Amosando publicacións coa etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Amosar todas as publicacións

23 de xuño de 2014

Ti e máis eu



"Tí e máis eu", de Celso Emilio Ferreiro foi o poema sobre o que David Varela Salgado (1º bacharelato) realizou un vídeo.


9 de xan. de 2013

12/12/12 ás 12. Recitando Celso Emilio

Xa puxéramos máis abaixo un vídeo sobre a proposta #recitandocelsoemilio realizado pola alumna María Rey (a quen lle agradecemos profundamente o seu traballo).Hoxe traémosvos unha nova versión procurada pola Concellería de Cultura de Silleda, a quen lles damos as grazas pola súa aportación. Non deixedes de vela

21 de dec. de 2012

Musicando a Celso Emilio Ferreiro

Ao sabermos que Eloi Fidalgo Fraga era todo un artista, aproveitámonos del. Como? Pedíndolle que lle puxese música para o poema de Celso Emilio que recitamos o 12-12-12 ás 12 e cuxo vídeo imos publicar de seguido. Podedes comprobar que este mozo ten moito futuro.

20 de dec. de 2012

Taboleiro de decembro do 2012


Podedes comprobar como neste mes a presenza de Celso Emilio foi continuada. Celebrábase o centenario do seu nacemento e ademais de traballos audiovisuais fixemos carteis sobre o escritor de Celanova.
Ademais disto, como vén sendo habitual, podedes ler in situ, o terceiro número da revista para pais Ollos de aula, da Coordinadora Galega de ENDL

Reinterpretando a Celso Emilio Ferreiro 2

Desta volta vén o traballo dos alumnos de 4º B: Noelia Amigo, Alba Moreira, Rubén Cacheda e Jonathan Vilanova que nos dan a súa visión do poema "Espranza" de Celso Emilio Ferreiro. Grazas aos catro:

19 de dec. de 2012

Reinterpretando a Celso Emilio ferreiro 1

Quixemos aportar o noso gran de area antes de rematarmos o ano Celso Emilio. De momento, aí van dous traballos de dous poemas do alumnado de 4º de ESO B Creo que chegarán máis. Grazas: Andrés,
Andrea, Marina, Javier:

 
Grazas "Pepe"!:

10 de dec. de 2012

12/12/12/12

Nós tamén participamos na iniciativa da CGENDL para conmemorar o centenario de Celso Emilio Ferreiro.
O vindeiro 12/12/12 ás 12:00 estaremos recitando Deitado frente ao mar, xunto a unha chea de centros que tamén se uniron a esta celebración.
Ademais estamos preparando un vídeo para deixar memoria audiovisual do acontecemento...