Amosando publicacións coa etiqueta película. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta película. Amosar todas as publicacións

29 de out. de 2015

Proxección da película 'O Apóstolo'




'O Apóstolo' é a primeira película de animación stop-motion en tres dimensións realizada en Europa. A produción levou catro anos de traballo. Esteouse finalmente no ano 2012
Para celebrarmos as datas nas que estamos, as do Samaín, e despois do magosto que tivemos esta mañán no insituto, o alumnado de 1º da ESO acudiu a unha proxección da película 'O Apóstolo'

Argumento: Un presidiario evadido vai a unha aldea de montaña recuperar un botín agachado hai anos. Desde daquela, os paisanos desviaron o trazado do Camiño de Santiago para atraer peregrinos. El pretende sair da fonda na que pernocta para procurar o tesouro, mais deberá evitar os veciños... E tamén almas en pena, meigas e quen sabe que máis. Estrea comercial anunciada pola produtora para o 1/11/12.

Palmarés: Primeiro premio no XI Festival de Cine Español de Marsella (2012). Foi a gran vencedora dos premios Mestre Mateo entregados en 2013, levando seis das dez categorías nas que era candidata. O mesmo ano gañou o premio do público no prestixioso festival de Annecy.

Ficha:
Dirección: / Fernando Cortizo
Guionista: / Fernando Cortizo
Intérpretes: / Pedro Alonso / Carlos Blanco / Isabel Blanco / Celso Bugallo / Geraldine Chaplin / Víctor Mosqueira / Paul Naschy / Jorge Sanz / Luís Tosar / Xosé Manuel Olveira Pico
Música: / Philip Glass
Produción: / Rosalía Mera
Produción Executiva: / Dimas Iglesias / Isabel Rey

10 de mar. de 2015

A Esmorga en Silleda


Cantas películas fuches ver ao cine en galego este ano? E en toda a túa vida?
Este venres ás 21.00 horas proxectase na Casa da Cultura de Silleda a película A Esmorga .
As entradas custan 5 euros e poderán mercarse o propio día das proxeccións en taquilla, que se abrirá unha hora antes. Os/as estudantes dos centros educativos de Silleda poderán mercar as entradas ao prezo de 4 euros, acreditando a súa condición de alumnos/as.
Pensamos que se trata dunha excelente oportunidade de achegármonos ao cine en galego. Conviña que este feito nos fixera reflexionar sobre cal é o estado social do galego. Hoxe en Cataluña pódense ver todas as semanas últimas películas que chegan aos cines en catalán. A anterior ocasión na que tivemos oportunidade de ver outra película en galego foi cando se proxectara no noso centro Vilamor, o anterior traballo do mesmo director, Ignacio Villar.

A película está recomendada para maiores de 16 anos. Protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris", Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal e Melania a película realiza, ao longo de 111 minutos, unha crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga, que deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, coma para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran a súa perdición. Trátase dunha versión audiovisual dun dos mellores textos da literatura galega, A Esmorga, de Blanco Amor. Velaquí un aperitivo:

25 de abr. de 2012

Vilamor no IES Pintor Colmeiro



Así foi como se desenvolveu a presentación da película Vilamor o pasado venres no noso insituto. Estes días está estreándose nas salas da comarca. Aproveita para vela, e coméntanos se che gustou

19 de abr. de 2012

Vilamor


Trailer Vilamor from Vilamor on Vimeo.

Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.

O vindeiro venres, o alumnado de 1º e 2º da ESO, participará nunha actividade encol do filme Vilamor


1ª Intervención: Ignacion Vilar: como se fai unha película, proceso creativo dun filme.
2ª Rubén Riós: "por que estamos aquí?", experiencias previas e necesidade de poñer en valor a cultura e a lingua galega a través do séptimo arte.
3º Xoel Yáñez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas da rodaxe.
4º Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.
5º Concurso enfocado ás redes sociais (últimos 5 minutos).
 6º Rolda de preguntas.
 Despois dunha gran acollida nos centros de Lugo e Ourense, a caravana Vilamor desembarca nas outras provincias galegas. O xoves 19 de abril estréase en Pontevedra, Lalín e A Estrada. Os protagonistas estarán percorrendo as zonas cercanas coa súa caravana.

E se queredes saber como se desenvolve unha  sesión do equipo Vilamor nos institutos, velaquí vai un vídeo que o mostra: