17 de dec. de 2014

Tonecho de Rebordechao. Segundas valoracións.

O libro gustoume moito polas aventuras que vive Tonecho, as versións que lle contan do Home do Unto. O avó probablemente sería o personaxe que máis me gustou porque é moi divertido e trangalleiro, igual que Tonecho que provocaba discusións entre os avós. Ademais tivemos a sorte que o pasado xoves o autor do libro, Breogán Riveiro fíxonos unha visita para falar do libro, en definitiva pasámolo moi ben co autor porque era moi divertido. Recomendo este libro para calquera persoa interesada na lectura e sobre todo se teñen a sorte de estar co autor do libro. 
por David Mato Rodríguez 


Pareceume un libro moi interesante, porque Tonecho sempre vai descubrindo novas aventuras co seu can o Langrán.
O que máis me gustou do libro é cando Sabela vai visitar a Tonecho e dálle un bico na meixela. O autor do libro, Breogán Riveiro, veu visitarnos ao I.E.S. Pintor Colmeiro e pareceunos moi gracioso, porque nos fixo rir con todas as preguntas que le fixemos. Recomendaríallelo a todos os nenos de Galicia e de fora de Galicia, seguro que pasaría bos momentos léndoo GRAZAS BREOGÁN!!!!! 
Salma 1ºB 


Moi bo, excepto nun aspecto: non quería que acabara así (que Tonecho acabara no hospital por comer un bocadillo con cogomelos velenosos) Recomendaríao a todos os nenos que falan galego, pois conta as "aventuras" dun rapaz nunha aldea perdida chamada Rebordechao Ten a súa parte de misterio (cando conta a historia do Home do Unto), a súa parte de humor (candi di que non pode saber se é gato ou gata un gato porque non ten pirola). Non ten moito romanticismo, pero dá igual, pois o libro segue sendo interesante e moi chulo. Breogán é alguén moi simpático e gracioso, unha boa persoa. Cando responde unha pregunta nosa, sempre respondía e despois explicaba moitas cousas, e algún conto, é dicir, enleábase moito.
 por Rubén Pérez Márquez 



Eu este libro recoméndollo a todo mundo. É un libro moi entretido, enganchoume moito, sobre todo o avó, que é un personaxe moi gracioso e interesante. Non ten moitos personaxes, pero todos teñen algo interesante e son agarimosos. 
O autor veunos facer unha visita o xoves a tarde contounos porque elixiu Rebordechao. O autor é un auténtico gracioso, contestounos a todas as preguntas e contounos moitas lendas.

por  Uxía García Pardo

Ola!!!! Son Andrés e quero que saibades que o libro Tonecho de Rebordechao me pareceu moi divertido e ademais ensinoume moitas cousas que eu non sabía.Para min é un dos libros que máis me gustou.
Encantorme a visita do seu autor, Breogán Riveiro. Esa tarde paseino moi ben. Nunca coñecera a un escritor tan simpático e enrollado como é el. Recomendo este libro a todos os que queiran rir e pasar un momento divertido.
por Andrés López Durán


A min gustoume moito o libro de Tonecho de Rebordechao porque ademais de ter moito humor aprendín cousas,que aínda que son moi básicas,nós non as respectamos. 
Cando veu a visitarnos ao noso centro pasámolo moi ben e rímonos moito.A parte de ser moi simpático a min caeume ben,tanto polos chistes como pola forma de falar.
por Marcos Caetano

Ningún comentario:

Publicar un comentario