Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións

23 de feb. de 2015

No Colmeiro somos Rosalía




A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor. 
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema “Eu son Rosalía” e convida a todo o mundo a realizar un vídeo cunha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…” No ENDL do IES Pintor Colmeiro sumámonos con este vídeo a esta iniciativa

26 de maio de 2013

Alcatraz

Temos gañadora da III edición do Videoghit na súa edición máis internacional xa que desta volta presentáronse 21 traballos, tanto do noso centro como do IES As Barxas (Moaña, o Rosalía de Castro e a Compañía de María (de Santiago). A autora foi Raquel Bibian, alumna de 2º de bacharelato do IES Pintor Colmeiro, con esta adapatación do tema de Ataque Escampe. O seu traballo foi considerado extraordinario pois ademais do premio ao mellor vídeo tamén levou os galardóns de Mellor Actor e Mellor Tradución. Os medios deron conta desta información. E de quererdes ter toda a información, basta con premer aquí.

26 de nov. de 2012

Dous vídeos para reflexionar sobre violencia contra as mulleres

Ben saberedes todos que o 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Desde o Colmeiro quixemos colaborar con estes vídeos elaborados polas alumnas de 1º de Bacharelato de Ciencias. A primeira curta ten como finalidade reflexionar o que supón vivir nun fogar onde a violencia está presente: esta transmítese coma se estivese nos xens.
Nón á violencia contra as mulleres. Sobre a violencia física na familia from trafegandoronseis on Vimeo.

A segunda ten como finalidade reflexionar sobre un tipo de violencia máis invisibilizada pero non menos perigosa: a violencia psicolóxica.

 

13 de nov. de 2012

Como foi a videoconferencia 'Facendo física de partículas polo mundo'


94 centros escolares de toda Galicia conectáronse o pasado martes entre as 12:30 e as 13:30 por medio dunha plataforma da USC.
 5.760 alumnos tiveron a posibilidade de coñecer o traballo que están a desenvolver no CERN a grupo de físicos galegos que están no cumio da investigación mundial. Patricia Conde (Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN), Olalla Castro (Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos), Abraham Gallas (Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN), Carlos Salgado (Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo) e Cibrán Santamarina (Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN).
Nun principio estaba previsto que o seguimento da videoconferencia se fixera desde dúas das aulas multimedia xa que a cantidade total de alumnos, 84, non collería nunha das aulas. Ao final, un dos PCs dounos problemas e tivemos que xuntarnos todos nunha aula.
Ésta xa é a terceira experiencia deste tipo que organiza a CGENDL. Nas edicións anteriores do 'Día da Ciencia en Galego' tamén participamos das vídeoconferencias. A do ano 2010  titulábase "Do CERN a Compostela". Na edición do ano pasado o profesor Ángel Carracedo faláranos de "Xenética Forense".

É unha actividade que esperamos volver a compartir o vindeiro ano.