O pasado xoves 28 o alumnado de 1º da ESO asistiu a unha conferencia impartida por Xoán Carlos García Porral sobre as lendas castrexas. Trátase dun primeiro paso dentro dun proxecto para o estudo e elaboración de mapas nos que se identificarán as lendas dentro da área xeográfica do concello de Silleda.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta conferencia b>. Amosar todas as publicacións

26 de xan. de 2016
27 de maio de 2015
Entrevista a Encarna Otero: "Castelao e as mulleres"
Laura Presas Mato e Patricia Lázara Framiñán entrevistan a Encarna Otero sobre "Castelao e as mulleres". Non era sen tempo que deixáramos neste muro virtual unha referencia á vistia que hai máis dun mes nos fixo Encarna Otero para impartir unha charla na que poñía en relación as mulleres con Castelao.
25 de maio de 2015
Ramón Valenzuela: obra e biografía
O luns 18 o alumnado de 1º de bacharelato participou nunha charla na que o filólogo Alejandro Breijo e a actriz Cristina Collazo lles achegaron a obra de Valenzuela
O pasado venres 22 de maio o profesor Matías da Torre explicoulle aos alumnos de 4º da ESO quen foi Ramón Valenzuela. Fixo un relato da súa vida e da recuperación da súa figura que están a realizar varios colectivos culturais desde principios deste século.
Durante a intervención animou ao alumnado a ler 'O Naranxo', obra da que fixo unha lectura.
18 de maio de 2015
Ops! o portugués é simple
O obradoiro Ops, o portugués é simple fundaméntase no obxectivo de lle amosar ao alumnado a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua, o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral. Trátase dunha iniciativa idealizada e desenvolvida pola Associaçom Galega da Lingua (AGAL), dirixida a alumnos e alumnas, a partir de 12 anos, para promover o achegamento ao mundo lusófono no convencemento de que é un reforzo para o estatuto da lingua galega e unha porta máis a mellorar a formación dos nosos mozos e mozas.
Iria Mayer foi a encargada de desenvolver este obradoiro co alumnado de 1º de bacharelato. A experiencia foi moi positiva e as dúas horas que durou a actividade serviron para achegármonos aos nosos veciños portugueses e a certificar que os galegos dispoñemos dunha ventaxa competitiva de magnitude internacional pola proximidade filoxóxica entre as dúas linguas

12 de maio de 2015
100 anos con Ramón Valenzuela
27 de abr. de 2015
Encarna Otero falounos de Castelao
Laura Presas e Patricia Lázara fixéronlle unha entrevistas. Non tardaredes en ter máis información neste mesmo blogue.
18 de dec. de 2014
Breogán Riveiro no Colmeiro
O pasado xoves 11 de decembro o escritor Breogán Riveiro mantivo un encontro co alumnado de 1º da ESO. Nas entradas anteriores xa puidéchedes ver que o pasaron moi ben con el. Velaquí a comprobación. Todo un espectáculo.
Así que volvemos a ter outra invitación para ler o Tonecho de Rebordechao, e é que aínda hai alguén que non o leu.
15 de dec. de 2014
Marisa Otero impartiu un obradoiro de gravación de vídeos
A profesora Marisa Otero visitou o noso centro para impartir ao alumnado de 1º da ESO un obradoiro co fin de aprender as principais técnicas para a gravación dun vídeo documental.
Como sabedes este alumnado está metido de cheo no proxecto Antonio Fraguas.
Marisa Otero propúxonos unha situación práctica para entendermos mellor como deberiamos proceder. Propúxonos unha situación na que tres compañeiros de clase van ir gravar unha entrevista.
Como medios técnicos teño unha cámara de fotos e un ordenador cun editor de vídeo
gratuíto.
Falounos do lugar da gravación. O lugar onde deberemos colocar a cámara e o lugar no que debe colocarse o entrevistador. Explicounos as características que debemos coidar no relativo á iluminación e á gravación de sonido.
Aprendimos tamén a considerar distintas posicións da cámara: en fronte, desde arriba ou o contrapicado. Tratouse o tema do plano/contraplano nunha entrevista.
Marisa Otero tamén nos trouxo unha invitación para que nos apuntemos no Laboratorio Audiovisual de Vedra que é gratuito para o alumnado da ESO.
Despois proxectounos unha curta realizada por ela como proposta para que xurdiran cuestións. En definitiva, unha tarde ben completa.
Como sabedes este alumnado está metido de cheo no proxecto Antonio Fraguas.
Marisa Otero propúxonos unha situación práctica para entendermos mellor como deberiamos proceder. Propúxonos unha situación na que tres compañeiros de clase van ir gravar unha entrevista.
Como medios técnicos teño unha cámara de fotos e un ordenador cun editor de vídeo
gratuíto.Falounos do lugar da gravación. O lugar onde deberemos colocar a cámara e o lugar no que debe colocarse o entrevistador. Explicounos as características que debemos coidar no relativo á iluminación e á gravación de sonido.
Aprendimos tamén a considerar distintas posicións da cámara: en fronte, desde arriba ou o contrapicado. Tratouse o tema do plano/contraplano nunha entrevista.
Marisa Otero tamén nos trouxo unha invitación para que nos apuntemos no Laboratorio Audiovisual de Vedra que é gratuito para o alumnado da ESO.
Despois proxectounos unha curta realizada por ela como proposta para que xurdiran cuestións. En definitiva, unha tarde ben completa.
10 de nov. de 2014
Pescudando na orixes da materia, o bosón de Higgs no CERN
No marco do Día da Ciencia en galego o profesor Cibrán Santamarina, galegofalante, investigador da USC e colaborador no experimento que atopou bosón de Higgs no CERN virá o mércores 12 a dar unha charla ao noso centro. Todo un privilexio!
Participou no que quizais é un dos principais descubrimentos científicos dos últimos 30 anos e que abre portas a un coñecemento máis profundo da natureza e virá explicarnolo: "Pescudando na orixes da materia, o bosón de Higgs no CERN"
Santamarina foi un dos autores do manifesto que no ano 2009 que, estando traballando no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), se indignaron coas pretensións e excluir o galego do ensino das ciencias. O que reclamaban os nove asinantes do manifesto era:

reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casaNon sobra insistir en que hoxe o ensino das ciencias en galego está prohibido polo decreto 79/2010, chamado cínicamente, do plurilingüismo.
24 de feb. de 2014
O mundo dos castros contado ao alumnado de 1º da ESO
Outra vez estamos na prensa local. No Faro de Vigo fixeron referencia ([1] e [2]) á presentación que este xoves 20 realizaron para o alumnado de 1º da ESO Antonio Presas e o noso Xoán Carlos do seu libro "O Mundo dos Castros. A Comarca de Deza". Editado pola editorial do xornal o libro xa foi presentado en Lalín a principios de mes.
Deixamos aquí unha tradución da noticia do Faro:

Os investigadores Antonio Presas e Xoán Carlos García Porral inician o xoves no instituto de Silleda o seu rolda de presentación polos centros da comarca do seu libro "O Mundo dos Castros-A comarca de Deza", editado por FARO DE VIGO. A completa guía sobre o patrimonio casteño presentouse no Salón Teatro de Lalín o pasado día 5 e o decano xa enviou varios exemplares da publicación a todos os centros educativos de Deza.
Os lalinenses reunirán a uns 45 alumnos de 1º diso no instituto da capital trasdezana a partir das 15.50 horas. Presas realizará unha explicación sobre as particularidades da cultura castreña para achegar os seus coñecementos ao alumnado, valéndose de recursos como mapas. Pola súa banda, García Porral centrarase na parte que ten que ver coas lendas. Logo de Silleda está previsto que os investigadores acudan ao resto de centros educativos dezanos, aínda que o plan de visitas está aínda por pechar.
20 de xan. de 2014
Santiago Lopo estivo connosco

Engadimos esta entrada con moito retraso xa que por esas datas andabamos petados de traballo e fomos adiando esta nota semana a semana. Pero por fin:
O 27 de novembro visitounos Santiago Lopo . O encontro estivo dirixido ao alumnado de 2º de Bacharelato, xa que o curso pasado leron o seu libro “Hora zulú” publicado pola editorial Galaxia. O autor falounos de como este libro supuxo unha reflexión sobre o tempo que nos controla, debido a iso o libro recolle historias diferentes e momentos distintos, xa que estamos todos no mesmo planeta aínda que o sol marque o tempo e nós midamos o tempo segundo a luz solar. Un tempo que queremos ralentizar ou acelerar sen conseguilo. E esa idea fixa do ser humano por conquistar o tempo levouno, precisamente, a escribir este libro.
Lopo tamén reflexionou sobre como hai sociedades que están menos
controladas polo tempo ca nós, como algunhas tribos brasileiras ou nas
zonas rurais, onde aínda seguen importando máis as estacións.Outros libros do autor:
- “Gamer Over”
- “Peaxes” (ambos en xerais)
9 de dec. de 2013
Comenzamos o traballo de toponimia
O pasado xoves 5/12/13 o alumnado de 1º da ESO recibiu unha charla de preparación para a recollida de toponimia menor. Deixamos aquí a presentación que guiou a conferencia.
Animamos a todo o alumnado a sumarse á recollida de microtopónimos. Basta con que se poñan en contacto con Xoán Carlos Porral ou Celia Lamela.
7 de nov. de 2013
Ramón María Aller explicado por Cecilia Doporto
O luns 4 de novembro, visitou o noso centro Cecilia Doporto, Licenciada en Historia da Arte e que na actualidade está a preparar un tese de doutoramento baixo a dirección do profesor Dr. D. José Ángel Docobo, Director do Observatorio Astronómico da USC, e que versa sobre a figura humana do insigne astrónomo e sacerdote lalinense D. Ramón María Aller Ulloa.
A través da súa presentación, o alumnado de 2º de ESO, puido coñecer algo mellor a gran labor científica e relixiosa de D. Ramón, que tamén foi reloxeiro, deseñou casas, urbanizou rúas de Lalín, e pintou, ao igual ca o seu discípulo Vidal Abascal, do cal tamén nos fixo un pequena semblanza.
Trala súa intervención, proxectou un pequeno vídeo sobre o astrónomo editado pola USC, para rematar ensinándolle aos alumnos unhas libretiñas nas que D. Ramón anotaba as súas observacións astronómicas e realizaba debuxos do que vía a través do seu telescopio.
Deixámosvos ademais o vídeo para os que non asistíchesdes á conferencia. Paga a pena velo

28 de xan. de 2013
A riqueza inmaterial castrexa
Como complemento á charla que o profesor deste centro nos ofreceu o pasado 18 de xaneiro sobre as lendas castrexas, achegamos hoxe este artigo seu sobre os xacementos castrexos e as lendas asociadas ao mesmos que foi publicado no Faro de Vigo hai un par de meses:
Os xacementos castrexos de Lalín posúen unha gran riqueza patrimonial inmaterial. De feito, arredor dos 32 castros rexistrados por Antonio Presas constátanse 211 lendas e/ou referencias lendarias asociadas a ditos xacementos. Así o fixemos constar en Lendas Castrexas. Antropoloxía da tradición oral no Concello de Lalín, publicada en 2000. Isto non quere dicir que o número sexa invariable. Cantas quedarían sen recoller e cantas xa se perderían no tempo! Estou seguro de que todos os que nacemos no rural e nos criamos á beira dun castro, temos oído aos nosos avós e veciños contar algunha lenda de mouros, trabes e tesouros encantados. Ata tal punto que temos crido nelas como se foran historias verdadeiramente certas. E, o máis chamativo, seguro que quen nolas contaban así o crían. Por iso, cómpre que teñamos medianamente clara a temática e a función dos relatos aos que nos estamos a referir.
A temática presente nestes relatos orais é moi rica, sendo a referencia á mourindade como habitantes e facedores dos castros a máis notoria (en 89 das 211 lendas). Estes mouros e mouras definíanse pola súas riquezas. Tesouros agochados, túneles que te levaban a eles, e trabes de ouro e alcatrán que suspendía ao ser humano na dúbida de escoller o camiño atinado, son tres dos temas que máis abundan despois do sinalado anteriormente. Xa de forma puntual aparecen outros temas menos recorridos: enterramentos de mouros, emprazamentos castrexos, encantamentos, festividade do San Xoán, e animais, onde as galiñas con pitiños de ouro son os máis abundantes. Esta variedade temática dábanos como resultado que o número de temas presentes nas lendas analizadas fora superior a estas: 262 por 211. O cal quere dicir que nunha mesma lenda se poden atopar distintas temáticas de índole castrexa. Existe unha grande variedade en canto aos personaxes lendarios que poboaron castros, monumentos prehistóricos (mámoas...) e incluso algunhas paraxes destacadas do mundo rural (fontes, penedos,...). Entre eles sobresaen os MOUROS como construtores e habitantes dos castros; aínda que tamén existen relatos nos que se fai referencia aos romanos e aos fauciosos. Centrándonos nos primeiros, cómpre ter en conta que non son auténticos musulmáns; estes comen carne de porco, beben viño, e incluso as mouras son fermosas louras de pel branca. Hai quen di que o facer referencia aos mouros como habitantes dos castros é por mor dun certo antiislamismo medieval, no que se asimila ao mouro co outro, co estraño e co antigo, converténdose nunha especie de tribo máxica á que se lle atribúen fenómenos supranormais ou lugares que precisaban dunha explicación polo que toca á historia popular, coma os monumentos prehistóricos. O que si está claro é que hoxe en día non se pode aceptar a idea de que detrás dos mouros estea o recordo aos habitantes prehistóricos de Galicia. O que si é certo e que estes seres mitolóxicos erixíronse na mentalidade popular como seres contrapostos aos homes nunha serie de aspectos fundamentais. Por exemplo, os mouros viven baixo terra e non na superficie, e sempre fóra da aldea. Así se aprecia nesta lenda recollida no Castro de Vilatuxe: algúns afirman que debaixo do castro vivía unha poboación de mouros que subían á superficie por unhas escaleiras, pero a día de hoxe están taponadas con terra e maleza nalgunha parte do mesmo. Outras características que os diferenzan do ser humano son a realización de actividades nocturnas, o non ser cristiáns, o empregar unha linguaxe diferente, e o seren posuidores de riquezas e gardiáns de tesouros encantados. Neste senso, os mouros e mouras preséntanse como mantedores dun certo equilibrio moral dentro da sociedade na que están inmersos, pois o humano que intenta conseguir as súas riquezas case sempre fracasa, tal como acontece nun relado do Castro de Catasós: unha muller vixía o tesouro da mourindade e se alguén a ve ou se lle acerca desaparece. Pola contra, os humanos viven na superficie e na aldea, realizan actividades fundamentalmente diúrnas, son cristiáns, non posúen riquezas nin tesouros, senón que aspiran a eles, a súa actividade económica baséase na produción agro-gandeira e non teñen poderes especiais (a non ser que algún mediador, posuidor do Ciprianillo