Durante este curso, desde o departamento de orientación desenvolvéronse diversas actividades en relación coa violencia de xénero. No mes de decembro estivo impartindo unha charla no centro a profesora Ofelia Lema, da USC.
O traballo continuou cun obradoiro sobre a violencia de xénero foi impartido/dirixido polo policía Alejandro Gómez Aragón ao alumnado de 3º de PDC e 4º da ESO.
O traballo continuou cun obradoiro sobre a violencia de xénero foi impartido/dirixido polo policía Alejandro Gómez Aragón ao alumnado de 3º de PDC e 4º da ESO.
INTRODUCIÓN
·
Implicación
do alumnado (motivación).
·
Tema do
obradoiro: Investigación sobre “Violencia de Xénero” como fenómeno social.
·
Aplicación
do método científico: Que?, Como? Por que? Onde? Quen?
DESENVOLVEMENTO DO OBRADOIRO:
1.
QUE?
Definición (alumna): maltrato físico ou psicolóxico cara
unha persoa de sexo oposto.
Definición (Policía): acto de coacción- violencia cara
unha muller polo feito de ser muller, por parte da parella ou exparella (home).
Alumno- E se é unha parella homosexual?
Policía- Non sería violencia de xénero.
Alumno- E se unha muller agrede a un home?
Policía- Sería violencia doméstica.
Antecedentes:
·
No
mundo é a primeira causa de norte en mulleres de 15/45 anos.
·
En
España hai 2, 5 millóns de mulleres que
foron agredidas en algún momento da súa vida..
·
En
España hai 800.000 menores que sofren as consecuencias da violencia de xénero.
1ª CONCLUSIÓN: A violencia de xénero afecta
a unha parte importante da poboación española.
2. COMO se exerce a violencia sobre a muller?
Segue un proceso:
·
Control-
dominación (roles na parella): con quen sae, chamadas, illamento social …
·
Menosprezar,
insultar, chantaxear, manifestacións violentas contra obxectos (fase de
acumulación de tensión … (actos violentos pero non delictivos)
2ª CONCLUSIÓN: Non todo o que é violencia é delito
·
Exércese
a violencia física.
·
Fase de
arrepentimento ou trampa (lúa de mel).
·
Fase de
negación (o agresor nega o ocorrido ou quítalle importancia).
·
REPETICIÓN
DO CICLO ANTERIOR.
3ª CONCLUSIÓN: A violencia de
xénero ten un proceso e vai a máis.
3. POR QUE? Ideas que xorden no grupo:
a. Por celos.
b. Por ter un problema: coas drogas, alcohol …
c. Polos roles sociais …
d. Por exercer a
dominación
Reflexións : o alcohol e outras drogas poden intervir pero non son as causantes. A
educación machista e os roles atribuídos a homes e mulleres na sociedade si
están na raíz do problema.
4.
ONDE SE
PRODUCEN AS AGRESIÓNS?
No ámbito privado,
onde non hai testigos.
5. QUEN? Perfil do maltratador: Non depende da clase social nin da idade nin dos
estudos que teña
4ª CONCLUSIÓN: calquera persoa pode ser
agresor ou vítima.
PREGUNTAS QUE LLE FARÍAN AO AGRESOR:
v
Por que
o fai?
v
Desde
cando sabe que o ía facer?
v
Que lle
fixo ela?
v
Que
faría se el fora a vítima?
v
Se
disfrutou facéndoo.
v
Por que
non parou?
v
Se se
arrepinte.
v
Por que
a ela?
v
Se a
quere.
v
Que
conseguiu con esa actuación?
v
Se cre
que vai ser mellor a súa vida trala
agresión.
PREGUNTAS PARA A
VÍTIMA:
v
Como
empezou todo?
v
Se cría
que podía cambialo?
v
Se cre
que lle deu motivos para que a agredira.
v
Por que
deixou que se repetira?
v
Se o
quere.
v
En que
pensa cando ve á súa parella? Medo ou amor?
v
Se llo
contou a alguén.
v
Por que
non o denunciou?
v
Ser
pensou que a podería matar.
v
Que
motivacións cre que tiña el para facelo?
v
Se lle
parecía ben que os seu fillos vivan nese ambiente.
v
Se cre
que pode ser feliz con esa persoa.