por Diego Lamas Barros
O libro pareceume dos máis entretidos e interesantes dos que lin, nunca me gustou tanto un libro coma este.Cada parte que les dáche ganas de seguir lendo e coñecer toda a historia.A o libro non lle falta nada: nin humor nin ledicia, nin enfado nin tristeza. O escritor resultou ser unha persoa moi achegada e simpática, faiche rir moito.
por Nicolás Rodríguez
A min Tonecho de Rebordechao pareceume un libro moi gracioso e alegre que defende o galego e os pobos das montañas que están perdidas entre as árbores e uns camiños minúsculos.Gustoume que puxera a historia do Home do Unto porque eu non sabia quen era. Con el aprendemos un pouquiño máis da culura galega. O avó pareceume que tiña un caracter afable e fíxonos rir moito mentres que o Portugués era un home roñon e tonecho dIcía que ria polos ollos. E Breogán Riveiro e unha persoa apracible e con moito sentido de humor,que nos fixo pasar un tarde marabillosa e eu recoméndollo a todos os nenos que o queiran ler
por Encarna Oleiro Novo
Ola, son Xoana Rivas López da clase 1ºA. A min gustoume moito o libro de Tonecho de Rebordechao. Rin moito e tamén aprendín moitas cousas como diferenciar gatos e gatas polas cores, a fecer queixo, a apreciar os animais e tamén saber que as aldeas teñen moito valor. O que máis me gustou del foi que, había comedia, medo, misterio... todo xunto. Recoméndollo a todos os rapaces e rapazas, foi un dos libros que máis me gustou dos que lin.
O autor pareceume moi gracioso e divertido. Contounos moitos contos graciosos que lle contaran a el.Pasei unha tarde moi agradable con el.
por Xoana Rivas (1ºA)
Ningún comentario:
Publicar un comentario