28 de mar. de 2012

Diego Frade: 'Na facultade o castelán é a lingua maioritaria'

por Diego Frade Amil, ex-alumno do Colmeiro. Estuda Grao en Matemáticas na USC
Levo desde o mes de setembro estudando na Facultade de Matemáticas da USC e desde o primeiro día  decateime de algo que xa me esperaba: o castelán era a lingua maioritaria.  Ademais, resultoume (e ségueo facendo) curioso que moitos dos meus compañeiros castelán-falantes, cando falo con eles (eu son desde sempre galegofalante), inmediatamente cambian e comenzan a falarme nun galego que, segundo o meu parecer, semella obrigado. Analogamente, ocorre o mesmo con algúns dos poucos galegofalantes. Pero non só nos alumnos se queda isto, senón tamén no profesorado. Moitos falantes de castelán e algún falantes de galego que a os que tamén lles ocorre o mesmo.
Pero estas son pequenas anécdotas da vida universitarias que ás que co paso dos meses un se acaba afacendo. Só me queda dicir que ao igual que no Colmeiro, aquí tamén hai un profesorado moi curioso. Un saúdo e cóidense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario