Ao impoñerse a LOMCE a partir do próximo curso ábrese a posibilidade de propoñer novas materias optativas dentro da epígrafe correspondente ás materias de libre configuración do centro. Aproveitando esta posibilidade no Colmeiro fíxose, entre outras, unha proposta cunha evidente carga normalizazdora. Consiste nunha materia denominada "Cultura lusófona" que se explica con certo detalle no seguinte documento:
A lingua coñecida internacionalmente como “Portugués” é falada por máis de
douscentos cincuenta millóns de persoas, e a sexta en número de falantes a nivel global. O
facto de que a lingua portuguesa tivese nacido no Reino da Galiza provoca que a
proximidade existente entre as falas galegas e as do resto da lusofonía permita que calquera
alumn@ galeg@ poida alcanzar graos altos de competencia en relativamente pouco tempo.
Desde o punto de vista profesional, Portugal é o principal destino das exportacións
galegas e Brasil ten o sétimo PIB máis alto do mundo, con previsión de que continúe
avanzando posicións.
O coñecemento do estándar portugués facilita tamén acceder a un posto de traballo
de calquera insitución comunitaria, pois para un galeg@ non computa como lingua materna
e si como unha das dúas “extranxeiras” das que ten que demostrar o seu coñecemento.
Do mesmo xeito, o estudo da lingua portuguesa repercutirá positivamente no
coñecemento da lingua propia e nunha maior estimación derivada da toma de conciencia da
súa verdadeira dimensión internacional.
A proposta metodolóxica non pasa por estudar unha lingua nova "desde cero" senón
en facer unha transición dende a norma estándar do Galego para a lingua portuguesa. Esta
materia sitúase no marco da “I niciativa Lexislativa-Popular Valentín Paz-Andrade, para o
aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía” aprobada por unanimidade
polo Parlamento de Galiza en sesión do 14 de maio de 2013.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
Amosando publicacións coa etiqueta normalización b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta normalización b>. Amosar todas as publicacións
17 de xuño de 2015
26 de maio de 2015
Entrevista a Gonzalo Navaza
Gonzalo Navaza acudiu ao noso centro para colaborar no proxecto de revitalización das lendas e a toponimia premiado co Antonio Fraguas polo Museo do Pobo Galego. Sonia e Martina entrevistaron ao especialista en toponimia Gonzalo Navaza o pasado 7 de maio de 2015.
23 de maio de 2015
Nova carta dun restaurante
Novo menú dun restaurante de Silleda elaborado grazas á supervisión dos departamentos de linguas do centro. Trátase de poñer de manifesto a importancia e a necesidade de ofrecer aos clientes cartas en galego, e noutras linguas, con corrección lingüística.
21 de maio de 2015
En Silleda presumimos de galego
A Coordinadora Galega de ENDL propúxonos aos Equipos de Normalización que graváramos a fala dos mozos dos nosos centros para que puideran Presumir de de >GALEGO< . Por que? Pois porque existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30... ningún chegamos aos 18! Invitámosche a que entres na páxina da CGENDL e que busques os nosos podcasts:
Gravacións> Provincia: Pontevedra> Concello: Silleda.
Tamén os podes escoitar aquí, nesta entrada. Son gravacións moi curtas de xente que coñeces. Eles poden presumir de galego, e ti? Seguro que tamén.
Conversa informal
Co obxectivo de escoitarmos a un grupo de rapaces de 13-14 anos coa fala das terras de Silleda, grabamos esta conversa informal nun grupo formado por tres deles : Carlos Taín, Laura Diéguez e Marcos Caetano
A lenda do Pelapatacas
Laura Diéguez Troitiño cóntanos a lenda do Pelapatacas
A pesca
Juan José fálanos da súa afición: a pesca. Cóntanos con quen a practica e as técnicas que usa
A lenda do San Xoán
David Mato fálanos dunha lenda da noite de San Xoán
A lenda do casamento
Carlos Taín Gil fálalos dunha lenda sobre o que debían facer os homes cando casaban
A lenda do Carro de Ouro
Lucía Dapena Carracedo, cóntanos a lenda do Carro de Ouro
Os Xenerais da Ulla
O alto dos Xenerais editar audio A dos Xenerais da Ulla é celebración tradicional do antroido típica das terras da beira do río Ulla. Marcos Caetano Vázquez, infórmanos das súa orixes

13 de maio de 2015
Para nós o galego é...
