Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta poesía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía b>. Amosar todas as publicacións
3 de xuño de 2016
Manuel María polo centro
Para espallar o coñecemento da obra de Manuel María, o alumnado realizou varios murais que están visibles polas escaleiras do centro.
27 de maio de 2016
Homenaxe a Manuel María: A fala
Alesandra Bazán e Belén Ansedes de 1º de bacharelato fixeron este traballo audiovisual para homenaxear a Manuel María co seu poema 'A fala'.
Este é o primeiro dos traballos da Homenaxe a Manuel María que lle fan os alumnos do Colmeiro.
15 de maio de 2016
Fotografías da visita a Manuel María
Escolma de fotografías da visita que o alumnado do noso centro fixo á Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei este pasado xoves
13 de maio de 2016
Percorrido pola paisaxe poética de Manuel María
Co obxectivo de levar a cabo unha viaxe á Casa Museo de Manuel María e á Terra Chá, elaborouse esta unidade didáctica que serviría de guía ao alumnado do IES Pintor Colmeiro nesta viaxe organizada polo Departamento de Galego e realizada este xoves 13/05/16
24 de feb. de 2016
#IESColmeiro240216 #mobilizaRosalía
Un ano máis a Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, convocou aos centros de ensino a sumarse á celebración do Día de Rosalía.
Nesta edición a AELG propuxo un chío masivo dos versos do V poema de Cantares Gallegos:
Iso que tivemos problemas de última hora coa conexión, que comenzou a ir moi lenta, e sobre todo coas redes Wifi do centro, que non lle permitiron cargar os chíos a aqueles que estaban sen datos no móbil (que non eran poucos).
Pero finalmente conseguímolo. Nas seguintes imaxes podes ver o resultado final
e continúa:
non se acabou:
Nesta edición a AELG propuxo un chío masivo dos versos do V poema de Cantares Gallegos:
Trocando en sonrisasNós quixemos ir moito máis alá. Velaquí estabamos, pegándolle ao Twitter, coa encomenda de escribir o poema IV de Cantares Gallegos no timeline co hastag #IESColmeiro240216... e case nos saeu perfecto.
queixiñas e choros
Iso que tivemos problemas de última hora coa conexión, que comenzou a ir moi lenta, e sobre todo coas redes Wifi do centro, que non lle permitiron cargar os chíos a aqueles que estaban sen datos no móbil (que non eran poucos).
Pero finalmente conseguímolo. Nas seguintes imaxes podes ver o resultado final
e continúa:
non se acabou:
e aínda queda un:
8 de xuño de 2015
Do verso á ágora con Antía Otero
O xoves 28 de maio. Clases pola tarde. Unha calor abafante. Tocaba falar de poesía. A cousa non pintaba ben, pero sucedeu o que poucas veces pasa. A rapazada de 1º da ESO enganchouse desde o principio e a pesar de todos os condicionantes adversos, Antía Otero levou ao alumnado nunha apaixonante viaxe polos roteiros da poesía.
Estes que deixamos aquí foron algúns, só algúns dos traballos que abrollaron nesa máxica tarde. Esperamos non tardar en ofrecervos máis noticias sobre ese obradoiro.
5 de xuño de 2015
Poesía nas matemáticas
O Faro de Vigo tróuxonos unha nova referencia a unha das actividades promovidas desde o ENDL: a participación no concurso de esopías convocado por Agapema e EducaBarrié.
Como xa comentamos noutra ocasión, o alumno do Colmeiro Alberto García foi o gañador na categoría do 2ºciclo ESO-bacharelato. Como noutras ocasión, traducimos a reportaxe:
Como xa comentamos noutra ocasión, o alumno do Colmeiro Alberto García foi o gañador na categoría do 2ºciclo ESO-bacharelato. Como noutras ocasión, traducimos a reportaxe:
De Esopo sábese que foi un fabulista grego do século VI antes de Cristo, autor de contos nos que os animais compórtanse como seres humanos. Pola súa banda, o número pi, que marca a relación entre a lonxitude dunha circunferencia e a súa diámetro, de modo que aquela sempre mide 3,1592 [sic] veces o que mide o diámetro, é aplicable tanto en física e ingeniería como en astronomía. Así que, como nun xogo de palabras e mesturando matemáticas e literatura, Agapema convoca por terceira vez a súa Certamen de Esopías. Un dos seus primeiros premios recaeu nun alumno trasdezano.
