Amosando publicacións coa etiqueta tradicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradicións. Amosar todas as publicacións

11 de feb. de 2016

Xenerais de Lamela no entroido do Colmeiro

No festival de entroido celebrado o pasado venres 5/02/16 tivemos a visita dos Xenerais de Lamela, que nos mostraron en que consistían as vestimentas e a tradición destas festas nas terras da Ulla

26 de maio de 2013

Galicia encantada

Aproveitamos a ocasión de que Antonio Reigosa estivo no noso centro e que agora temos unha aula co seu nome para divulgar un moi recomendable espazo web que ten moita relación con el: Galicia encantada, a enciclopedia da fantasía popular en Galicia.
Sabemos que moitos traballáchedes o tema das lendas. Neste portal podedes consultar moitas e incluso podedes enviar as que vós recollíchedes.

15 de feb. de 2012

Entroido en Silleda

Ademais da gran cantidade de recursos con que nos fornece a CGENDL para o entroido, sen sairmos de Silleda temos unha boa colección de alternativas para mergullarnos no espíritu de Don Carnal.
O certo é que temos un entroido para sentírmonos orgullosos, cunha característica diferencial importante, única no mundo. Estamos a falar dos Xenerais da Ulla que percorren as parroquias a cabalo dando vivas e acompañados dos seus correos, dun exército de comparsas e abandeirados. Rematan escenificando un alto no que fan sátira dos máis variados asuntos acontecidos durante o ano.