Co fin de facer público o que é normal nas aulas: que a ciencia é explicada en galego nos centros de ensino galegos, o pasado xoves 07/11/2013, realizamos varios obradoiros. Entre eles estaba un sobre o que parecía un desafío imposible. Tratábase de desfacer un nó sen romper as cordas que o formaban. Este tipo de problemas teñen moito que ver cunha parte das matemáticas chamada topoloxía. Román Estévez Tallón de 1º Bach. Ciencias cóntanos algunhas cousas sobre o tema:
A topoloxía e unha rama das matemáticas que se dedica o estudo das propiedades dos corpos xeométricos inalterables por transformacións continuas.
A topoloxía ten moitas ramas como a
topoloxía xeneral a diferencial , alxébrica, etc… Na topoloxía
utilízanse úsanse ferramenta como as de grupo, un anel, etc… a
topoloxía dos elementos combinados por diversas operacións ,
xeneralmente non son interpretadas con números. A topoloxía interesase
polos conceptos como proximidade números, de buratos, o tipo de
consistencia que presenta un obxeto , comparar obxetos e clasificar,
entre outros múltiples atributos onde destacan como a conectividade por
exemplo un nudo ou unha esfera, a compacidade, a metricidade ou as posibillidades de establecer medidas, etc….
A topoloxía ten dous sentidos, un que é o do principio deste texto que e informal e outro culto que se refire a unha certa familia de subconxuntos e conxuntos, esa familia cumpre unhas regras sobre a unión e a intersección
Ningún comentario:
Publicar un comentario