Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións

12 de xuño de 2015

Esopías 2015

Tal e como fixemos o curso pasado, volvemos a publicar unha escolma das esopías que máis nos gustaron entre as participantes no II Concurso de Esopías que o ENDL convocou este curso. Nesta ocasión contamos coa colaboración do Departamento de Plástica coas ilustracións que fixeron alumnos de 3º da ESO.
Entre as creacións aquí recollidas está a que obtivo o premio do 2º ciclo da ESO e Bacharelato do III Concurso de Esopías celebrado na IX Feira Matemática

19 de xuño de 2014

Constelación de palabras



Silleda e Forcarei son dous concellos limítrofes. As vilas distan entre si 15 km en liña recta e entre Pazos e Cerdedo hai 26 km. Unha distancia ben pequena! Porén, a riqueza semántica da nosa lingua é tal que xa en algo tan esencial para o noso agro como os apeiros de labranza atopamos diferenzas. E que dicir das partes do carro!
O alumnado de 3º ESO-B do IES Pintor Colmeiro de Silleda e o de 4º da ESO do IES Chano Piñeiro andou a pescudar estes nomes. E David Cabaleiro aínda chegou máis alá, dándonos a base do traballo que vos amosamos; música e presentación serviron de puntos de partida para este vídeo que ilumina o que nunca debemos perder: a nosa lingua.
De agasallo, cos apeiros vai asemade unha choiva de palabras molladas, un son característico de noso que agardamos o cambio climático non nos roube.

12 de mar. de 2014

Concurso de esopías no Faro

Na edición local do Faro de Vigo informan sobre o noso concurso de Esopías:

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do instituto Pintor Colmeiro de Silleda, en colaboración cos departamentos de Matemáticas e Lingua Galega convoca o Concurso Esopías, no que poderán participar os alumnos do centro. Unha 'esopía' é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres, no que cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número 'pi'. 

13 de dec. de 2012

Andazo de orellóns

Aproveitamos a epidemia de parodite que se detectou no noso centro para recuperar unha denominación propia da nosa lingua desa enfermidade: os orellóns. A orixe desta palabra é ben evidente pois unha das súas características principais é a inflamación das glándulas salivares parótidas que se achan debaixo das orellas.
Trátase dunha enfermidade vírica altamente infecciosa que se transmite polas gotas de tose e dos espirros ou mesmo pola respiración nun ambiente pechado no que haxa algún infectado pola enfermidade. Por esta razón recoméndase que ante a máis mínima sospeita non se acuda a clase ata estar completamente recuperado.
Na imaxe, o virus culpable do andazo