ou coñecedor de rituais de desencantamento, llos facilite). Pero a pesares das contraposicións existentes entre mouros e humanos, soe darse entre eles unha situación de interdependencia, xeralmente asimétrica, que os fai asemellarse e manter unha relación comunitario-social. Deste xeito, aínda que viven baixo terra, nela teñen casas e camiños; precisan alimentarse, por iso lle axudan a criar gando (porcos) aos homes, róubanllo, ou vanllo comprar ás feiras, así como viño e outros produtos; ou realizan actividades propias dos humanos coma tecer e coser, moer gran,... No Castro de Botos, achegando a orella a unha pena que está cerca da croa, pode escoitarse o "run-run" dun muíño que moe. Hai quen afirma que se trata dun muíño oculto dos mouros, que moe baixo a terra e parece ser que no inverno escóitase mellor. Así e todo, o que os mouros leven un estilo de vida distinto do normal na aldea (por exemplo, como posuidores de riquezas non agrarias), é algo propio da función social que cumpren este tipo de relatos lendarios: lembrarlle á comunidade campesiña que existen persoas máis ricas e con máis poder que non son da súa clase social. Un tratamento á parte meréceno as mouras. Estas soen estar asociadas á noite de San Xoán e integradas dentro dunha estrutura "muller - serpe - auga - Lúa", cuxa orixe estaría dentro de pobos neolíticos paleomatriarcais en canto á idea, aínda que a elaboración sexa posterior. Soen ser protagonistas en lendas de signo moralizante, como as das mouras que aparece peiteando coidadosamente os seus cabelos (xeralmente de noite e cerca dunha fonte). Estes encantos soen ter a pel clara e o cabelo louro, ademais de gozar dunha gran beleza, algo que as converte en mulleres seductoras das que os homes se quedan engaiolados. Así aparece no Castro de Varcia, no que vivía unha muller fermosa e loura á que lle gustaba moito peitearse no río. A súa misión era protexer o tesouro que está oculto debaixo da terra. Ninguén a considera un espírito malévolo, a pesares de que castiga coa morte repentina a quen a descubra. Normalmente recibían a axuda dun ser humano, o cal non garda a condición de silencio polo premio recibido, feito que provoca un fracaso total ou parcial da súa tarefa, tal como lle aconteceu a un rapaz no Castro de Catasós: no castro traballaba unha costureira que tiña unhas tesoiras de ouro, e prometérallas a un rapaz a cambio dunha cunca de leite, pero non lle debía dicir nada do sucedido á xente. O rapaz contoullo na casa e cando foi levar a cunca de leite xa non atopou á costureira. As mouras tamén soen amosar unha serie de obxectos a un ser humano para que este elixa entre eles. Destaca o tema da moura que amosa unha tenda a un humano para que este elixa entre os obxectos que nela ten. Sobresaen as tesoiras, símbolo asociado ao destino, pois con elas pódese cortar o fío do devir e provocar o fracaso na continuidade das relacións entre un home e unha muller. Finalmente, como seres sobrenaturais, as mouras poden aparecer baixo advocacións diversas: tecendo, gardando tesouros,? cunha relación cos humanos máis negativa que beneficiosa; ou metamorfoséase en serpe, sendo preciso desfacer o encantamento para conseguir os seus favores ou as súas riquezas. Os tesouros aos que fan referencia as lendas castrexas cumpren cunha triple función: unha, máxico-relixiosa-moralizante para a sociedade que sinala a súa existencia; outra, como manifestación do prestixio das orixes; e finalmente, como imaxe do ben limitado, segundo o cal todas as cousas boas para o home existen en cantidades limitadas, sendo insuficientes para todos. Por iso, cando alguén tenta mellorar a súa situación, só pode facelo de dous modos: (1) dentro do segmento de cultura no que vive, a base de diminuír as posibilidades dos seus veciños; (2) fóra del, grazas a un patrón humano ou sobrehumano que facilite medios extraordinarios de mellora a nivel socio-económico. De aí que as xentes acudan a explicar por medio da imaxe do tesouro (riqueza extraordinaria), ou da axuda dun mouro (patrón imaxinario), aqueles casos de enriquecemento insólito. Nas lendas existen referencias a riquezas ocultas. Soen ser relatos inespecíficos nos que se fai tan só mención ao feito de que os castros posúen tesouros no seu interior. Isto no quere dicir que non foran tidas como historias certas, xa que a veces servían coma mapas orais do tesouro agochado. Así aconteceu no Castro de Cotarelo (Goiás) alá polos anos 1870/80, cando tres mozos da aldea, coñecedores da lenda que falaba de que no interior do castro existía un tesouro, se puxeron a facer un buraco, que daría en mina, na ladeira S-L da citania e que aínda pode verse con total claridade. Día tras día, no intento de acadar o tesouro e ata case quedaren sen folgos, foron escavando coa única ilusión de facerse ricos. Pero sempre hai xente astuta, tal como foi o caso do veciño Benito García. Este, xa canso de tanto buscar e vendo que nunca atoparía nada, déuselle por gardar de noite un bote cheo de pedriñas no fondo da mina. Cando ao amencer se dirixiron os tres mozos a seguir coa súa tarefa, Benito, despois de dar algunhas picadas, colleu o bote e axitouno (o ruído que dentro do latón producían as pedras era coma se fosen pedriñas de ouro) cara os seus socios, dicíndolles: "Eu para min xa teño; vós seguide", botándose a correr polo agro abaixo. Este conto vale perfectamente para ver o interese que había entre os veciños e os coñecedores das lendas de tesouros castrexos por facerse co ouro que lles resolvera a vida. Pero, coma case que en todos os casos, o fracaso soe ser a fin dos seus obxectivos. En relación cos tesouros atópanse as minas, veas, trabes e arcas. Estas estruturas teñen a función de mantemento do equilibrio cosmolóxico e moral por sistemas de contraposición, onde existe un elemento positivo (ouro, prata,...) fronte a outro negativo (alcatrán, xofre, veleno, fogo?). Este elemento negativo non deixa de ser unha advertencia do perigo que poden correr aqueles que intentan apoderarse del. O valor práctico destas estruturas non ten maior relevancia, pero si o ten o teórico como reflexo do equilibrio moral que se pretende con este tipo de relatos. Hai que saber escoller, tal como de recolle nunha lenda do Castro de Cristimil, no que existe unha viga de ouro e alcatrán debaixo do castro. Se alguén atopa a de ouro será moi rico, pero se toca a de alcatrán desaparecerá todo Cristimil. Pero, cal é a función propia dos tesouros? A opinión máis xeneralizada entre os estudosos do tema é a que os relaciona co dereito do ser humano á LIBERDADE: rebelión do ethos humano contra a realidade mítica. Pero os tesouros ocultos, como equilibrio moral, teñen uns primeiros defensores contra a avaricia do home: os seres mitolóxicos (os mouros) como gardiáns de tesouros ocultos, que ademais son os que din como desencantalos a eles e aos tesouros. Aínda así, os relatos atópanse pragados de fracasos na procura de tesouros por ignorar algo fundamental: o ritual de desencantamento, tal como acontece nun relato vencellado ao Castro de A Veiga, no que un señor atopou un escrito no chan que resultou ser unha lenda. Como non sabía ler levoulla ao señor cura e este díxolle que, na noite de San Xoán, debían ir ao castro de A Veiga e alí tiñan que ler e "desler" (ler ao revés) o escrito sen equivocarse. Pola noite foron ao castro e o cura comezou a ler. De súpeto saíu da terra un boi de ouro e púxose a dar choutos arredor do párroco. Todo ía moi ben ata que o cura se trabucou ao desler o escrito. Nese intre a terra tremeu, botouse a chover e tronou. O boi desapareceu, no medio de todo isto, para sempre. Chegados aquí, qué aportan as lendas e os relatos de tradición oral ao ser do home e á conformación da sociedade. A meu xuízo, unha das súas principais funcións é a de fixar na memoria dos membros dun pobo aqueles acontecementos dotados de relevancia simbólica por e para eses membros ao longo de décadas. Axudan a reproducir sentimentos de identidade e a establecer unha relación entre pasado recordado e identidade social. - todo isto nunha época na que a MODERNIDADE rexeita completamente a multiplicidade de ritmos, igualando e cuantificando o tempo coma se fora un obxecto suxeito aos criterios impostos pola sociedade urbana e industrial. Así é como as lendas tamén se erixen como estandarte da loita contra a homoxeneización; como nexos sociais por medio dos que as persoas poden establecer uns lazos de dependencia con outras persoas e con outras épocas, autorrealizándose en diálogo co tempo. As lendas, como fixadoras na memoria de acontecementos significativos para unha comunidade, poden colaborar na construción reflexa da identidade individual e colectiva dos membros dun pobo. De nós depende o seu mantemento e transmisión ás xeracións futuras. (Este artigo retoma a serie 'O estado do patrimonio en Deza' interrompida desde o domingo 26 de agosto)

21 de xan. de 2013
Falando de lendas
Este venres pasado o profesor Xoán Carlos García Porral ofreceunos unha charla sobre o patrimonio inmaterial das lendas. Pronto ampliaremos a nova, pero polo momento recollemos unha entrevista que lle fixeran no Faro de Vigo hai pouco máis de dous anos cando presentou un libro sobre este tema.
A finais deste mes, Lalín acollerá a presentación do libro Lendas castrexas, escrito por Xoán Carlos García Porral e no que se ofrece unha continuidade das historias recollidas por Antonio Presas, que prologa o volume. A publicación, estruturada por parroquias, preséntalle ao lector unha completísima antoloxía de todas os contos vinculadas aos castros do concello.
–A maioría das lendas están protagonizadas polos mouros que viven nos castros ou os constrúen, e que custodian un tesouro. Por que abondan máis estas historias que, por exemplo, as vinculadas aos santos?
–Porque os mouros aparecen como seres estranos, exóticos, e que negocian cos humanos. Noutros lugares chámanlle “facciosos”, e posiblemente estas lendas estén vinculadas á invasión musulmana. No fondo, este tipo de historias teñen un fondo moralizante, como as fábulas que nos contaban cando éramos nenos, e ata se poden comparar coa mitoloxía grega. Así que, grazas a elas, nós temos os nosos propios heroes
–Así é, porque o da trabe de ouro e a trabe de alcatrán non é outra cousa que un símbolo do ben e do mal...
–Pois si. Nunca soubemos de ninguén que se adentrase nun castro e se fixese rico grazas á trabe de ouro, e tampouco ninguén ousou descubrir a trabe de alcatrán, porque morrería queimado.
–Vostede estrutura o libro por parroquias, e en 35 das 48 do concello hai lendas castrexas.
–E incluso nalgunhas, aínda que non haxa castros, hai historias, porque quizais noutro tempo si tiveron estes restos. O malo é que, aínda que os castros en Lalín están ben protexidos, as lendas non o están tanto. Antes transmitíanse oralmente, sobre todo de avós a netos, pero agora os nenos prefiren ver Bob Esponja (risas). Ademais de que se está perdendo esta transmisión pola morte da xente maior, as concentracións parcelarias tamén agreden moito a este patrimonio inmaterial. Por exemplo, unha finca que antes se chamase “Agra da Pena”, coa parcelaria pasará a ter un número de parcela e outro de polígono. Tamén é certo que os castros aínda se asocian, nalgúns casos, como algo negativo, porque non se pode actuar nun contorno de 200 metros. Sei dun caso en Rodeiro no que os donos dunha finca cun castro non puideron cobrar o aluguer dun aeroxenerador, porque non se puido instalar nel, e moi mal lles pareceu.
–No libro fala do rito da “Fonte dos Meniños”, que servía para curar os nenos doentes de enganido. Este rito emprega frases vinculadas ao Cristianismo. Podemos dicir que moitos costumes castrexos foron asumidos pola relixión?
–Sen dúbida. Nas lendas castrexas hai referencias a Santiago Matamouros, pero non por ser apóstolo senón por atacar a eses seres que definimos como exóticos. Tamén é frecuente que as festas de San Xoán, como as de Castrolandín (Cuntis) se fagan en entornos castrexos, pero é que esta festa ten orixe pagá. E moitos castros serviron para que enriba se construise unha igrexa ou se colocase un cruceiro, como símbolo da colonización relixiosa deses cultos naturais.
13 de nov. de 2012
Ramón Verea estivo no noso centro
O pasado xoves 8 os grupos de 4º da ESO asistiron a unha conferencia arredor da figura de Ramón Verea, o galego que inventou no 1878 a primeira máquina de calcular que realizaba produtos e divisións directamente. Tivemos a sorte de contar coa persoa que máis sabe sobre Ramón Verea, o seu biógrafo, Olimpio Arca Caldas.
Esta conferencia era unha máis das actividades do 'III Día da Ciencia en Galego' , unha celebración que reivindica o uso da nosa lingua nas clases de tecnoloxía, física e matemáticas.
O primeiro que fixo Olimpio foi preguntar por Moalde. Claro que sabían onde quedaba esta parroquia de Silleda! Pois á beira hai outra da Estrada, Curantes. De alí era Ramón Verea, en concreto do lugar de Esmorís. Hoxe no adro da Igrexa de San Miguel hai unha escultura como a que nos trouxo o mestre Olimpio que lembra este veciño ilustre, Ramón Verea.
Houbo máis preguntas por parte do conferenciante. "Quen é do Barcelona?" Unha chea de mans erguidas, algunhas caras de disgusto. "Quen é do Real Madrid?" Os descontentos erguen orgullosamente as mans, os outros protestan. "Pois moi mal! Facedes moi mal! Todos vós tiñades que ser do Feminino de Silleda. Eu vivín un tempo en Barcelona e alí ninguén falaba do Deportivo nin do Celta. Estaban orgullosos do seu!"
Outra das ideas nas que máis insistiu D. Olimpio Arca foi en que nos roubaran a historia, "os galegos descoñecemos a nosa historia e así non nos pode ir ben". Contou que en todas as escolas se fala do submarino de Isaac Peral que hoxe é o buque insignia de Cartaxena. Todos os libros de texto falan do autoxiro de Juan de la Cierva. Dá a impresión de que os galegos non somos quen de inventar nada. Non é así. O que pasa é que se nos escondeu a impresionante figura de Ramón Verea.
Así como os alumnos sabían de Lamela, tamén tiñan noticia de Bermés, parroquia do veciño concello de Lalín. Mais non sabían nada do matemático de Bermés, José Rodríguez, que estuda en París e realiza diversos traballos de carácter internacional pois fai traballos de medición do globo terrestre. A súa estela sería continuada por Domingo Fontán, o xeógrafo de Portas. É unha mágoa que estes científicos, tan importantes, nos resulten completamente descoñecidos.
Olimpio relatounos con paixón a vida do inventor: desde as súas aventuras na nenez, os estudos en Compostela, a súa marcha a Cuba. Falounos de Verea en Nova York. Amosounos os planos da calculadora, unha fotografía da mesma. Despois Verea estaría algún tempo en Guatemala e finalmente acabaría os seus días en Buenos Aires. Nacera no ano 1833 e morreu no 1899. O noso compromiso é non esquecelo e tomar exemplo del.
E que é o que podemos facer nós? En concreto, que foi o que lle aconsellou Olimpio Arca aos alumnos? Moi simple: "á vosa idade tedes que estudar, estudar moito". A pesar desta última petición recibiu unha chea de aplausos.
É de supoñer que moitos vos decataríades de que nas fotos desta entrada hai unha escultura ben grande. É obra de José Molares, un escultor de Vigo. Fixo esta obra para unha homenaxe que se lle adicara a Ramón Verea no concello da Estrada. Non vaiades pensar que está oca. Preguntádelle a Pedro Segade o que pesaba. Nesta foto sae sorrinte e suoroso despois do esforozo do traslado de Ramón Verea polo noso centro.
Para saber máis:
Olimpio Arca Caldas escribiu unha biografía de Ramón Verea que foi publicada polo Foro Enrique Peinador. Temos un exemplar desta biografía na biblioteca, donado por este Foro ao IES Colmeiro (cousa que lle agradecemos enormemente).
Pero se quixeras consultar esta biografía ten en conta que tamén está dispoñible en internet:
Ramón Verea. Inventor estradense
Esta conferencia era unha máis das actividades do 'III Día da Ciencia en Galego' , unha celebración que reivindica o uso da nosa lingua nas clases de tecnoloxía, física e matemáticas.
O primeiro que fixo Olimpio foi preguntar por Moalde. Claro que sabían onde quedaba esta parroquia de Silleda! Pois á beira hai outra da Estrada, Curantes. De alí era Ramón Verea, en concreto do lugar de Esmorís. Hoxe no adro da Igrexa de San Miguel hai unha escultura como a que nos trouxo o mestre Olimpio que lembra este veciño ilustre, Ramón Verea.
Houbo máis preguntas por parte do conferenciante. "Quen é do Barcelona?" Unha chea de mans erguidas, algunhas caras de disgusto. "Quen é do Real Madrid?" Os descontentos erguen orgullosamente as mans, os outros protestan. "Pois moi mal! Facedes moi mal! Todos vós tiñades que ser do Feminino de Silleda. Eu vivín un tempo en Barcelona e alí ninguén falaba do Deportivo nin do Celta. Estaban orgullosos do seu!"
Así como os alumnos sabían de Lamela, tamén tiñan noticia de Bermés, parroquia do veciño concello de Lalín. Mais non sabían nada do matemático de Bermés, José Rodríguez, que estuda en París e realiza diversos traballos de carácter internacional pois fai traballos de medición do globo terrestre. A súa estela sería continuada por Domingo Fontán, o xeógrafo de Portas. É unha mágoa que estes científicos, tan importantes, nos resulten completamente descoñecidos.
Olimpio relatounos con paixón a vida do inventor: desde as súas aventuras na nenez, os estudos en Compostela, a súa marcha a Cuba. Falounos de Verea en Nova York. Amosounos os planos da calculadora, unha fotografía da mesma. Despois Verea estaría algún tempo en Guatemala e finalmente acabaría os seus días en Buenos Aires. Nacera no ano 1833 e morreu no 1899. O noso compromiso é non esquecelo e tomar exemplo del.
E que é o que podemos facer nós? En concreto, que foi o que lle aconsellou Olimpio Arca aos alumnos? Moi simple: "á vosa idade tedes que estudar, estudar moito". A pesar desta última petición recibiu unha chea de aplausos.
É de supoñer que moitos vos decataríades de que nas fotos desta entrada hai unha escultura ben grande. É obra de José Molares, un escultor de Vigo. Fixo esta obra para unha homenaxe que se lle adicara a Ramón Verea no concello da Estrada. Non vaiades pensar que está oca. Preguntádelle a Pedro Segade o que pesaba. Nesta foto sae sorrinte e suoroso despois do esforozo do traslado de Ramón Verea polo noso centro.
Para saber máis:
Olimpio Arca Caldas escribiu unha biografía de Ramón Verea que foi publicada polo Foro Enrique Peinador. Temos un exemplar desta biografía na biblioteca, donado por este Foro ao IES Colmeiro (cousa que lle agradecemos enormemente).
Pero se quixeras consultar esta biografía ten en conta que tamén está dispoñible en internet:
Ramón Verea. Inventor estradense
6 de mar. de 2012
Pilar García Negro no IES Pintor Colmeiro
O vindeiro venres día 9 de marzo ás 11:45 da mañá, terá lugar no noso centro, co gallo da
celebración do día da muller (8 de Marzo), unha conferencia a cargo de María Pilar García Negro baixo o título:
"A Muller no século XXI. Dinámicas de machismo no noso día a día. Da sociedade de Rosalía á actual: Cambios e continuacións."

García Negro, profesora de
Filoloxía da UDC, experta en Rosalía, en cuestións relacionadas coa
Muller e en sociolingüística.
Algúns libros desta autora, que recomendamos, son: 'O galego e as leis', editado por Cumio, 'Sempre en galego' 'Da fala á lingua: un proceso inacabado' 'Dereitos lingüísticos e control político' e 'Sobre o racismo lingüístico', na editorial Laiovento.
O acto está organizado pola Concellería de Educación de Silleda.

25 de nov. de 2011
A discriminación da muller e a violencia machista
Verdadeiramente todos estamos en parte concienciados do feito de
que, no noso país, coma no resto do mundo, sucedan a miudo casos de violencia
de xénero. Os medios de comunación, como por exemplo o telediario mostran día a
día un novo exemplo de violencia machista na que a muller, polo xeneral, é
asasinada dunha maneira ou doutra.
En certo modo,a información atopase a disposición da
sociedade, co paso do tempo avanzase e todos imos coñecendo máis sobre este
tema,pero eu quero dar lugar a unha pregunta, TOMAMOS VERDADEIRAMENTE EN SERIO
TODOS ESTES FEITOS DE DISCRIMINACIÓN CARA A MULLER OU SIMPLEMENTE SENTIMOS
CERTA PENA POLAS VICTIMAS, EVADINDONOS COA IDEA DE NON ACONTEZA AO NOSO
ARREDOR?
O primeiro que debemos ter claro é que, a violencia de xenero non
só engloba os golpes, insultos etc., este concepto vai moito máis alá e na
sociedade na que vivimos, a pesar de todos os adiantos que existen, a
discriminación cara a muller segue sendo un feito, e existe en cada mínimo detalle
das nosas vidas : nos medios de comunicación (anuncios ,programación
sexista...); na educación infantil, que é onde aparecen os primeiros
indicios hacia a desigualdade , debido a educación impartida polas
familias na que o rol da muller é sempre diferente ao do home, os xoguetes son
calíficados para a nena ou para o neno, a influencia dos amigos e de como se
comportan os demáis etc., na ocupación de postos de traballo, está demostrado
que o home exerce sempre cargos moito máis importantes e mellor remunerados que
a muller a pesar de seren máis as mulleres que hai nas universidades...Todos
estes exemplos aos que a maior parte da sociedade non dá a suficiente
importacia ofrécennos a resposta da pregunta plantexada anteriormente.
Todos, deberiamos concienciarnos de que aínda nos queda moito por
avanzar para alcazar a igualdade plena entre homes e mulleres e que, na medida
do posible, teríamos que contribuir a inserción absoluta da muller sociedade e
intentar abolir por completo todo indicio de discriminación cara a ela. A axuda
está nas tuas mans,ti decides.
Paula Gamallo 4º de ESO A.
7 de nov. de 2011
Teatro e lingua, interdependencia e retos
O vindeiro xoves 10 de novembro os alumnos de 2º de bacharelato teñen programada unha conferencia co título: Teatro e lingua, interdependencia e retos.
O relator será Xosé Lueiro, director da compañía de teatro A Contrabutaca.
Como guía da conferencia, van os seguintes apuntes:
1-PANORÁMICA
HISTÓRICA
1.1-Distinción
entre o feito escénico e o feito dramatúrxico.
1.2-A lingua: Dimensión ideolóxica e dimensión literaria ou expresiva.
1.3-O teatro como
factor de construción nacional.
1.4-Consideración
literaria
1.4.1-Rexurdimento
1.4.2-Irmandades da Fala e Xeración Nós
1.4.3-Xeración de 1925
1.4.4-Teatro na posguerra
1.4.5-Nova dramaturxia galega
1.5-A importancia do teatro independente. Profesionalización e mecenazgo
institucional.
2-OUTROS
RETOS: NORMALIZACIÓN DE TEMAS E DE XÉNEROS
Unha vez substanciada a
batalla identitaria entre lingua e teatro, a actividade teatral debe afrontar
obxectivos non menos importantes para refrendar de forma plena a súa
modernización. A diversificación xenérica
e temática será o seguinte paso a dar por parte de creadores e compañías.
3-“ROBIN HOOD”: A GALEGUIZACIÓN DUN MITO
Dentro
deste proceso de normalización xenérica e temática, inscríbese o fenómeno ROBIN
HOOD, primeiro musical infantil de gran formato representado en lingua galega.
A galeguización do mito británico por parte de PRODUCIÓNS ACONTRABUTACA quedou
recollida no documental titulado “ROBIN HOOD. LEMBRANZAS DUN MUSICAL” filmado
pola produtora audiovisual Producciones Trípode. A través da súa proxección,
iremos testemuñando as claves que configuraron a súa adaptación aos nosos
referentes culturais, e o anecdotario lingüístico que propiciou a súa montaxe e
posterior escenificación en castelán.
3 de nov. de 2011
Vídeoconferencia de Ángel Carracedo
Título: "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial"
Relator: Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.
Contido: unha introdución sobre o ADN será o punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial.
Destinatarios: alumnado de 1º de Bacharelato.
Data e hora: venres 4 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h. Esta hora vén determinada pola diferenza horaria coa cidade de Natal (Brasil), desde onde Ángel Carracedo impartirá a conferencia por estar asistindo a un congreso internacional
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)