Amosando publicacións coa etiqueta blogues. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta blogues. Amosar todas as publicacións

16 de maio de 2019

Letras Galegas 2019. Antonio Fraguas Fraguas

O antropólogo, xeógrafo e historiador Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 na vila pontevedresa de Cotobade. Sendo estudante de bacharelato fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun dicionario.
En 1928 formou parte do Seminario de Estudos Galegos que foi clausurado pola ditadura militar despois da Guerra Civil.Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que chegou a ser director da Sección de Etnografía e Folclore.En 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o posto de Alfonso D. Rodríguez Castelao.Dirixiu o Museo do Pobo Galego ata o seu falecemento en 1999.

Seminariogalan.org

O alumnado de 2º ESO elaborou un mural baseado no labor patrimonial de Antonio Fraaguas, dito mural,  complétase coa maqueta dunha carballeira e unha mámoa feita con diferentes materiais. Esta representación constitúe un símbolo do noso patrimonio natural e cultural que todos debemos coñecer , respectar e coidar.

D. Antonio Fraguas plantou durante toda a súa vida centos de frondosas autóctonas e como xeógrafo coñeceu o noso patrimonio natural contribuíndo á súa conservación.

7 de mar. de 2019

8 de marzo, Día internacional da muller traballadora

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, por veces, utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.[1]

2 de maio de 2014

Denise e Alba na Feira do Libro de Santiago

O pasado 29 de abril Denise Varela e Alba Moreira, acompañadas pola profesora Gracia Santórum, participaron na presentación da triloxía de Rosa Aneiros Ámote Leo A.
Manuel Bragado, o director da editorial Xerais, comentou o acto coas seguintes palabras, tiradas do seu blogue Brétemas:
na presentación da triloxía de Aneiros, onde Denise Varela e Alba Moreira, integrantes do Clube Lectura pola Igualdade do IES de Silleda, opinaron sobre os dous volumes publicados e conversaron coa autora con sinceridade e profundidade sobre o texto literario. Rosa Aneiros confesou ao remate dunha conversa engaiolante para os asistentes, que «nos clubes de lectura as autoras enfrontámonos directamente ás novas xeracións». O de onte foi un serán de festa para a lectura, a Xeración da Esperanza tamén está nas lectoras novas. Saímos felices da feira.

13 de out. de 2013

Ponte, unha historia a carón do Deza

Aquí presentamos unha colaboración que celebramos multiplicadamente. O autor foi alumno do IES Pintor Colmeiro e agora está cursando estudos na Facultade de Matemáticas da USC. El é Diego Frade Amil, o mantedor dun blogue que temos que recomendar: Ponte (Silleda). Nel podedes atopar todo tipo de información sobre a parroquia. Quen dixo que as matemáticas non casan coa cultura, a terra e a lingua?
Este artigo foi publicado no seu día no Faro de Vigo.

Ademais de que nos fixera partícipes do artigo, temos que lle agradecer a Diego que nos enviara as fotos que acompañan esta entrada. Na marxe esquerda do río Deza, onde este se encaixa nun fermoso val, érguense os terreos dunha parroquia que foi durante moitos séculos paso obrigado entre as terras de Trasdeza e as veciñas do Corpiño e de Carbia. Unha parroquia que debe o seu nome á obra de enxeñería que facilitou ese paso. Esta parroquia é a silledense de San Miguel de Ponte.
Na Baixa Idade Media, exercían xurisdición criminal e civil sobre o couto de Beicomenzo, o actual lugar de Meixomence, a Encomenda de Beade e o arcebispo compostelán. Esta encomenda pertencía aos cabaleiros da Orde Militar de San Xoán de Xerusalén, que herdaran as poucas propiedades que lles quedaban aos cabaleiros do Temple, o que fai supoñer a presenza desta orde nestas terras de Trasdeza. Por documentos de foros, podemos deducir que o nome deste couto cambiaríase polo de couto de Rosende no século XVI ou incluso antes. Esta xurisdición estaba constituída polos lugares de Meixomence (xa citado), as Casas do Monte e Rosende, este último dividido entre as parroquias de Ponte e Vilar. Os foros tamén nos confirman a existencia de vivendas en Casderrei, Trasfontao e Nonelle, este último agora sen rastro das mesmas.
En 1809, en plena Guerra da Independencia, ao campo da feira de Silleda acoden o párroco e tres veciños desta parroquia á reunión na que se planea a defensa das pontes da zona e se constitúe a Xunta de Defensa de Trasdeza, que instala o seu cuartel xeral nas Casas do Monte. Este lugar pasaría a pertencer á parroquia de Silleda anos máis tarde. Ademais, en 1891, o lugar de Rosende, xa desintegrado o couto do seu nome, pasa a pertencer na súa totalidade a esta parroquia. Xa no século XX, hai que destacar a creación dun sindicato de traballadores do ferrocarril, a Unión Obrera de Ponte, a explotación dunha canteira no monte do Picoto e a construción de parte do recinto da Feira Internacionacional de Galicia nos termos da parroquia.
A primeira igrexa parroquial fora levantada no Agriño, cando existían aldeas máis ao norte das actuais. Descoñecemos cal sería a súa antigüidade, pero podemos deducir que sería unha construción de reducidas medidas, cun pequeno campanario que albergaba unha soa campá e, pola súa orientación e polo terreo no que se ergueu, vítima de constantes inundacións. Por esta última circunstancia, en 1863 ordénase o traslado dos actos relixiosos á capela da Nosa Señora dos Remedios, levantada a finais do XVIII, que sufriu varias reformas ata dar como resultado a actual igrexa parroquial. Así, os festexos de San Miguel e da Virxe do Carme (29 e 30 de setembro) terían lugar nesta capela xunto cos que xa se celebraban alí, os Remedios (2º domingo de setembro) e o San Breixo ou San Verísimo (domingo anterior ao 29 de setembro). Este último, coñecido desde sempre polo seu nome en castelán, congregaba xentes de toda a comarca nunha gran romaría campestre que, por desgraza, acabou por desaparecer. Nembargante, aínda perdura na memoria colectiva o nome do campo do San Verísimo, situado onde hoxe está o campo da festa. Na actualidade, esta parroquia converteuse nun referente gastronómico grazas á Festa do Chourizo ao Viño. 
Para acabar, convén destacar que Ponte é pioneira en enerxía hidroeléctrica, xa que aquí atopamos, no río da Gouxa ou da Mera (que aquí recibe o nome de río de Rosende), a primeira fábrica de luz de toda Silleda. A chamada “central de Pereiro” foi construída para aproveitar as augas deste río, como tamén aproveitaban varios muíños río arriba. A carón destes, así como noutros puntos do río, formáronse media ducia de salto de auga, de gran beleza e que esperan o seu debido acondicionamento. Lugares con centos de anécdotas e lendas, como a ponte do Pozo Negro, a Insua ou a Peneda dos Mozos, agardan a que o curioso sendeirista os descubra e se marabille dos seus encantos, nun entorno tan privilexiado como é a ribeira do Deza. 

Diego Frade Amil (ex-estudante do IES Pintor Colmeiro) 
Estudante de Matemáticas na USC

17 de maio de 2013

Asolagamento.11

En cooperación cos blogues Trafegando Ronseis e Carta Xeométrica, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.http://www.meteogalicia.es/web/index.action

Asolagamento.10

Asolagamento.9

Asolagamento.8

Asolagamento.7

Asolagamento.6

Asolagamento.5

Asolagamento.4

Asolagamento.3

Asolagamento.2

En cooperación cos blogues Trafegando Ronseis e Carta Xeométrica, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.1

En cooperación cos blogues Trafegando Ronseis e Carta Xeométrica, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

16 de maio de 2013

Invitación ao profesorado para marcar o galego como preferente na navegación pola rede

Aproveitando que o 17 de maio é, ademáis do Día das Letras, o día das novas tecnoloxías, desde o ENDL enviamos esta carta ao profesorado do centro para que marque o galego como lingua de preferencia dos navegadores. Tamén se ofrece información relacionada coa lingua de preferencia do correo da Consellería de Educación.

Invitación a marcar nos navegadores o galego como lingua de preferencia by As Ferreiras Silleda