Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta Radio Colmeiro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio Colmeiro b>. Amosar todas as publicacións
30 de xuño de 2014
Entrevista a Xosé Cobas e Xabier Docampo (Radio Colmeiro 11)
Moitos recordaredes a visita que nos fixeron Xosé Cobas e Xabier Docampo alá polo mes de febreiro. Daquela graváramos unha entrevista en vídeo que desafortunadamente acabamos perdendo, porén demos recuperado o audio que vos mostramos con total orgullo
Se non nos equivocamos, a entrevista foi realizada polas alumnas Sonia Framiñán e Martina Domínguez
26 de xuño de 2014
24 de xuño de 2014
Entrevista a Arcolar en Radio Colmeiro nº9
P: O curso pasado o ENDL do Pintor Colmeiro fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística de Silleda e obtivemos como resultado que no 70% da cartelería comercial o galego estaba excluído. A que pensa que é debido isto?
R. A que moita xente segue tendo como idioma propio o castelan non considera o galego como o seu idioma na súa fala normal
P: Desde cando usa o galego no seu negocio?
R . Desde sempre, sempre se usou o galego aqui
P: O galego forma parte da identidade da empresa?
R. Pois no que é as tarxetas que facemos nos os carteis e asi si, os que nos veñen de fabricas como non son fabricas de aqui non, no que nos facemos si que tratamos de usalo
P Por que tomaron esta decisión? Por que decidiron apostar pola nosa lingua ?
R: Porque como sempre nos expresamos en galego e falamos xa en galego pois e o noso idioma o que consideramos o noso idioma
P:Chamou a atención entre a súa clientela este detalle?
R: Considerano normal non o ven raro
P: Tiveron algún tipo de contratempo por ter etiquetado [o produto] en galego?
R: Non
P:Teñen as etiquetas de información [do produto ]en galego?
R: Non porque moitas veñen xa veñen feitas de fabricas e son fabricas que non son de aquí entonces non
P:Ten vantaxes a venda do produto en galego?
R. e que a maioria da xente de por aqui fala galego enton entendeste mellor e a sua lingua e ao falar nesa pois entendeste mellor, a xente das aldeas, a xente maior fala galego entonces xa
P: Notou algún cambio, vantaxe ou inconveniente por vender o seu produto en galego?
R. non
P: Pensa que foi unha decisión arriscada?
R: Non. Eeu penso que e unha cousa normal vexoo como normal non vexo unha cousa distinta, vexo unha cousa normal.
P: Acolléronse algunha vez a algunha axuda para a normalización?
R. Non, nunca.
P: É o galego unha lingua apta para o mundo empresarial?
R: Si e non. Si cando falas con xente de por aqui cando falas on fabricas de aqui falamos en galego, con proveedores de aqui e de Galicia falamos en galego. Cando son de fóra non, pero si cando son de aqui falas en galego .
P: Animaría a outros empresarios ao uso normalizado do galego?
R: Eu si se e o idioma que falan e o que debe ser e o que teñen que usar
P: Bueno grazas pola entrevista
9 de xuño de 2014
Entrevista á Ferretería Valiño (Radio Colmeiro nº 8)
Jorge Méndez e Samuel Rodríguez achegáronse ata o núemero 45 da rúa Progreso (Silleda) para falar con José Luis Valiño Vila, un dos responsables da Ferretería Valiño.
Ésta é a terceira entrevista que realimos a un comercio da vila. Pretendíamos facer unha cada mes, pero as cousas non sempre saen como se proxecta. Tamén pensabamos que o seu número sería maior, pero ante o final de curso sabemos que ésta será a última polo momento. O vindeiro ano queremos retomar o tema e xa temos no fol media ducia de empresas ás que acudir. Pôlo momento teremos que pedirlle disculpas a aquelas ás que anunciaramos que acudiríamos e que finalmente non recibiron a nosa visita. Pero todo se andará.
Aquí vos queda o audio da entrevista xunto co esencial da mesma transcrito máis abaixo:
Hoxe o equipo de radiocolmeiro decidimos desprazarnos ata a tenda de Valiño en Silleda Ímoslle facer unhas preguntas acerca do uso do galego no seu negocio
P:Dende cando utilizades o galego no negocio?
R: Moi pouco, moi pouco coloquialmente si, pero a nivel oficial e productos marcaxe e denominación facer tickets e albarans non utilizamos ainda o galego, estamos en vias de facelo.
P:Podes dicir que forma parte da empresa?
R: Pretandese que sexa así arrastramos unhas secuelas en castelán que ainda non estamos na galeguización total.
