Amosando publicacións coa etiqueta televisión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta televisión. Amosar todas as publicacións

28 de feb. de 2020

OBRADOIRO: ROSALÍA DE CASTRO, IMAXE E RECICLAXE



A   Asociación de Escritores en Lingua Galega aproveitando que o 24 de febreiro celebrouse o aniversario da primeira edición de " Cantares Gallegos" , sacou a idea de instaurar esa data como Día de Rosalía  de Castro. Para o EDL do IES Pintor Colmeiro e para a sociedade galega en xeral, mostrar a lingua galega coma unha lingua de cultura e de importancia internaciónal a través da obra e figura de Rosalía de Castro é de vital importancia.


Do día 28 de febreiro ata o 6 de marzo e en colaboración coa Biblioteca do centro, desenvolverase un obradoiro dirixido a todo o alumnado do centro no cal elaboraranse broches e aneis con materiais de reciclaxe. O obxectivo é divulgar a obra de Rosalía e ao mesmo tempo inculcar hábitos de reciclaxe e coidado da natureza. 

9 de maio de 2014

Noticia en Nós TV da presentación do I premio á normalización comercial






Tal e como comentamos nunha entrada anterior, vén de presentarse o I premio Concello de Silleda á normalización comercial e empresarial. O proxecto é resultado da colaboración do ENDL co Concello de Silleda. Neste vídeo reproducimos a noticia tal e como a contaron na canle de televisión Nós TV. Por certo, unha canle que emite en galego: debedes tela todos sintonizada.

17 de nov. de 2013

A videoconferencia do Día da Ciencia en Galego en Nós TV.



O martes 12 de novembro do 2013 a Coordinadora Galega de ENDL organizou unha vídeoconferencia que foi impartida por Jorge Mira, profesor da USC. O acto chegou a 88 centros de secundaria e que foi vista por 5.500 alumnos. O IES Pintor Colmeiro (Silleda) foi un deses centros. Na nova cadea de televisión Nós TV emitiron a noticia. Velaquí o vídeo. A videoconfencia é un máis dos actos do Día da Ciencia en Galego, unha serie de xornadas de reivindicación do uso do galego para o ensino das materias científicas, en protesta polo decreto para o plurilingüismo e en contra de imposicións e prohibicións para a nosa lingua. E grazas a Miguel por ten a impagable idea de gravar o vídeo.

5 de mar. de 2013

No Parlamento Xove e na TVG

Paula Gamallo e Ánxela Llinares, dúas alumnas de 1º de bacharelato son as protagonistas desta noticia da TVG pois chegaron co seu grupo ás semifinais do Parlamento Xove.

18 de maio de 2012

Crónica do Correlingua de Silleda na TVG


Esta foi a crónica emitida pola TVG o pasado 14/05/2012 no informativo Galicia Noticias do mediodia dando conta do desenvolvemento do Correlingua en Silleda. Aparece algún alumno do Colmeiro.



 Na versión dixital do xornal La Voz de Galicia tamén aparece este vídeo.
No Faro de Vigo podemos ler esta crónica: "Mil deportistas máis para o galego"