Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións

8 de xuño de 2015

Do verso á ágora con Antía Otero



O xoves 28 de maio. Clases pola tarde.  Unha calor abafante. Tocaba falar de poesía. A cousa non pintaba ben, pero sucedeu o que poucas veces pasa. A rapazada de 1º da ESO enganchouse desde o principio e a pesar de todos os condicionantes adversos, Antía Otero levou ao alumnado nunha apaixonante viaxe polos roteiros da poesía.
Estes que deixamos aquí foron algúns, só algúns dos traballos que abrollaron nesa máxica tarde. Esperamos non tardar en ofrecervos máis noticias sobre ese obradoiro.

















18 de maio de 2015

Ops! o portugués é simple

O obradoiro Ops, o portugués é simple fundaméntase no obxectivo de lle amosar ao alumnado a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua, o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral. Trátase dunha iniciativa idealizada e desenvolvida pola Associaçom Galega da Lingua (AGAL), dirixida a alumnos e alumnas, a partir de 12 anos, para promover o achegamento ao mundo lusófono no convencemento de que é un reforzo para o estatuto da lingua galega e unha porta máis a mellorar a formación dos nosos mozos e mozas.

Iria Mayer foi a encargada de desenvolver este obradoiro co alumnado de 1º de bacharelato. A experiencia foi moi positiva e as dúas horas que durou a actividade serviron para achegármonos aos nosos veciños portugueses e a certificar que os galegos dispoñemos dunha ventaxa competitiva de magnitude internacional pola proximidade filoxóxica entre as dúas linguas

4 de xuño de 2013

Os monicreques do Paporrubio



O galiñeiro de Luchi from No Majors on Vimeo.

Paporrubio from No Majors on Vimeo. Estes días atrás tivemos no centro un Obradoiro de Monicreques para 1º de ESO impartido por Luchi. O alumnado pasouno xenial, aprendeu moitísimo, e o profesorado quedou encantado con este profesional sincero e divertido que nos deu unha lección de xenerosidade. Contounos que tiña unha empresa, "Paporrubio" que leva todo tipo de xogos populares e onde combina narración, música, xogo... O curso próximo, se superamos a crise económica, é o noso desexo contratalo, posto que estamos certos de que será unha das mellores actividades que poidamos desenvolver.

17 de feb. de 2013

Obradoiro de cabezudos con Inacio Vilariño





 Inacio Vilariño é un dos autores do cómic Titoán, parte dun proxecto para relatar a vida de Castelao. El ofreceunos un obradoiro de cabezudos para poder compartilos cos veciños de Silleda neste entroido do 2013.