P: Védeslle vantaxe na hora de que se utilice o galego ao vender os vosos produtos?
R: Coloquialmente falamos todo en galego ou casi todo senenbargo a hora de escribilo pasamos ao castelán, pero a ventaxa, ao coñecer o galego para unha persoa que non fora galega estando e vivindo nun pobo e tratar de estar nun comercio como o noso só co castelán sería dificil poder defendelo, sería ventaxoso coñecer o galego.
P: E animarías ao resto de empresarios a utilizar o galego a hora de atender aos clientes?
R: Si, si si animaría de feito repito o de antes coloquialmente xa falamos galego basicamente co cliente falase en galego.
P: Notas cambio cando utilizas o galego ca xente?
R: O noso cliente é eminentemente rural gústalle ser atendido mais en galego que en castelán, o castelán parece un pouco mais de señoritos que o galego coloquial que falamos co cliente.
P: Bueno, pois moitas grazas polo teu tempo e ata aquí.
R: Veña sorte. Grazas.
Ésta é a terceira entrevista que realimos a un comercio da vila. Pretendíamos facer unha cada mes, pero as cousas non sempre saen como se proxecta. Tamén pensabamos que o seu número sería maior, pero ante o final de curso sabemos que ésta será a última polo momento. O vindeiro ano queremos retomar o tema e xa temos no fol media ducia de empresas ás que acudir. Pôlo momento teremos que pedirlle disculpas a aquelas ás que anunciaramos que acudiríamos e que finalmente non recibiron a nosa visita. Pero todo se andará.
Aquí vos queda o audio da entrevista xunto co esencial da mesma transcrito máis abaixo:
Hoxe o equipo de radiocolmeiro decidimos desprazarnos ata a tenda de Valiño en Silleda Ímoslle facer unhas preguntas acerca do uso do galego no seu negocio
P:Dende cando utilizades o galego no negocio?
R: Moi pouco, moi pouco coloquialmente si, pero a nivel oficial e productos marcaxe e denominación facer tickets e albarans non utilizamos ainda o galego, estamos en vias de facelo.
P:Podes dicir que forma parte da empresa?
R: Pretandese que sexa así arrastramos unhas secuelas en castelán que ainda non estamos na galeguización total.
P: Védeslle vantaxe na hora de que se utilice o galego ao vender os vosos produtos?
R: Coloquialmente falamos todo en galego ou casi todo senenbargo a hora de escribilo pasamos ao castelán, pero a ventaxa, ao coñecer o galego para unha persoa que non fora galega estando e vivindo nun pobo e tratar de estar nun comercio como o noso só co castelán sería dificil poder defendelo, sería ventaxoso coñecer o galego.
P: E animarías ao resto de empresarios a utilizar o galego a hora de atender aos clientes?
R: Si, si si animaría de feito repito o de antes coloquialmente xa falamos galego basicamente co cliente falase en galego.P: Notas cambio cando utilizas o galego ca xente?
R: O noso cliente é eminentemente rural gústalle ser atendido mais en galego que en castelán, o castelán parece un pouco mais de señoritos que o galego coloquial que falamos co cliente.
P: Bueno, pois moitas grazas polo teu tempo e ata aquí.
R: Veña sorte. Grazas.
3 de xuño de 2014
Entrevista a Carnicería Cuíña (Radio Colmeiro nº 7)
Na foto podemos ver aos nosos reporteiros Isidro Gil e Irene Míguez acompañando ao responsable da Carnicería Cuíña, Miguel Rozados. Con el mantivemos unha entrevista que deixamos inserida neste blogue como un novo programa de Radio Colmeiro.
Máis abaixo, xunto coa transcripción do fundamental da entrevista podedes ver outra foto dunha factura deste establecemento. Baixo o encabezamento: a boa carne do Deza, pódese comprobar o compromiso deste comerciante local coa nosa lingua xa que postos a elaborar facturas considerou que o mellor que podía facer era telas en galego.
Tal e como comentabamos na primeira das entrevistas que realizamos nun establecemento comercial, estamos diante doutro
proxecto do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro. Cando o ano pasado realizamos un estudo sobre o estado da sinaléctica nalgunhas das principais rúas de Silleda, verificamos que o galego só estaba presente nunha pequena porcentaxe, arredor do 20%. A maior responsabilidade desta situación debíase á cartelería comercial, por iso propuxémonos este curso darlle visibilidade a aqueles comercios que apostan polo uso do galego na súa actividade diaria. A carnicería Cuíña é un deles, velaquí a entrevista que nos concedeu

P: Atopamonos na Carniceria Cuiña, con Miguel Rozados, un xoven comerciante de Silleda. Quen decidiu apostar polo galego como impulso do seu comercio. O curso pasado o ENDL do Pintor Colmeiro fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística de Silleda e obtivemos como resultado que no 70% da cartelería comercio o galego estaba excluído. A que pensa que é debido isto?
