Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

20 de xuño de 2016

Mini e Mero deron unha clase maxistral para o IES Pintor Colmeiro



Mini e Mero actuaron para o alumnado do IES Pintor Colmeiro o pasado xoves 16. Témoslle que agradecer á profesora Ana Pillado que xestionara esta actuación.
Pensamos que ademais de pasalo moi ben, os nosos alumnos aprenderon ben de cousas, sobre a memoria, a normalización, as nosas raíces, a poesía, Manuel María, Díaz Castro,...

Así viron a cousa nos medios:
no Faro de Vigo
no xornal La Voz de Galicia

20 de maio de 2016

O Carro do Colmeiro

Interpretación do alumnado do Pintor Colmeiro, para celebrar o día das Letras Galegas 2016, na honra de Manuel María. Os músicos son todos alumnos de 4º da ESO do noso centro: Luísa Blanco Pena (fagot), Alba Pardo Aboy (clarinete),  Juan Manuel Ocampo Dobalo (trompa) e Sergio Rodríguez Pena (oboe). Os 3 primeiros son membros da Banda Xuvenil de Silleda e o último é da Banda da Bandeira.
Parabéns a todos eles por esta magnífica interpretación que demostra que para ler a Manuel María, nin tan siquera cómpre saber ler. Así de universal é a súa obra.

6 de out. de 2015

Issiris musicando a Ledicia Costas




Issiris Ramírez, alumna de 2º de bacharelato, ofreceu esta peza musical no Club de Lectura da Biblioteca Pública Castelao de Silleda, inspirada na obra Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, quen vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Vía Trafegando Ronseis

28 de maio de 2015

Gañadores Vídeoghit 2015


O pasado venres 22 celebrouse a entrega de premios do Vídeoghit, edición 2015. O gañador na categoría de vídeos foi este de Ana Colmeiro que encabeza esta entrada. Alberto Lázara recibiu o premio ao mellor actor na obra Fertimón e que tamén obtivo o galardón por ser o vídeo máis visto. Nerea Rial foi a mellor actriz polo vídeo Ai meu ghato. Adiós recicbiu o premio ao mellor vestiario e decoración, así como o premio Concello de Silleda. A mellor canción orixinal foi para Contedor munisipal, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Finalmente o premio ao máis comprometido foi Galiza latina.

A nova nos medios:

  • La pasarela del Colmeiro coronó las estrellas del videoghit, La Voz
  • Versiones de lujo en el Pintor Colmeiro, no Faro de Vigo. 

12 de maio de 2014

6 de feb. de 2014

Radio Colmeiro 3: Rock in Radio Kastomä



 Non coñecedes o grupo Kastomä? Non é posible! Pero se son os autores do ghit "Grelo 66", a emocionante canción adicada á famosa ruta do grelo!.
 Velaquí pois o primeiro programa de Rock in Radio adicado ao grupo Kastomä. Unha nova creación de Radio Colmeiro para o mundo radiofónico:

17 de nov. de 2013

Kumbarikira


Kumbarikira urupukira
 tsa kumbari utsu ukaima
 kurachi wiri tima tsa katupi
 tsa kumbarikira urupukira
Este exitoso rap dos nenos do pobo kukama kukamiria fai referencia a un relato do urupukira, unha especie de voitre natural do continente Americano: "compañeiro voitre /o meu compañeiro perdeuse/ de día non aparece/ o meu compañeiro o voitre".
Leonardo Tello, director de Radio Ucamara, un medio implicado na dignificación da comarca e na recuperación da lingua kukama-kukuramiria, comenta que "o voitre, é un animal que todos rexeitan. Sucédelle como á lingua indíxena que é considerada pola escola e o goberno como un idioma de salvaxes que se opoñen ao progreso. Os nenos aparecen coa boca vendada pola prohibición de falar a súa lingua e que avergoñados da súa identidade obrigan os seus avós a que tamén a abandonen. Isto sucede desde que a escola e mal chamado progreso chegaron á Amazonía. Deste xeito a xente é máis vulnerable e manipulable ante os poderes económicos que saquean as terras".
Vía IES Pintor Colmeiro

26 de maio de 2013

Alcatraz

Temos gañadora da III edición do Videoghit na súa edición máis internacional xa que desta volta presentáronse 21 traballos, tanto do noso centro como do IES As Barxas (Moaña, o Rosalía de Castro e a Compañía de María (de Santiago). A autora foi Raquel Bibian, alumna de 2º de bacharelato do IES Pintor Colmeiro, con esta adapatación do tema de Ataque Escampe. O seu traballo foi considerado extraordinario pois ademais do premio ao mellor vídeo tamén levou os galardóns de Mellor Actor e Mellor Tradución. Os medios deron conta desta información. E de quererdes ter toda a información, basta con premer aquí.

25 de mar. de 2013

A pegada de Fran Alonso en Silleda



A visita de Fran Alonso a Silleda deixou unha fonda pegada.
Como testemuña disto está esta entrevista que lle fixeron no Faro de Vigo, ou este outro artigo no que se conta que Fran Alonso, ademais de ser a estrela central do Día da Poesía no IES Pintor Colmeiro, foino tamén na biblioteca da vila onde mantivo un encontro cos membros do Clube de Lectura.
Pero Fran Alonso non foi o único protagonista da xornada. Os alumnos de 4º B e 1ºBH musicaron algúns poemas de Poetízate para recbir ao escritor. Fixeron un traballos que de seguro recordarán sempre e que de certo os aproximou ao seu amor pola lingua desde a poesía.

27 de feb. de 2013

O escritor Manuel Portas no Colmeiro





O pasado mércores 20 de febreiro tivemos a visita do autor do libro Un dedo manchado de tinta, Manuel Portas quen lle explicou ao alumnado de 1º de bacharelato sobre o proceso de escritura deste libro, do porqué da súa escolla, explicou algunhas dúbidas que o alumnado lle presentou e, sobre todo, contou a ledicia que provoca o acto de ler e de escribir. Porque a literatura é sobre todo un acto de ensoñación. Animou a escribir e a non agocharse, a gozar coas artes e explicou como a mestura destas é o camiño que seguimos.

De aí a presenza con el de Clara Pino, quen nos deleitou con dous temas e que deixou ao alumnado impresionado. Foi o momento máis emotivo do encontro! Se algo ten de bo a visita dos escritores e escritoras ao centro, é que a visión da lectura cambia. Neste caso algúns comentaban que o libro, agora, gustáballes máis. Moitas grazas a ambos por virdes.


Aproveitando a súa visita ao noso centro, no Faro de Vigo fixéronlle unha entrevista a  Manuel Portas. O escritor comentou o gratificante que lle resulta o contacto directo dos escritores cos lectores, un contacto que considera fundamental para comprender o ciclo literario. Tamén anunciou que publicará unha nova novela titulada Faneca Brava, finalista do premio Xerais. 





22 de feb. de 2013

Quíxente tanto meniña



César Castillo Sanabria, de 1ºBH, é un rapaz inmigrante, natural de Asunción (Paraguai). Estivo seis anos vivindo en Málaga e só hai uns meses, desde principios de curso, vive en Galicia. Ao ter coñecemento da celebración do Día de Rosalía non o dubidou nin un momento, colleu a guitarra e o vídeo e gravou esta canción sobre o poema de Cantares Gallegos: "Quíxente tanto meniña"

21 de dec. de 2012

Musicando a Celso Emilio Ferreiro

Ao sabermos que Eloi Fidalgo Fraga era todo un artista, aproveitámonos del. Como? Pedíndolle que lle puxese música para o poema de Celso Emilio que recitamos o 12-12-12 ás 12 e cuxo vídeo imos publicar de seguido. Podedes comprobar que este mozo ten moito futuro.

18 de out. de 2012

Libro+CD+DVD: 'María Fumaça'


Seguro que vos vai gustar. Unha canción nunha tenda cos produtos etiquetados todos en galego.
Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu.María Fumaça, un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un cd e un dvd que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e bailar. Por iso, os temas musicais insisten na festa e fan bo o lema que preside todo o traballo: ‘Cantar e bailar para ser máis feliz’. Ademais dos temas de música, nos que participa o máis importante da música galega, o dvd incorpora un mollo grande de clips.
Estamos diante dun dos libro-discos máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Vía Editorial Galaxia

10 de mar. de 2012

Contra o tabaco

Chámanse "Galeguistas 100%" e son María Eugenia, Juan Ares, Carla Filloy, Sergio Calviño, Arón Ares e Mª Ángeles González, seis rapaces de 1º B. Xuntánronse unha tarde e fixeron este vídeo con cancións anti-tabaco. Pasárono moi ben.
Agora é o momento de que o pasemos nós ben con eles. A primeira canción, como non, é unha nova versión do Ai, se eu te pego de Michel Teló.

22 de xan. de 2012

Ai si me opero

Xa coñecedes a canción. Xa coñecedes o baile. Agora, nova versión.
Dun novo programa de humor da TVG: Tourilandia