19 de maio de 2015
Mariña Castro premiada no II Concurso Literario María Vitoria Taboada
Mariña Castro Fontao, alumna de 4º do noso centro, recibiu o 1º premio de poesía no II Concurso Literario María Vitoria Taboada, convocado polo IES Ramón Mª Aller (Lalín). Mariña foi premiada nas dúas edicións do concurso, o cal indica as súas calidades que xa son recoñecidas polos autores de blogues literarios xa consagrados.
Na foto aparece Mariña recitando os seus versos nun momento da entrega do premio o pasado venres 15/05/15.
O xurado cualificou así a obra de Mariña:
Velaquí a obra premiada:
Na foto aparece Mariña recitando os seus versos nun momento da entrega do premio o pasado venres 15/05/15.
O xurado cualificou así a obra de Mariña:
Valoración do xurado
O xurado significa destes poemas "a disposición dos versos e o exquisito lirismo co que a autora desenvolve o periplo vital da infancia á mocidade adubado este dunha sutil perspicacia que logra interiorizar os “cairos” cos que o suxeito lírico se afianza na busca dunha férrea integridade, “Medras nun vertedoiro de emocións que tratas de afogar coa almofada”; para concluír cunha existencial reflexión, na que tenta fuxir da fatal agonía, intrínseca ao ser humano."Parabéns, Mariña.
Velaquí a obra premiada:
I.
Na gaiola de xoaniñas,
chámanlle infancia
unha pechadura impenetrable
protexe os ollos do meniño
de tornarse vermellos e salgados
pola verdade.
No recinto ateigado de portas
chámanlle xuventude
xurdiu a chave
deixou a criatura ceiba
indefensa
mordeuse até quedar en carne viva.
Que organismo ousará xurdir
nesta estepa seca
na que pretendemos construír
un camiño de rosas
que murchan?
Onde non hai máis ca calafríos
na nada.
Estatuas de marfil
e cairos de algodón
que enganan.
II.
Alma difusa
orquestra cadáver
Páxinas molladas
con demasiados borranchos
Coma cristal de botella
rota pola carraxe
o líquido derrámase
repta polo chan
chega aos sumidoiros
descansa na podremia.
Namoraches
do teu propio monstro
Creaches
o teu propio libreto
Neste teatro dos voraces
ten máis liñas ca o resto
Mentres ti, prima donna
te preguntas
cando vai estar lista
a túa máscara impasible.
Medras nun vertedoiro
de emocións
que tratas de afogar
coa almofada.
Descansa, miña rula,
a ver se a noite che leva as ambicións
e che trae vicios.
III.
Coma árbores
coas raíces traballando na busca de auga
coas ramas decidindo por onde agromar
co froito que xorde
cando te alimentas de luz allea
coas follas que te enchen
cobren
afogan.
Por iso agora es tinta
mergúllaste en augas que non che pertencen
e ao volverte líquido mudaches en mar.
Non tes que facer nada
só existir e ser eterno
mentres te habitan as sereas
cantándoche as túas eivas
es a vida por onde non corre o tempo.
Non corre
porque tropeza.
Chóveche no corazón
e na cabeza
supuras
cores que non existen
murmuras.
No mundo das fantasías
quero quedar
onde as nubes son moi altas
e camiño descalza
onde non preciso valor.
E se Deus está a observarme
sácolle a lingua.
23 de xuño de 2014
Ti e máis eu
"Tí e máis eu", de Celso Emilio Ferreiro foi o poema sobre o que David Varela Salgado (1º bacharelato) realizou un vídeo.
