Tarxeta Pais.1
Nesta tarxeta destacamos que as familias son o máis importante factor de transmisión e mantemento da lingua e que o estudo revela que en prácticamente un 70% das casas dos pais dos alumnos da ESO do IES Pintor Colmeiro a lingua habitual de uso é o galego. Por iso agradecemos este compromiso dos pais do alumnado do noso centro coa lingua e invitámolos a que continúen a sentirse orgullosos dela. Porén tamén lle damos relevancia a un estudo do Instituto Galego de Estatística do ano 2001 segundo o cal o uso do galego naquela altura no conxunto do concello de Silleda se situaba no 92%. Isto último indícanos que houbo un forte retroceso nestes últimos 10 anos polo que consideramos que cómpre renovar con máis forza que nunca a implicación das familias para asegurarmos un presente e un futuro para a nosa lingua.
O estudo completo, que xa publicáramos no seu dia pódese consultar aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario