
O pasado mércores 20 de febreiro tivemos a visita do autor do libro
Un dedo manchado de tinta, Manuel Portas quen lle explicou ao alumnado de 1º de bacharelato sobre o proceso de escritura deste libro, do porqué da súa escolla, explicou algunhas dúbidas que o alumnado lle presentou e, sobre todo, contou a ledicia que provoca o acto de ler e de escribir. Porque a literatura é sobre todo un acto de ensoñación. Animou a escribir e a non agocharse, a gozar coas artes e explicou como a mestura destas é o camiño que seguimos.

De aí a presenza con el de Clara Pino, quen nos deleitou con dous temas e que deixou ao alumnado impresionado. Foi o momento máis emotivo do encontro!
Se algo ten de bo a visita dos escritores e escritoras ao centro, é que a visión da lectura cambia. Neste caso algúns comentaban que o libro, agora, gustáballes máis.
Moitas grazas a ambos por virdes.

Aproveitando a súa visita ao noso centro, no
Faro de Vigo fixéronlle
unha entrevista a Manuel Portas. O escritor comentou o
gratificante que lle resulta o contacto directo dos escritores cos
lectores, un contacto que considera fundamental para comprender o ciclo
literario. Tamén anunciou que publicará unha nova novela titulada
Faneca Brava, finalista do premio Xerais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario