Amosando publicacións coa etiqueta linguas minoritarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta linguas minoritarias. Amosar todas as publicacións

17 de nov. de 2013

Kumbarikira


Kumbarikira urupukira
 tsa kumbari utsu ukaima
 kurachi wiri tima tsa katupi
 tsa kumbarikira urupukira
Este exitoso rap dos nenos do pobo kukama kukamiria fai referencia a un relato do urupukira, unha especie de voitre natural do continente Americano: "compañeiro voitre /o meu compañeiro perdeuse/ de día non aparece/ o meu compañeiro o voitre".
Leonardo Tello, director de Radio Ucamara, un medio implicado na dignificación da comarca e na recuperación da lingua kukama-kukuramiria, comenta que "o voitre, é un animal que todos rexeitan. Sucédelle como á lingua indíxena que é considerada pola escola e o goberno como un idioma de salvaxes que se opoñen ao progreso. Os nenos aparecen coa boca vendada pola prohibición de falar a súa lingua e que avergoñados da súa identidade obrigan os seus avós a que tamén a abandonen. Isto sucede desde que a escola e mal chamado progreso chegaron á Amazonía. Deste xeito a xente é máis vulnerable e manipulable ante os poderes económicos que saquean as terras".
Vía IES Pintor Colmeiro

15 de xuño de 2012

O Frisón, lingua minoritaria en Holanda

-->
No mundo existen territorios monolingües e plurilingües. Nos monolingües, como ben indica a propia palabra, só se fala unha lingua e nos plurilingües pódense falar varias. Nestes últimos territorios, ao convivir varias linguas poden padecer situacións de dominación e correr o perigo de desaparecer. Unha das situacións que pode ocorrer é que unha das linguas sexa a dominante, é dicir, que disfrute de prestixio social e poder económico; mentres que a outra é a chamada lingua minorizada, a que se lle privan os seus usos e funcións. Tamén podemos clasificar as linguas en minoritarias e maioritarias segundo o seu número de falantes.
Pois ben, neste traballo imos centrarnos nas linguas minorizadas, concretamente nun exemplo. Como xa dixen antes, as linguas minorizadas eran aquelas que sufrían marxinación debido ao dominio doutra lingua no mesmo territorio. Un dos seus exemplos é o frisón, unha lingua falada no norte de Europa.
As linguas frisonas son un conxunto de variedades lingüísticas que están relacionadas coas linguas xermanas. Son faladas por cerca de 500.000 persoas que viven entre o Mar do Norte, os Países Baixos e Alemaña; aínda que a maioría dos falantes son dos Países Baixos. Estas linguas teñen similutes co alemán, co holandés e co danés. Dentro delas pódense distinguir tres tipos: West Frisian, Saterland Frisian e North Frisian.

-->Xa que tivemos o pracer de contar este ano coa colaboración nas clases de inglés e música dunha persoa de nacionalidade holandesa, que non só domina a súa lingua maioritaria así coma o inglés e o alemán, senón que tamén coñece a lingua minoritaria do seu pais natal, aproveitamos para facerlle unhas preguntas acerca do Frisón e obter  información de primeira man.



-->
Hello Christa, are there any minority languages in Holland?
Ola. Si, si que hai, é o frisón. Aínda que nos tamén temos outra lingua chamada Nedersaksisch.
Is it considered a dialect from Dutch or a different language?
É unha lingua e tamén ten dialectos. A pesar de ser unha lingua distinta do holandés parécese moito aos seus dialectos.
In which part of your country is it spoken?
Fálase no norte de Holanda.
How many people speak Frisian in the Netherlands?
Máis ou menos sobre 440.000 persoas, aínda que os habitantes do norte de Holanda tamén falan outra lingua ademais do frisón.
Is it an official language or it is only spoken at home or with friends?
Si, é oficial.
Do you live in the part of the country where Frisian is spoken?
Non, pero si nacín alí.
If you was born there, can you speak this language?
Eu non a falo pero si a falan os meus pais.
Is it a difficult language? Is it very different from Dutch?
Non é unha lingua difícil para alguén que si a coñeza, para alguén que non si.
Are there any problems to speak Frisian in public places?
Non, ti podes falala pola rúa sen problema que ninguén che vai dicir nada.
Is it learned at schools as a subject?
Si, os rapaces pódena escoller, é unha materia optativa.
Are there any famous writers?
Non che podo contestar á pregunta porque realmente non o sei.
Here, in Galicia, we have some problems because Galician is not considered an important language. What do you think about that?
Na mina opinión, eu penso que unha lingua representa e é parte da cultura dun lugar polo que se debería respetar como tal.

Por Beatriz González Fernández