R: Eu penso que a malloría dos carteis están en castelán debido a que a xente que abre negocios e mais ou menos é da miña idade e cando eu fun a escola estudábase en castelán e pretendían ensinarnos que o castelán era una lingua mellor vista pola sociedade.
P: A boa carne do deza é o teu lema.Porque o tema lema está en Galego ?
R: Eu considero que son un galego falante e que a malloría da xente de Silleda tamén o é .E que a mellor forma de acercarme a xente sería na lingua que falamos , o Galego.
P: O galego forma parte da identidade da empresa?
R: Cando meu pai fundou Carnicería Cuiña fundouna en castelán pero cando eu collín a empresa un dos cambios que decidin facer foi precisamente o de realizar todo o en galego, a atención aos clientes , as facturas, o logotipo…
P: Pensa que foi una decisión arriscada ?
R: Non, como ben dixen a lingua maioritaria en Silleda penso que é o galego e se non se fala aquí donde se vai falar.
P:. De primeiras como atendes aos clientes ?
R: Eu cando entra un cliente a carnicería de entrada fálolle en galego e normalmente contéstame en galego, pero cando entra algún castelán falante e vexo que me responde en castelán ,acábolle contestando en castelán.Pero síntome mais cómodo falando en galego.
P: Os provedores teñen problemas en que os atendas en galego, coas facturas e as vosas relacións?
R: Hai de todo pero normalmente falan galego xa que eu compro as tenreiras, ovellas,años… A pequenos produtores da zona que soen falar galego.
P: Animaría a outro empresarios ao uso normalizado do galego ?
R: Si,Carnicería Cuiña vai bastante ben en galego e si que animaría a outro comerciantes a poner o seu comercio en galego.
Irene Míguez , Isidro Gil
30 de maio de 2014
Entrevista a Carmiña Moda en Radio Colmeiro nº 6
Con esta entrevista comenzamos un outro novo proxecto do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro. Cando o ano pasado realizamos un estudo sobre o estado da sinaléctica nalgunhas das principais rúas de Silleda, comprobamos que o galego só estaba presente nunha pequena porcentaxe, arredor do 20%. A maior responsabilidade desta situación debíase á cartelería comercial, por iso propuxémonos este curso darlle visibilidade a aqueles comercios que apostan polo uso do galego na súa actividade diaria. Deste xeito pretendemos animar a outros comerciantes a que aposten tamén polo galego, como fan desde Carmiña Moda.
Os alumnos de bacharelato Diego García, Diego Suárez e Pedro Segade entrevistaron a Patricia Mato, propietaria de Carmiña Moda, polo seu compromiso coa lingua do país. Moitas grazas a Patricia pola súa amabilidade e polo seu compromiso co país.
De seguida transcribimos o fundamental da entrevista. De todas formas consideramos que debiades escoitala, aínda que só fose para escoitar a voz radiofónica de Penela.

P : O ano pasado o equipo de normalización lingüística fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística no cal no 70 % da carteleira publicitaria o galego atopábase excluido. A que pensa qué é debido isto?
R : A que o galego antes estaba considerado como unha lingua de ámbito familiar e non tiña o prestixio que hoxe en día ten.
P : Notou algún cambio , vantaxes ou inconvintes por vender o seu produto en galego?
R : Ahora o galego esta considerado como algunha lingua mais e non queda reducida só a ese ámbito familiar e eu creo que nin melloramos nin empeoramos nese sentido.
P : E o galego unha lingua apta para o mundo empresarial?
R : Por suposto , e unha lingua normatizada e normalizada como calquer outra.
P : Animaria a outros empresarios ao uso da normalización do galego?
R : Si , por suposto ademais deberiamos de utilizala para non perdela.
P : Por que tomaron esta decisión,por qué decidiron apostar pola lingua propia?
R : Para empezar o nome da tenda sempre foi Carmiña e Carmiña xa por si sempre foi un nome galego e quixemos seguir mantendo nesta liña a pesar de que fomos renovando a imaxe e as marcas , pero en conclusion decidimos continuar co mesmo nome .
P:Moitisimas gracias a vos e a Carmiña Moda mais a Patricia que foi a persoa que nos concedeu a entrevista.
R:Nada , agradecervos a vos e a vosa visita desde logo
12 de maio de 2014
Radio Colmeiro 5. Rock in Radio con Astarot
Un novo programa de Rock in Radio para Radio Colmeiro, desta volta adicado a Astarot
20 de feb. de 2014
Entrevista en Proxecto Neo a Valeria Espinal

Unha boa nova chéganos tendo como punto de ligazón a nosa Radio Colmeiro. O caso é que en Burela enteráronse das nosas emisións e a partir disto puxéronse en contacto connosco parta entrevistar a algún alumno do noso centro no seu programa Proxecto Neo.
Tal e como se enuncia no seu título, preferían buscar un neofalante. Velaí que Valeria Espinar, alumna de 1º de bacharelato que participa tamén en Radio Colmeiro, foi a elixida. A entrevista a Valeria comenza no minuto 23. Recomendámola vivamente. A mágoa é que non se nos dera a nós por entrevistala na nosa radio.
No blogue do Proxecto Neo presentan así a entrevista a Valeria:
Kastomä foi a chave que nos abriu a porta para coñecer por dentro a Radio Colmeiro, a nosa irmá impulsada polo Instituto Pintor Colmeiro de Silleda. Nese momento comezou o recital de Valeria Espinar Carreño, estudante de 1º de Bacharelato. Foi unha conversa espumosa. Por que? Porque comezou no fondo do vaso, tanteando, e subiu e subiu até chegar á cima. Desa maneira, a través das súas palabras, coñecémola a ela -como neofalante- e visualizamos o grupo humano que impulsa a iniciativa educativa chamada Radio Colmeiro. Como Valeria falaba tanto e tan ben, a entrevista do seu profesor de Tecnoloxía, Xosé María Rodríguez, foi máis curtiña. Aínda así, coñecemos a visión pedagóxica do proxecto que leva á práctica o Equipo de Normalización daquel centro de ensino. Tamén percibimos a través do seu protagonista a maneira en que un rapaz de 14 anos pode superar a ruptura cultural. O profesor Rodríguez renaceu galego. Segundo as súas palabras "bon traballiño lle custou", mais está moi orgulloso por ter dado ese paso. Nós tamén estamos moi moi orgullosos... por podelo contar.
8 de feb. de 2014
Radio Colmeiro 4: Estuda repunante
Con éste xa van catro programas emitidos. Deste xeito Radio Colmeiro xa é toda unha institución nas poucas semanas que leva en funcionamento, puxémoslle unha lapela especial adicada a todas as entradas que teñen que ver con esta iniciativa do Equipo.
6 de feb. de 2014
Radio Colmeiro 3: Rock in Radio Kastomä
Non coñecedes o grupo Kastomä? Non é posible! Pero se son os autores do ghit "Grelo 66", a emocionante canción adicada á famosa ruta do grelo!.
Velaquí pois o primeiro programa de Rock in Radio adicado ao grupo Kastomä. Unha nova creación de Radio Colmeiro para o mundo radiofónico:
5 de feb. de 2014
Radio Colmeiro 2: A nota do Colmeiro.1
Seguro que se vos fixo moi longo todo este tempo sen poder escoitar Radio Colmeiro. Pero non hai razóns para preocuparse. Xa está aquí de volta e con máis folgos que nunca:
26 de xan. de 2014
As Ferreiras en Botóns
Con estas palabras o portal educativo Botóns facía mención a dous dos mellores traballos que estamos levando a cabo este curso: a Radio Colmeiro e o estudo sobre a toponimia do concello de Silleda:
Seica a profesora de filosofía comentou que cando o ánimo anda baixo, comer leituga axuda e comer chocolate non. Pero se vostedes queren un antidepresivo efectivo, cóntanos as rapazas de Radio Colmeiro, o mellor é a música, prender a radio e deixarse levar pola música. Así nolo contan desde a sección de consellos e curiosidades, Irene Míguez, Antía Buján e Denís Varela, os locutores do primeiro programa de Radio Colmeiro, na rede desde o pasado mes de decembro.Agradecémoslles infititamente a referencia pois Botóns tamén é para nós un facho que alumea os camiños da educación
18 de dec. de 2013
Radio Colmeiro.1
Hoxe é un día histórico: 18/12/2013.Tal e como anunciamos, aquí está a nosa primeira emisión. Grazas a todos os que traballáchedes para facer posible este primeiro programa.
Denise Varela , Antía Buján e Irene Míguez son as presentadoras. Isidro Gil e Alberto Fariña son os técnicos de sonido.
4 de dec. de 2013
Radio Colmeiro
Os primeiros pasos de Radio Colmeiro. Un proxecto que comenzou a xestarse no ENDL e ao que se lle está a dar forma nas clases de TIC.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)