O alumnado de primeiro da ESO estivo traballando nas sesións de titoría titoría con actividades de reflexión sobre a situación social da lingua galega e destacando valores positivos que reforcen o seu uso.
Nestes vídeos vemos os resultados de parte dese traballo no que o alumnado nos presenta carteis con ideas que explican ideas elaboradas por eles mesmos.
8 de abr. de 2015
Centro do Concello de Silleda
Nesta curta, Denise Varela, Sonia Troitiño e Carlos Mato(2º bacharelato) tratamos de explicar o que é o centroide dun polígono e cómo calculamos o do noso concello de Silleda. Podedes votala no concurso Explícoche matemáticas 2.0
Trátase de resolver o problema de atopar o punto central dunha rexión plana de fronteira irregular como a do Concello de Silleda. O caso dos polígonos regulares ou dos rectángulos é ben simple pero a pouco que se complique o polígono increméntase moito a dificultade do problema. O centroide debe poder determinarse a partir das coordenadas dos vértices do polígono. Nós aproximamos a fronteira de Silleda mediante un polígono de 597 lados. Sobre este polígono calculamos o centroide sobre un sistema cartesiano Para obter as coordenadas xeográficas considramos o centroide como punto de corte de dous segmentos.
Velaí que o punto central do concello de Silleda é unha veiga chamada Pena Vidal, no lugal de Bustelo, na parroquia de Escuadro, apenas a 2700 m do noso centro. Neste mapa pódese ver a súa localización exacta. A quen lle temos que agradecer esta determinación é ao profesor e compañeiro Xoán Carlos Porral, sen o seu coñecemento da topografía silledense seríanos imposible chegar a ela.
10 de mar. de 2015
A Esmorga en Silleda
Cantas películas fuches ver ao cine en galego este ano? E en toda a túa vida?
Este venres ás 21.00 horas proxectase na Casa da Cultura de Silleda a película A Esmorga .
As entradas custan 5 euros e poderán mercarse o propio día das proxeccións en taquilla, que se abrirá unha hora antes. Os/as estudantes dos centros educativos de Silleda poderán mercar as entradas ao prezo de 4 euros, acreditando a súa condición de alumnos/as.
Pensamos que se trata dunha excelente oportunidade de achegármonos ao cine en galego. Conviña que este feito nos fixera reflexionar sobre cal é o estado social do galego. Hoxe en Cataluña pódense ver todas as semanas últimas películas que chegan aos cines en catalán. A anterior ocasión na que tivemos oportunidade de ver outra película en galego foi cando se proxectara no noso centro Vilamor, o anterior traballo do mesmo director, Ignacio Villar.
A película está recomendada para maiores de 16 anos. Protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris", Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal e Melania a película realiza, ao longo de 111 minutos, unha crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga, que deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, coma para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran a súa perdición. Trátase dunha versión audiovisual dun dos mellores textos da literatura galega, A Esmorga, de Blanco Amor. Velaquí un aperitivo:
12 de dec. de 2014
Premios dos concursos silledagasalla
Estes son os premiados dos concursos de lemas e de debuxos da campaña silledagasalla na que os ENDL do Colmeiro e dos colexios de Silleda colaboran co Concello e ECOS na campaña de nadal.
Andrés López Durán, Laura Míguez Caramés, Lara Silva Muíños, David Varela Vázquez e Eva Vázquez Montero
10 de dec. de 2014
Exposición dos traballos do concurso silledagasalla
Velaquí como nos quedou a exposición dos traballos do concurso silledagasalla que realizamos en colaboración co Concello de Silleda, ECOS e os centros escolares do municipio.
24 de xuño de 2014
Entrevista a Arcolar en Radio Colmeiro nº9
P: O curso pasado o ENDL do Pintor Colmeiro fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística de Silleda e obtivemos como resultado que no 70% da cartelería comercial o galego estaba excluído. A que pensa que é debido isto?
R. A que moita xente segue tendo como idioma propio o castelan non considera o galego como o seu idioma na súa fala normal
P: Desde cando usa o galego no seu negocio?
R . Desde sempre, sempre se usou o galego aqui
P: O galego forma parte da identidade da empresa?
R. Pois no que é as tarxetas que facemos nos os carteis e asi si, os que nos veñen de fabricas como non son fabricas de aqui non, no que nos facemos si que tratamos de usalo
P Por que tomaron esta decisión? Por que decidiron apostar pola nosa lingua ?
R: Porque como sempre nos expresamos en galego e falamos xa en galego pois e o noso idioma o que consideramos o noso idioma
P:Chamou a atención entre a súa clientela este detalle?
R: Considerano normal non o ven raro
P: Tiveron algún tipo de contratempo por ter etiquetado [o produto] en galego?
R: Non
P:Teñen as etiquetas de información [do produto ]en galego?
R: Non porque moitas veñen xa veñen feitas de fabricas e son fabricas que non son de aquí entonces non
P:Ten vantaxes a venda do produto en galego?
R. e que a maioria da xente de por aqui fala galego enton entendeste mellor e a sua lingua e ao falar nesa pois entendeste mellor, a xente das aldeas, a xente maior fala galego entonces xa
P: Notou algún cambio, vantaxe ou inconveniente por vender o seu produto en galego?
R. non
P: Pensa que foi unha decisión arriscada?
R: Non. Eeu penso que e unha cousa normal vexoo como normal non vexo unha cousa distinta, vexo unha cousa normal.
P: Acolléronse algunha vez a algunha axuda para a normalización?
R. Non, nunca.
P: É o galego unha lingua apta para o mundo empresarial?
R: Si e non. Si cando falas con xente de por aqui cando falas on fabricas de aqui falamos en galego, con proveedores de aqui e de Galicia falamos en galego. Cando son de fóra non, pero si cando son de aqui falas en galego .
P: Animaría a outros empresarios ao uso normalizado do galego?
R: Eu si se e o idioma que falan e o que debe ser e o que teñen que usar
P: Bueno grazas pola entrevista
23 de xuño de 2014
Inauguración do carballo de cerámica
Venres 20 de xuño. Último día de clase.
Moitos alumnos da ESO en colaboración co profesor de plástica, Bernardo, traballaron na elaboración das follas do carballo de cerámica. Fixéronas unha a unha, con todo o coidado e agarimo.
Por iniciativa da profe dos libros, Gracia Santórum, moitas das follas levan escrito o título de 50 obras da literatura galega contemporánea: Makinaria, ....
O acto de inauguración da obra foi tan sinxelo como bonito. O autor da obra, o artista silledense Antonio González Abal, explicou o que para todos os membros da comunidade educativa do Colmeiro é obvio; contounos que a árbore era unha recreación do símbolo do centro e proclamou a necesidade de que as nosas terras estiveran inzadas de carballos, e non de eucaliptos como o están na actualidade. Esta petición ten unha traslación inmediata á situación lingüística do galego, basta lembrar o artigo de Nel Vidal titulado 'Eucaliptos e plurilingüismo'.
De seguido varios alumnos, sobre todo alumnas, recitaron algúns poemas de Díaz Castro, o autor protagonista do 17 de maio deste ano.
Para finalizar o acto o alumnado de 1º de bacharelato regalounos unha batucada interpretada con material de refugallo.
Quedamos todos cunha fermosa impresión do último día lectivo do curso 13-14.

22 de xuño de 2014
Reflexións arredor de "Linguas cruzadas"
O alumnado de 4º ESO B chegou ás seguintes conclusións logo da visualización do documental "Linguas Cruzadas"
• 7 alumnos falan galego e 1 castelán.
O que fala español faino porque é o que se fala na casa e resúltalle o máis práctico. A súa familia ven de fóra.
6 dos que falan galego fano porque é o que se fala nas súas casas e faláronlles galego desde pequenos.
1 alumno fala galego, aínda que na súa casa fálase español porque a súa nai é de fóra.
Aprendeu a falalo cos seus avós paternos, que sempre falan galego. Fálao porque o prefire.
• En xeral opinan que moitos mozos falan castelán porque pensan que “é máis fino”.
• Todos os galegofalantes din que falan español se é con xente de fóra.
Con amigos de aquí que falen español, 3 din que tamén falan español porque se senten incómodos falando galego, pero 1 di que se é unha persoa de moita confianza fala galego igual.
Os outros 4 falan galego aínda que lles falen en español, aínda que 1 deles fala español coa súa nai e coa familia da súa nai, que son de fóra.
• A alumna castelanfalante fala galego na clase e cando se enfada.
• Observan que a opinión do seu entorno castelanfalante é que eles falan “de monte, bruto”.
• 1 alumno fala sempre galego normativo e os outros 6 ás veces, con adultos ou con “xente importante”.
• Os 8 alumnos pensan que hai conflito lingüístico en Galicia.
• Os 8 alumnos pensan que na oferta de ocio predomina o castelán, tanto na televisión como en internet: películas, novelas, series, anuncios …
• Os 7 alumnos galegofalantes pensan que o galego ten bo futuro e que eles mesmos van seguir falando galego sempre. A 6 gustaríalles falarlle galego aos seus fillos e 1 falaríalles castelán.
9 de xuño de 2014
Entrevista á Ferretería Valiño (Radio Colmeiro nº 8)
Jorge Méndez e Samuel Rodríguez achegáronse ata o núemero 45 da rúa Progreso (Silleda) para falar con José Luis Valiño Vila, un dos responsables da Ferretería Valiño.
Ésta é a terceira entrevista que realimos a un comercio da vila. Pretendíamos facer unha cada mes, pero as cousas non sempre saen como se proxecta. Tamén pensabamos que o seu número sería maior, pero ante o final de curso sabemos que ésta será a última polo momento. O vindeiro ano queremos retomar o tema e xa temos no fol media ducia de empresas ás que acudir. Pôlo momento teremos que pedirlle disculpas a aquelas ás que anunciaramos que acudiríamos e que finalmente non recibiron a nosa visita. Pero todo se andará.
Aquí vos queda o audio da entrevista xunto co esencial da mesma transcrito máis abaixo:
Hoxe o equipo de radiocolmeiro decidimos desprazarnos ata a tenda de Valiño en Silleda Ímoslle facer unhas preguntas acerca do uso do galego no seu negocio
P:Dende cando utilizades o galego no negocio?
R: Moi pouco, moi pouco coloquialmente si, pero a nivel oficial e productos marcaxe e denominación facer tickets e albarans non utilizamos ainda o galego, estamos en vias de facelo.
P:Podes dicir que forma parte da empresa?
R: Pretandese que sexa así arrastramos unhas secuelas en castelán que ainda non estamos na galeguización total.
P: Védeslle vantaxe na hora de que se utilice o galego ao vender os vosos produtos?
R: Coloquialmente falamos todo en galego ou casi todo senenbargo a hora de escribilo pasamos ao castelán, pero a ventaxa, ao coñecer o galego para unha persoa que non fora galega estando e vivindo nun pobo e tratar de estar nun comercio como o noso só co castelán sería dificil poder defendelo, sería ventaxoso coñecer o galego.
P: E animarías ao resto de empresarios a utilizar o galego a hora de atender aos clientes?
R: Si, si si animaría de feito repito o de antes coloquialmente xa falamos galego basicamente co cliente falase en galego.
P: Notas cambio cando utilizas o galego ca xente?
R: O noso cliente é eminentemente rural gústalle ser atendido mais en galego que en castelán, o castelán parece un pouco mais de señoritos que o galego coloquial que falamos co cliente.
P: Bueno, pois moitas grazas polo teu tempo e ata aquí.
R: Veña sorte. Grazas.
Ésta é a terceira entrevista que realimos a un comercio da vila. Pretendíamos facer unha cada mes, pero as cousas non sempre saen como se proxecta. Tamén pensabamos que o seu número sería maior, pero ante o final de curso sabemos que ésta será a última polo momento. O vindeiro ano queremos retomar o tema e xa temos no fol media ducia de empresas ás que acudir. Pôlo momento teremos que pedirlle disculpas a aquelas ás que anunciaramos que acudiríamos e que finalmente non recibiron a nosa visita. Pero todo se andará.
Aquí vos queda o audio da entrevista xunto co esencial da mesma transcrito máis abaixo:
Hoxe o equipo de radiocolmeiro decidimos desprazarnos ata a tenda de Valiño en Silleda Ímoslle facer unhas preguntas acerca do uso do galego no seu negocio
P:Dende cando utilizades o galego no negocio?
R: Moi pouco, moi pouco coloquialmente si, pero a nivel oficial e productos marcaxe e denominación facer tickets e albarans non utilizamos ainda o galego, estamos en vias de facelo.
P:Podes dicir que forma parte da empresa?
R: Pretandese que sexa así arrastramos unhas secuelas en castelán que ainda non estamos na galeguización total.
P: Védeslle vantaxe na hora de que se utilice o galego ao vender os vosos produtos?
R: Coloquialmente falamos todo en galego ou casi todo senenbargo a hora de escribilo pasamos ao castelán, pero a ventaxa, ao coñecer o galego para unha persoa que non fora galega estando e vivindo nun pobo e tratar de estar nun comercio como o noso só co castelán sería dificil poder defendelo, sería ventaxoso coñecer o galego.
P: E animarías ao resto de empresarios a utilizar o galego a hora de atender aos clientes?
R: Si, si si animaría de feito repito o de antes coloquialmente xa falamos galego basicamente co cliente falase en galego.P: Notas cambio cando utilizas o galego ca xente?
R: O noso cliente é eminentemente rural gústalle ser atendido mais en galego que en castelán, o castelán parece un pouco mais de señoritos que o galego coloquial que falamos co cliente.
P: Bueno, pois moitas grazas polo teu tempo e ata aquí.
R: Veña sorte. Grazas.
3 de xuño de 2014
Entrevista a Carnicería Cuíña (Radio Colmeiro nº 7)
Na foto podemos ver aos nosos reporteiros Isidro Gil e Irene Míguez acompañando ao responsable da Carnicería Cuíña, Miguel Rozados. Con el mantivemos unha entrevista que deixamos inserida neste blogue como un novo programa de Radio Colmeiro.
Máis abaixo, xunto coa transcripción do fundamental da entrevista podedes ver outra foto dunha factura deste establecemento. Baixo o encabezamento: a boa carne do Deza, pódese comprobar o compromiso deste comerciante local coa nosa lingua xa que postos a elaborar facturas considerou que o mellor que podía facer era telas en galego.
Tal e como comentabamos na primeira das entrevistas que realizamos nun establecemento comercial, estamos diante doutro
proxecto do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro. Cando o ano pasado realizamos un estudo sobre o estado da sinaléctica nalgunhas das principais rúas de Silleda, verificamos que o galego só estaba presente nunha pequena porcentaxe, arredor do 20%. A maior responsabilidade desta situación debíase á cartelería comercial, por iso propuxémonos este curso darlle visibilidade a aqueles comercios que apostan polo uso do galego na súa actividade diaria. A carnicería Cuíña é un deles, velaquí a entrevista que nos concedeu

P: Atopamonos na Carniceria Cuiña, con Miguel Rozados, un xoven comerciante de Silleda. Quen decidiu apostar polo galego como impulso do seu comercio. O curso pasado o ENDL do Pintor Colmeiro fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística de Silleda e obtivemos como resultado que no 70% da cartelería comercio o galego estaba excluído. A que pensa que é debido isto?
R: Eu penso que a malloría dos carteis están en castelán debido a que a xente que abre negocios e mais ou menos é da miña idade e cando eu fun a escola estudábase en castelán e pretendían ensinarnos que o castelán era una lingua mellor vista pola sociedade.
P: A boa carne do deza é o teu lema.Porque o tema lema está en Galego ?
R: Eu considero que son un galego falante e que a malloría da xente de Silleda tamén o é .E que a mellor forma de acercarme a xente sería na lingua que falamos , o Galego.
P: O galego forma parte da identidade da empresa?
R: Cando meu pai fundou Carnicería Cuiña fundouna en castelán pero cando eu collín a empresa un dos cambios que decidin facer foi precisamente o de realizar todo o en galego, a atención aos clientes , as facturas, o logotipo…
P: Pensa que foi una decisión arriscada ?
R: Non, como ben dixen a lingua maioritaria en Silleda penso que é o galego e se non se fala aquí donde se vai falar.
P:. De primeiras como atendes aos clientes ?
R: Eu cando entra un cliente a carnicería de entrada fálolle en galego e normalmente contéstame en galego, pero cando entra algún castelán falante e vexo que me responde en castelán ,acábolle contestando en castelán.Pero síntome mais cómodo falando en galego.
P: Os provedores teñen problemas en que os atendas en galego, coas facturas e as vosas relacións?
R: Hai de todo pero normalmente falan galego xa que eu compro as tenreiras, ovellas,años… A pequenos produtores da zona que soen falar galego.
P: Animaría a outro empresarios ao uso normalizado do galego ?
R: Si,Carnicería Cuiña vai bastante ben en galego e si que animaría a outro comerciantes a poner o seu comercio en galego.
Irene Míguez , Isidro Gil
30 de maio de 2014
Entrevista a Carmiña Moda en Radio Colmeiro nº 6
Con esta entrevista comenzamos un outro novo proxecto do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro. Cando o ano pasado realizamos un estudo sobre o estado da sinaléctica nalgunhas das principais rúas de Silleda, comprobamos que o galego só estaba presente nunha pequena porcentaxe, arredor do 20%. A maior responsabilidade desta situación debíase á cartelería comercial, por iso propuxémonos este curso darlle visibilidade a aqueles comercios que apostan polo uso do galego na súa actividade diaria. Deste xeito pretendemos animar a outros comerciantes a que aposten tamén polo galego, como fan desde Carmiña Moda.
Os alumnos de bacharelato Diego García, Diego Suárez e Pedro Segade entrevistaron a Patricia Mato, propietaria de Carmiña Moda, polo seu compromiso coa lingua do país. Moitas grazas a Patricia pola súa amabilidade e polo seu compromiso co país.
De seguida transcribimos o fundamental da entrevista. De todas formas consideramos que debiades escoitala, aínda que só fose para escoitar a voz radiofónica de Penela.

P : O ano pasado o equipo de normalización lingüística fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística no cal no 70 % da carteleira publicitaria o galego atopábase excluido. A que pensa qué é debido isto?
R : A que o galego antes estaba considerado como unha lingua de ámbito familiar e non tiña o prestixio que hoxe en día ten.
P : Notou algún cambio , vantaxes ou inconvintes por vender o seu produto en galego?
R : Ahora o galego esta considerado como algunha lingua mais e non queda reducida só a ese ámbito familiar e eu creo que nin melloramos nin empeoramos nese sentido.
P : E o galego unha lingua apta para o mundo empresarial?
R : Por suposto , e unha lingua normatizada e normalizada como calquer outra.
P : Animaria a outros empresarios ao uso da normalización do galego?
R : Si , por suposto ademais deberiamos de utilizala para non perdela.
P : Por que tomaron esta decisión,por qué decidiron apostar pola lingua propia?
R : Para empezar o nome da tenda sempre foi Carmiña e Carmiña xa por si sempre foi un nome galego e quixemos seguir mantendo nesta liña a pesar de que fomos renovando a imaxe e as marcas , pero en conclusion decidimos continuar co mesmo nome .
P:Moitisimas gracias a vos e a Carmiña Moda mais a Patricia que foi a persoa que nos concedeu a entrevista.
R:Nada , agradecervos a vos e a vosa visita desde logo
16 de maio de 2014
Medición da torre de bombeiros de Silleda
Alberto Fariña, Isidro Gil e Román Estévez (1º Bach Ciencias) realizaron este vídeo para presentar no concurso explícoche matemáticas 2.0, organizado pola Facultade de Matemáticas da USC. Non foi posible que o escolleran entre os finalistas, pero seguro que vos interesará esta aplicación trigonométrica no entorno próximo.
Nesta peza audiovisual quixeron mostrar unha aplicación práctica das matemáticas que coñecen. A trigonometría permítenos aplicar o coñecemento dunhas matemáticas básicas ao noso entorno. Escollimos unha construcción moi visible desde a N-540 situada na estrada de Silleda a Lalín, no polígono industrial de Silleda. Trátase da torre de bombeiros da localidade. Aplicando a semellanza de triángulos e tendo en conta a propiedade que determina que o ángulo de incidencia coincide co de reflexión, bastábanos un espello e un observador . Marcamos sobre o espello o punto no que o observador vía o punto máis alto da torre. Medimos:
- A distancia dos ollos do observador ao chan.
- A distancia do observador o punto do espello
- A distancia da torre ao punto do espello
A partir disto para calcular a altura da torre é ben simple, basta con aplicar o concepto de semellanza de triángulos.
15 de maio de 2014
Premios de microcurtas e microrrelatos do Concello de Silleda
Na súa terceira edición do certame de microcurtas e microrrelatos do Concello de Silleda o alumnado do Colmeiro obtivo outra vez excelentes resultados pois foron os gañadores de todos os apartados nos que podían concursar.
No apartado de Microcurtas, no que se presentaron 9 creacións, o traballo gañador foi o titulado “A Lagoa Sacra”, presentado por Juan Ares Pérez e Anán Ares González, alumnos do IES Pintor Colmeiro. O traballo describe un dos paraxes do municipio, as Brañas de Xestoso e xa no seu día déramos noticia del neste mesmo blogue. Paga a pena botarlle un ollo porque é un traballlo excelente.
En canto ao certame narrativo, na categoría de máis de 13 anos o traballo premiado foi “Nomeando”, presentado por María Lamazares Taboada, alumna do IES Pintor Colmeiro, baixo o seudónimo Water Parada. A orixinalidade das propostas, e a calidade literaria son algúns dos rasgos destacados polo xurado da narrativa, composto polos xornalistas Blanca Paz (Faro de Vigo) e Pablo Viz (La Voz de Galicia).
A entrega dos galardóns –que consisten en tablets para os gañadores das microcurtas e de e-books para os dos microrrelatos- terá lugar o vindeiro venres día 16 ás 20.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Silleda, coincidindo coa celebración do Día das Letras. Así mesmo, os centros aos que pertencen os alumnos/as gañadores levarán tamén un lote de libros en galego.
A concelleira Margarita Campos felicita tanto aos gañadores como ao resto de participantes “que cada vez nos poñen máis difícil a elección”, destacando a calidade dos traballos presentados. O certame xurdiu hai tres anos como fórmula para incentivar o uso do galego entre a poboación máis nova, potenciando ao mesmo tempo a creatividade.

9 de maio de 2014
Noticia en Nós TV da presentación do I premio á normalización comercial
Tal e como comentamos nunha entrada anterior, vén de presentarse o I premio Concello de Silleda á normalización comercial e empresarial. O proxecto é resultado da colaboración do ENDL co Concello de Silleda. Neste vídeo reproducimos a noticia tal e como a contaron na canle de televisión Nós TV. Por certo, unha canle que emite en galego: debedes tela todos sintonizada.
8 de maio de 2014
Presentación do I premio á normalización comercial e empresarial do Concello de Silleda
Hai un ano publicábamos un informe sobre a situación da sinaléctica en Silleda. Unha das conclusións máis importantes era que, se ben por parte das administracións había un compromiso co uso do galego (case un 90% dos sinais recollidos viñan neste idioma), non sucedía o mesmo por parte dos establecementos comerciais, onde os niveis de uso do galego estaba na veciñanza do 20%. Ante esta situación elaboramos varias propostas de actuación. Unha delas consistía na posta en marcha dun premio que recoñecese o labor daqueles comercios que apostan polo uso do galego na súa actividade empresarial. Propuxémoslle a iniciativa ao Concello de Silleda, quen se puxo en contacto coa asociación local de comerciantes, ECOS, e como vedes foi moi ben recibida. O concurso xa está en marcha e ata o día 17 poden recibirse as notificación dos comercios que opten ao premio. Calquera empresa ou particular pode presentar unha ou varias candidaturas perante a Concellería de Normalización Lingüística, xa por escrito, xa enviando un correo electrónico, a info@silleda.es, indicando o asunto e especificando o nome do establecemento, nome da persoa responsable e teléfono de contacto. As bases da convocatoria poden consultarse nesta ligazón
A foto sacámola da noticia en La Voz de Galicia
A noticia no web do Concello de Silleda
Tamén dan conta da proposta no portal do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia onde non só recollen a noticia, senón que fan unha redacción propia que mostra que están moi enterados do que estamos a facer para contribuir á normalización da lingua en Silleda.
As bases do concurso:
Bases 1º PREMIO CONCELLO DE SILLEDA Á NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NAS EMPRESAS E COMERCIOS by As Ferreiras Silleda
Así é como conta a noticia o Faro de Vigo:
Os comerciantes e empresarios silledenses están chamados a participar no 1º Premio Concello de Silleda á Normalización Lingüística nas Empresas e Comercios, que convoca a Administración local en colaboración con instituto Pintor Colmeiro, a asociación ECOS e a Secretaría Xeral de Política Lingüística coa intención de galardoar a aqueles establecementos que empreguen a lingua galega no seu trato, na cartelería, na facturación e na relación cos medios e a publicidade.
20 de feb. de 2014
Día da lingua materna 2014 (editable)
Na anterior entrada xa comentabamos que este tríptico foi realizado en colaboración co IES Chano Piñeiro co fin de informar ás familias do alumnado sobre en que consiste o 'Día da Lingua Materna' instaurado pola Unesco desde hai 14 anos.
Por se nalgún outro centro quixeran utilizar este material, basta con que descarguen esta versión editable do tríptico
Por se nalgún outro centro quixeran utilizar este material, basta con que descarguen esta versión editable do tríptico
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)