19 de maio de 2014
Accésit de poesía do Concurso Mª Vitoria Taboada
O coello de Alicia que me guía
Pintando as rosas de vermello
Cae pola toco
Florece, murcha
Adormece, resucita
Anxos escuros
que lle brindan murmurios
Ás negras, intencións claras.
Escóndete
Poden ver todas as túas inseguridades, almiña podre.
Non creo todo o que vexo,
non digo todo o que penso
calo todas as verdades.
Intenta camuflarte.
Sendo escoura,
estas maxestades caídas coñecen a túa historia.
Reverénciate cara á morte.
Halos, pureza.
Veleno nas veas.
Non é suicidio
se por dentro estás xa completamente baleiro.
Coma o rumor dun río.
Coma a seca que chega despois.
Corre o sangue.
Anda o sangue.
Para o sangue.
Para a vida.
RUBÍ
Ollos de cristal
Luz de vendaval
Bágoas de chumbo
Pesan nas meixelas
Esa boneca de trapo que ninguén quere
Espertou do seu sono e comezou o pesadelo
A triste ilusión dun cadáver que respira
Chamando por un corazón sen negróns
xace nun ataúde
sen velas
sen flores
sen choros
sen cores.
Sendo unha pantasma cargando un abrigo de carne e óso.
Unha alma rota por todos eles.
Por todas vós.
Ata a corda, afía a coitela, dispara a arma...
Voan paxaros engaiolados.
ESCARLATA
Afogada no seu propio mar
zoada na súa propia marea.
Arde coma Roma
fría coma un caramelo.
Un león que non recoñece o seu reflexo no lago.
Non pode soportar
as pedras que tiran a dar.
Os monstros inquilinos nela.
Miña xoia, mente insalubre.
Voan balas, dan no branco
No negro da promesa esquecida.
No vermello do sangue verquido.
A maquillaxe dun sorriso perdido,
encontráronme queimado en cinzas,
coma un ritual
un musical
unha pantomima
Unha obra que xamais se estreará
Non se oen aplausos.
Só as campás.
Mariña Castro Fontao
14 de maio de 2014
Penúltimas tendencias. Un vídeo e unha presentación
Para rematar coa serie de traballos realizados polo noso alumnado arredor da última visita que nos fixo Carlos Negro, achegamos un vídeo e unha presentación sobre Penúltimas tendencias. O vídeo é obra de Ángela:
E a presentación foi realizada por Julián:
E a presentación foi realizada por Julián:
10 de maio de 2014
Edición especial do Colmeiro de Penúltimas tendencias
Ana Colmeiro Corral e Martina Domínguez Rodríguez realizaron este fermoso traballo sobre o libro de Carlos Negro, Penúltimas Tendencias.
Se vos gusta o documento, imaxinade ter o orixinal nas vosas mans. Unha mágoa que sexa unha edición difícil de conseguir.
Se vos gusta o documento, imaxinade ter o orixinal nas vosas mans. Unha mágoa que sexa unha edición difícil de conseguir.
25 de mar. de 2014
Día da Poesía na prensa
No Faro de Vigo comentaron a visita que o poeta Raúl Gómez Pato nos fixo o pasado venres para celebrar o Día da Poesía, acompañado do músico Héctor Lorenzo. Velaquí recollemos a noticia:
O día, onte, escribiuse en versos. A comarca celebrou en Día da Poesía da mellor forma que se puido facer, honrándoa a través do recitado de poemas.
22 de mar. de 2014
Nós cantar cantamos (35 e 36)
Eu cantar, cantar, cantei,
A grasia non era moita.
¡Mais que faser, desdichada,
Si non nacín máis grasiosa!
![]() |
Ilustración de Daniel Cuñarro |
Nós cantar cantamos (33 e 34)
Non me espriquei cal quixera
Pois son de espricansa pouca;
Si grasia en cantar non teño
O amor da pátria m'afoga.
![]() |
Ilustración de Fátima Fernández |
21 de mar. de 2014
20 de mar. de 2014
12 de mar. de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)