Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións

1 de xuño de 2018

Gañadores do Concurso de Carteis SEMPRE EN GALEGO.


Un ano máis vimos de outorgar os premios  aos gañadores do Concurso de Carteis 2018, SEMPRE EN GALEGO, este curso co lema do Correlingua , A lingua non para.
Outorgáronse catro premios aos mellores carteis . Os gañadores desta edición son:

Xoana García Iglesias. 1º Premio. 1º B

Aroa Miguélez Agra e Malena Mato Malgarejo. 2º Premio. 1º B

Eugenia Saavedra Guerra . 3º Premio. 1º C

Natalia Enriquez Martínez , Sandra Campos Fuentes e Adrián Fondevila Fernández, 4º Premio. 2º PMAR

Moitos Parabéns.





29 de maio de 2017

Carteis gañadores do Correlingua 17

Concurso de carteis "Correlingua 17"

     O alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Pintor Colmeiro elaborou unha morea de carteis con lemas a prol do uso da nosa lingua.

Os gañadores desta edición foron:

                                                        









16 de maio de 2014

Medición da torre de bombeiros de Silleda



Alberto Fariña, Isidro Gil e Román Estévez (1º Bach Ciencias) realizaron este vídeo para presentar no concurso explícoche matemáticas 2.0, organizado pola Facultade de Matemáticas da USC. Non foi posible que o escolleran entre os finalistas, pero seguro que vos interesará esta aplicación trigonométrica no entorno próximo.
Nesta peza audiovisual quixeron mostrar unha aplicación práctica das matemáticas que coñecen. A trigonometría permítenos aplicar o coñecemento dunhas matemáticas básicas ao noso entorno. Escollimos unha construcción moi visible desde a N-540 situada na estrada de Silleda a Lalín, no polígono industrial de Silleda. Trátase da torre de bombeiros da localidade. Aplicando a semellanza de triángulos e tendo en conta a propiedade que determina que o ángulo de incidencia coincide co de reflexión, bastábanos un espello e un observador . Marcamos sobre o espello o punto no que o observador vía o punto máis alto da torre. Medimos:

  • A distancia dos ollos do observador ao chan.
  •  A distancia do observador o punto do espello
  •  A distancia da torre ao punto do espello
A partir disto para calcular a altura da torre é ben simple, basta con aplicar o concepto de semellanza de triángulos.


24 de maio de 2013

Entrega dos premios aos carteis do Correlingua 2013

Un ano máis volvimos a convocar o concurso de premios aos carteis dos participantes na edición Correlingua deste ano.
As gañadoras foron Alba Fuentes Pérez (1ºB), Victoria Requeijo Castro (1ºB) e Gala Sáncez García (1ºB) . Velaquí cartel polo que recibiron o primeiro premio:


E o segundo premio, realizado por Ramón Rodríguez Villanueva (2ºB), David Granja Fernández (2ºB) e Alejandro González Maril (2ºB):


 Aproveitamos a presenza de Antonio Reigosa no noso centro para que fose el quen lle entregara os agasallos aos alumnos gañadores.
Reigosa entregando o 2º premio
 Presentación do traballo gañador







Antonio Reigosa coas gañadoras do concurso



29 de maio de 2012

Concursos de microcurtas e microrelatos

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Silleda , que dirixe a alcaldesa Paula Fernández Pena, vén de convocar un concurso de microcurtas e outro de microrrelatos.
As obras presentadas a calquera deles, deberán estar integramente feitas en Lingua Galega, e poderán concursar todas as persoas que teñan entre 12 e 20 anos e estean censadas en Silleda.
As micro curtametraxes deberán ter unha duración máxima de 8 minutos e versar sobre a situación da lingua galega na sociedade contemporánea e o uso cotián do galego en calquera entorno social. Poderán estar editadas e tamén ser ou non de ficción.
 As obras audiovisuais teñen que ser entregadas no Concello de Silleda, ou enviadas por correo á Casa Consistorial, en formato DVD PAL. Deberán entregarse co título e cun pseudónimo escritos, e acompañados dun sobre pechado onde tamén aparezan o título da obra e o pseudónimo no exterior do mesmo, e que conteñan unha tarxeta con todos os datos persoais do realizador.

Os microrrelatos non poderán superar os 300 caracteres de extensión e a temática é libre, aínda que tamén teñen que estar integramente en galego. Deberán presentarse tamén no Concello, ou ben en rexistro ou ben a través do correo postal, impresos en A4 e firmados cun pseudónimo. Coma no caso anterior tamén deben ir acompañados dun sobre pechado onde por fóra estea escrito o pseudónimo e no interior unha tarxeta cos datos persoais.
 Só haberá un gañador de cada modalidade, e o xurado encargado de valorar as obras estará formado por dous profesionais dos medios de comunicación e pola Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena.
 Premios
O autor do mellor microrrelato gañará un e-book e o da mellor microcurta gañará un tablet; ambos premios están valorados en 100 euros; asemade, os centros educativos aos que pertenzan gañarán un lote de libros en galego cada un, valorados en 50 euros. O prazo para presentar os traballos comeza o vindeiro dia 14 de maio e rematará o 30 de xuño de 2012, e as bases atópanse en www.silleda.es.

26 de abr. de 2012

Edubarrié convoca un concurso sobre Valentín Paz Andrade


Co gallo do Día das Letras Galegas, a Fundación Barrié a través da súa canle educativa educaBarrié pon a disposición dos estudantes dunha webquest dedicada ao home de letras, avogado e empresario pontevedrés Valentín Paz Andrade. Haberá un premio aos mellores traballos individuais para o alumno/a que destaque en calquera dos cinco roles que se asignan no traballo. Os roles serán os seguintes: Valentín Paz Andrade, Antón Villar Ponte, Manuel Antonio, Vicente Risco e mais Castelao. E tamén un premio para o xornal mellor elaborado e maquetado no seu conxunto.
Toda a información aquí.

3 de dec. de 2011

Logo do EDL

Xa o vedes, o logo do Equipo, escollido entre todas as colaboracións presentadas no mes pasado. Obra de Carla Filloy Cangas (1º ESO)

17 de nov. de 2011

Preparando o Nadal

O Nadal está próximo e propoñémoste que nos axudes a preparalo. Xa hai varias persoas traballando nas seguintes propostas. Ti tamén podes participar, basta con que te poñas en contacto con calquera membro do Equipo.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta) vén de convocar un concurso de presentacións electrónicas para o Nadal (.odp, .ppt, .pptx). Aquí tes varias ideas doutras realizadas o curso pasado. Un consello: procura que o que fagas teña imaxes orixinais. Non pode pasar das 10 diapositivas, pero si pode ter menos. Cando teñas o traballo feito, entréganolo, que xa llo enviamos nós. Data límite: 9 de decembro.

A Coordinadora Galega e Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ofrécenos a posibilidade de que postais feitas por nós poidan usarse para enviar felicitacións de nadal por e-mail. Nestes días en 1º da ESO comenzarán a traballar  na súa elaboración.

Invitamos a todos os que queiran sumarse a estas inciaitivas ... e que sexa antes do nadal!

14 de out. de 2011

Concurso de debuxo

Concurso de debuxo para o Equipo de Dinamización da Lingua (o de Normalización, vamos).
Podes participar en dúas categorías: deseño dun logo para o EDL (1º e 2º da ESO), deseño co lema "aquí atendémolo en galego"