Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta francés b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta francés b>. Amosar todas as publicacións
21 de nov. de 2014
Trucs pour apprendre une langue ètrangere!
10 de maio de 2012
Manifestacións polas linguas minoritarias en Francia
Traballo realizado por
Aitana Ansemil, Rebeca Belay, Sandra Fernández, Bruno Insua, Ana Sofía
Neto, Tamara Pereiras, Sergio Rozados e Lucía Silva, alumnos de francés
de 4º B.
En Toulouse, onde o 20% da poboación fala occitano, houbo entre 25.000 e 30.000 persoas.
En Bayone, onde o 22% da poboación é bilingue (vasco), houbo 7000 manifestantes
En Strabourg, tamen houbo grandes manifestacións en favor do alsaciano.
31 de Marzo de 2012. Dia de manifestacións en Francia a favor das linguas rexionais e minoritarias.
Mais de 60.000 persoas manifestanse por toda Francia.
En bretagne segundo a policía houbo 8.000 manifestantes entre os que se podían ver tamén grupos de música tradicional (bagads).En Toulouse, onde o 20% da poboación fala occitano, houbo entre 25.000 e 30.000 persoas.
En Bayone, onde o 22% da poboación é bilingue (vasco), houbo 7000 manifestantes
En Strabourg, tamen houbo grandes manifestacións en favor do alsaciano.
9 de maio de 2012
Linguas minoritarias en Francia nos medios de comunicación audiovisuais
Traballo realizado por Aitana Ansemil, Rebeca Belay, Sandra Fernández, Bruno Insua, Ana Sofía Neto, Tamara Pereiras, Sergio Rozados e Lucía Silva, alumnos de francés de 4º B.
Medios de comunicación audiovisuais
8 de maio de 2012
Posición de Francia con respecto á Carta Europea das lenguas rexionais ou minoritarias.
Tercira parte do traballo de Aitana Ansemil, Rebeca Belay, Sandra Fernández, Bruno Insua, Ana Sofía
Neto, Tamara Pereiras, Sergio Rozados e Lucía Silva, alumnos de francés
de 4º B.
Francia asinou en 1999 a Carta Europea adoptada polo Consello de
Europa en 1992, pero non a ratificou. Francia só suscribíu 39 compromisos de
entre os 98 propostos pola Carta. Os outros estados asinantes suscribiron de
media uns 50.
Neste mapa
sacado da Galipedia aparecen os estados que
ratificaron a Carta Eurepea de Li representados en cor verde escura; asinantes
pero sen ratificala, en verde claro; non-adscritos, en cor grisalla
O goberno francés buscou xustificarse dicindo que:
“Na medida en que a Carta non ten como obxetivo o recoñecemento
e a protección senón o de promover o
patrimonio lingüístico europeo, e que o emprego do término de “grupo”de
falantes non confire dereitos colectivos para os falantes das linguas rexionais
ou minoritarias, o goberno da República interpreta a Carta nun sentido
compatible co Preámbulo da Constitución,que asegura a igualdade de todos os
cidadáns ante a lei e que só recoñece o pobo francés composto de todos os
cidadáns sen distinción de orixe,de raza nin de relixión.(…)”
Sería no momento de ratificación da Carta cando se precisase
a lista das linguas concernidas –probablemente o alsaciano,o bretón,o vasco, o
catalán, o corso ,o flamenco , o provenzal e o occitano- e tamén os compromisos
aplicados para cada unha delas (parece que poderían ser diferentes).
Segundo eles estes “dereitos específicos para os falantes
das linguas rexionais ou minoritarias” van en contra dos principios
constitucionais de indivisibilidade da República, de igualdade ante a lei e
de unidade do pobo francés.
No artigo 2 da Constitución dise que “A
lingua da República é o francés”.
Ó máis que chegaron
foi a introducir, durante a modificación constitucional de xullo do 2008, un
apéndice relativo ás linguas rexionais de Francia, ao final do Título XII (“as colectividades
territoriais”) despois do artigo 75
engaden o artigo 75-1:
“As
linguas rexionais pertencen ó patrimonio de Francia”-o cal non arranxa nada porque non concede ningún dereito.
A primeira proposta fora engadilo directamente ó artigo 2, pero foi rexeitada polo
Senado. O seu gran temor era que este recoñecemento poidese abrir as portas a
calquera tipo de reivindicación de “identitarismo” e “comunitarismos”.
A Ministra de Cultura, Mme
Christine Albanel declararou en maio do 2008 que o Goberno ía presentar
un proxecto de lei- un “ marco referencial”- pero que non ratificaría a Carta
Europea.
Moitos franceses esperaban que o proxecto lei sobre o
estatuto das linguas rexionais, anunciado para o 2009, reforzase dito estatuto,
moi pouco definido ata aquela.
Pero en decembro do 2009, o Ministro de Identidade Nacional,
Éric Besson, anunciou que non habería lei sobre as linguas rexionais, e iso, a
pesar das promesas de Nicolas Sarkozy e da Ministra da Cultura.
Evocando os perigos dun marco xurídico de recoñecemento das
linguas rexionais, estimando que ese marco chocaría contra os “principios de
indivisibilidade da República e de igualdade ante a lei”, o Delegado Xeral
da lingua francesa e das linguas de Francia, M. Xavier North, xustificaba nunha
entrevista, en febrero do 2010 a posición do goberno:
“Sendo xa moi rico o arsenal xurídico francés
sobre este tema, non é estrictamente necesaria unha nova lei sobre as linguas
rexionais. Bastaría con que se empregasen de maneira máis voluntarista as que
existen. (…) Non se pode comparar unha nación unitaria como a nosa con países
fortemente descentralizados, mesmo federais, como España, o Reino Unido ou
Alemania. O territorio metropolitano (o “hexágono”) conta polo menos cunha
decena de linguas rexionais, incluso vinte, si se recoñecen as variantes das
linguas d’oc e das linguas d’oïl. Conceder dereitos opoñibles a unha lingua
suporía, evidentemente, estendelos a todas, o cal iría en contra da
indivisibilidade da República e da unidade do pobo francés, segundo os termos
do Consello Constitucional”.
Para moitos franceses a Constitución actual, adoptada en
1958, xa non está adapatada ás novas realidades (Unión Europea, Internet,
mundialización, rexionalización,…) e reclaman unha modificación.
Outros consideran que a Constitución é o suficientemente
flexible como para permitir calquera evolución do sistema político, só hai que
interpretala dun xeito menos ríxido, legalista e restrictivo.
Os defensores da
Carta Europea opinan que xa é hora de que os políticos executen as numerosas
promesas electorais sobre o asunto, e que Francia debe comprometerse na vía da
defensa das linguas minoritarias.
Os opoñentes cren
que ratificar a Carta Europea suporía, en primeiro lugar, “derrochar vergonzosamente os
fondos públicos”, sería moi custoso todo o que iso implicaría e, ademáis,
en segundo lugar, sería reforzar “linguas
inútiles no plano económico”. Consideran que o futuro dos xóvenes estaría
máis asegurado ca promoción do francés a nivel universal ou ca aprendizaxe de
linguas estranxeiras que non co “repliegue
sobre idiomas respectables pero practicados nun espazo restrinxido”.
Ademáis, segundo eles, a Carta representa “un perigo para a
República, as súas institucións e os seus valores”, xa que temen o
debilitamento do Estado nación republicano. Chegan a falar de “bomba con
temporizador”.
Si xa é inevitable recoñecer a diversidade lingüística, non
é necesario que haxa que recoñecer “dereitos
específicos e imprescriptibles” ós seus falantes. Segundo eles, as linguas
rexionais de Francia son libremente practicadas e ensinadas (sempre que os pais
o soliciten e que o número de alumnado sexa considerado suficiente), polo tanto
é inútil constitucionalizar un estatuto “xa
adquirido”, “unha lingua viva non
precisa ser constitucionalizada para existir”. Hai que animar ó seu uso e
favorecer a súa expresión na vida cultural e artística, pero non impoñelos ós
outros falantes. Hai que permitir máis que restrinxir, incitar e desenvolver
máis que imponer, …
Exactamente o contrario do que Francia fixo sempre co
francés.
Moitos dirixentes franceses temen que algunha instancia
exterior ( o Consello de Europa, por exemplo) otorgue ás linguas rexionais un
estatuto sobre o que eles non terían ningún control.
Tamén temen que calquera maioría local poida, algún día,
esixir o dereito imprescriptible de empregar outra lingua que non sexa o
francés na vida pública (tribunais, concellos, escolas, oficinas de correos,
…).
Aínda que a maioría recoñece que as linguas rexionais forman
parte do “patrimonio nacional”, olvidan que esas linguas, si non son protexidas
e promovidas, están encamiñadas cara a unha rápida extinción, xa que algunhas
delas están consideradas “en serio perigo” pola UNESCO.
Sen embargo, co tempo, son cada vez máis numerosos os
franceses a favor da ratificación.
Ademáis Francia, que sobre este asunto continua sendo un
caso a parte na Europa do oeste, é continuamente chamada á orde polas
diferentes instancias internacionais por culpa da súa actitude intransixente no
que concerne ás linguas rexionais.
Algunhas citas dos candidatos ás eleccións presidenciais 2012 sobre as linguas rexionais
Cal é a postura dos diferentes candidatos ás presidencia de Francia a respecto das linguas minoritarias nese país? Ttraballo realizado por Aitana Ansemil, Rebeca Belay,
Sandra Fernández, Bruno Insua, Ana Sofía Neto, Tamara Pereiras, Sergio
Rozados e Lucía Silva, alumnos de francés de 4º B.
François
Hollande (Parti Socialiste)
“A
república indivisible, é a que está orgullosa da súa lingua, Bonita lingua!
Lingua da diversidade, lingua excepcional, lingua cultural! Lingua que se
ofrece aos outros! E porque nos non temos nada en contra da lingua francesa,
ratificaremos a Carta das linguas rexionais porque é tamén unha petición
que nos fan e que é lexítima.” 4/03/2012
“Estou a favor de que as linguas rexionais
sexan recoñecidas e faladas. Se chego a presidente da República poñerei no
parlamento unha modificación da Constitución para ratificar a Carta das Linguas
Rexionais. (…) recordando, sen embargo, que a única lingua oficial é o francés”
9/2011
Nicolas
Sarkozy (Union pour un Mouvement Populaire)
“Cando se ama a Francia, non se propón a
ratificación da Carta das linguas rexionais que non ten como obxectivo a
pervivencia das linguas rexionais senón o coñecemento de dereitos lingüísticos
a todas as minorías e situalas baixo o control dunha corte europea que xulgará
sen ter en conta a nosa historia nacional e a nosa tradición republicana.” 19/02/2012
“Sempre
considerei que aprender o bretón ou outra lingua rexional non é un risco para a
unidade nacional, máis ben o contrario. É unha riqueza.” 3/2011
“O único límite que poño (…) é que o Corso
non poida nunca reemprazar ó francés nos textos oficiais nin nas ventaíñas dos
servizos públicos, nunca” 13/04/2012
“Eu non quero que o día de mañá calquera xuíz
europeo (…) poida decidir que unha lingua rexional debe ser considerada como
lingua da república ó mesmo nivel que o francés” 2007
Eva
Joly (Europe Écologic)
“Eu
digo que as linguas rexionais son tesouros culturais en perigo. Porque, para
construír a unidade francesa, as xeracións xacobinas pensamos que fai falla o
uso destas linguas. Mais esta época xa pasou, o francés non ten necesidade de
ser protexido.” 09/2012
“Non se pode impoñer o ensino das linguas
rexionais, pero pode impoñerse que se oferte.”
François
Bayrou (Mouvement Démocrate)
“Non
é un luxo, é un dereito. As linguas rexionais forman parte do tesouro cultural
do país. Sei ben que moita xente que non as fala non ten este sentimento, e
preguntarase.. Pero sabedes, en Xapón, o Xaponés é considerado un tesouro
nacional! Para min, as linguas de Francia son ricas e numerosas, o bretón, o
vasco, as linguas da gran familia occitana onde están o gascón e o bearnés…
esas linguas teñen necesidade de ser transmitidas de outro xeito, non con pasos
cara atrás.” 9/2011
Jean
Luc Mélenchon (Front de Gauche)
“Non
se trata de dicir que a salvagarda das linguas e culturas rexionais nos empuxen
pola pendente que conduce automaticamente á secesión, ó particularismo e ó
comunitarismo. Isa non é a miña intención! Pero si teño a intención de dicir
que o risco existe.” 2008
“Por razóns filosóficas, os franceses están,
en efecto, fundamentalmente opostos a que algúns grupos de locutores obteñan
certos dereitos.” 2008
Marie Le Pen (Front National)
“A
tenrura que todos nós temos polas culturas rexionais non debe facernos perder
de vista as esixencias do restablecemento da nación francesa e polo tanto do
mantemento absoluto do francés como única lingua oficial do estado.” 2007
7 de maio de 2012
As linguas minoritarias no ensino en Francia. 2
Segunda parte do traballo realizado por
Aitana Ansemil, Rebeca Belay, Sandra Fernández, Bruno Insua, Ana Sofía
Neto, Tamara Pereiras, Sergio Rozados e Lucía Silva, alumnos de francés
de 4º B.
As comunidades lingüísticas minoritarias
rexionais decidiron crear as suas propias escolas. (Privadas).
O CATALÁN:
As comunidades lingüísticas minoritarias
rexionais decidiron crear as suas propias escolas. (Privadas).
A
ratificación da Carta Europea
aportaríalles medios económicos para obter un estatuto público pero
mentres, elas xa foron dando os primeiros pasos.
Tamén
se foron facendo visibles no mundo Web onde están presentes páxinas de
calidade.
O BRETÓN:
É unha das que maior dinamismo mostra; DIWAN son escolas asociativas nas que
os rapaces contán con unha educación en lingua bretona. O ensino nos niveis
iniciais faise exclusivamente en bretón. Trinta establecementos e dous mil
alumnos , tamén hai clases bilingües nas escolas públicas e nas privadas.O que
fai un total de vinte dous mil alumnos.
As páxinas Breizhoo e breizh.net
achégannos ó mundo bretón.
O OCCITANO:
Ten tamén escolas asociativas onde se estuda o
occitano, chámanse Calandretas.
En 1980 abría a primeira escola ,con cinco
alumnos; hoxe hai trinta e unha con 1522 alumnos.
As páxinas provence web , gidiloc e occitaniavirtuala permítennos descubrir o territorio desta lingua que ocupa mais da
metade de Francia e mesmo sobrepasa as súas fronteiras.
O CATALÁN:
Os
pais que desexan escolarizar os seus fillos en catalán contan con la bressolaque é unha escola asociativa baseada na inmersión lingüística.
O CORSO:
Córcega
desmárcase rápidamente na súa politica de ensino da súa lingua. No lugar
de deixar este ensino en mans de escolas asociativas, foi creado un servicio autónomo
no seno do rectorado de Córcega. Isto foi posible grazas a un compromiso importante do estado.
O VASCO:
As escolas Seaska (19 escolas e 9 colexios) aseguran un ensino en vasco.
A páxina egunkariapreséntanos a historia da prensa en “euskara”.
O ALSACIANO:
Alsannuaire e le Dialecte alsacien móstrannos
o vigor desta lingua.
5 de maio de 2012
As linguas minoritarias no ensino en Francia
Esta é a primeira parte do traballo realizado por Aitana Ansemil, Rebeca Belay, Sandra Fernández, Bruno Insua, Ana Sofía Neto, Tamara Pereiras, Sergio Rozados e Lucía Silva, alumnos de francés de 4º B.
Por tradicion o sistema educativo francés
nunca foi moi permeable ó ensino doutras linguas maternais que non fosen o
francés.
As administracións rexionais non teñen
competencia no campo do ensino e o Estado case non se preocupa polo ensino das
linguas rexionais.
A lei
Haby foi substituída por algúns artigos do codigo da educacion de 2000:
SECCIÓN 4:
O
ensino das linguas e culturas rexionais
Art.L312-10
“O
ensino de linguas e culturas rexionais pode ser dispensado ó longo de toda a
escolariedade.
O consello
superior da educacion é consultado, conforme ás atribucións que lle son conferidas polo artigo L.231-1, sobre os
medios de favorecer o estudo das linguas e culturas rexionais nas rexións onde
esas linguas están en uso.”
Art
.L312-11
“os
mestres están autorizadas a recorrer ás linguas rexionais nas escolas primarias
e maternais sempre que poidan tirar proveito para as suas ensinanzas, sobre
todo para o estudo da lingua francesa”.
Art.L312-11-1
“a
lingua corsa é unha materia ensinada no cadro do horario normal das escolas
maternais e elementarias de Córcega”.
En
todos os mecanismos do aparello do
estado, o francés é a única lingua vehicular: parlamento, administración ,
xustiza, ensino,anuncios e sinalizacións,...
Xurídicamente é como si non existisen minorías
históricas en Francia , sen embargo, algúns dereitos van obtendo recoñecemento
nos feitos.
A presión popular foi lexitimando o ensino das
linguas minoritarias.
Algunhas comunidades (bretona, corsa, vasca)
multiplican os actos de disidencia, mesmo actos violentos, coa finalidade de reivindicar
o “estatuto de minoria”.
Deste
xeito as circulares de 21 de xuño de 82 e de 30 de decembro do 83
confiren ó ensino das linguas e culturas rexionais xa non o estatuto de
“materia optativa” senón o de “materia específica” dispoñendo de cadro horario, programas,
probas de exame, persoal formado e programas de investigación pedagóxica e científica.
·
A circular do 7 de abril do 95
que rixe o ensino das linguas e culturas rexionais en Francia, reafirma “a
preocupación pola preservación dun elemento esencial do patrimonio nacional”
“Cada ensinante, cando as actividades da
clase se presten, fará descubrir ós seus alumnos as riquezas do patrimonio cultural
e lingüístico, conducíndoos a recoñecer o feito rexional non como unha opción
entre particularismos locais, senón como un compoñente da cultura nacional.”
Esta circular prevé a posibilidade dun ensino
de 1 a 3 horas semanais da lingua rexional, buscando tamén un ensino bilingüe,
cando os pais así o soliciten e lles sexa recoñecida esta petición.
- A Orde do 25 de xullo do 2007, especifica programas para o vasco, o bretón, o catalán, o corso e o occitano.
Actualmente o
ensino das linguas rexionais non é
obrigatorio. Está baseado na voluntariedade, tanto por parte dos alumnos
como por parte dos profesores.
O goberno francés,
baixo a presión popular, viuse na obriga, práctica e non xurídica, de instaurar
un sistema de ensino xeralizado en lingua rexional.
En primaria pode
haber un ensino de iniciación (de 1 a 3 horas semanais) ou un ensino bilingüe,
no que a lingua rexional é a un tempo a materia ensinada e a lingua de ensino.
Nalgúns colexios
hai tamén seccións bilingües onde
ademais 1 ou 2 materias son ensinadas na lingua rexional.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












