a historia.A o libro non lle falta nada: nin humor nin ledicia, nin enfado nin tristeza. O escritor resultou ser unha persoa moi achegada e simpática, faiche rir moito.

 por Nicolás Rodríguez






A min Tonecho de Rebordechao pareceume un libro moi gracioso e alegre que defende o galego e os pobos das montañas que están perdidas entre as árbores e uns camiños minúsculos.Gustoume que puxera a historia do Home do Unto porque eu non sabia quen era. Con el aprendemos un pouquiño máis da culura galega. O avó pareceume que tiña un caracter afable e fíxonos rir moito mentres que o Portugués era un home roñon e tonecho dIcía que ria polos ollos. E Breogán Riveiro e unha persoa apracible e con moito sentido de humor,que nos fixo pasar un tarde marabillosa e eu recoméndollo a todos os nenos que o queiran ler
 por Encarna Oleiro Novo
Ola, son Xoana Rivas López da clase 1ºA. A min gustoume moito o libro de Tonecho de Rebordechao. Rin moito e tamén aprendín moitas cousas como diferenciar gatos e gatas polas cores, a fecer queixo, a apreciar os animais e tamén saber que as aldeas teñen moito valor. O que máis me gustou del foi que, había comedia, medo, misterio... todo xunto. Recoméndollo a todos os rapaces e rapazas, foi un dos libros que máis me gustou dos que lin. O autor pareceume moi gracioso e divertido. Contounos moitos contos graciosos que lle contaran a el.Pasei unha tarde moi agradable con el. 
por Xoana Rivas (1ºA)