18 de abr. de 2012

Premio Leixaprén

O premio Leixaprén pasa nesta edición a ser organizado pola CGENDL, como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia, coa intención de lle dar continuidade ao obxectivo central co que naceu: recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega. Por iso a CGENDL convidounos a participar nesta iniciativa que procura apoiar publicamente a aposta decidida que polo idioma fan día a día persoas, institucións, colectivos e empresas no seo da sociedade. O Comité de Selección orientou o galardón nesta edición cara ao Ámbito Económico e Empresarial en consonancia co perfil profesional de Valentín Paz-Andrade e coa iniciativa "Empresa en Galego" que lanzou a CGENDL: http://www.coordinadoraendl.org/empresaengalego . As candidaturas preseleccionadas son:
 Axúdanos a seleccionar unha. Cal é, segundo ti, a empresa que máis merece o premio?
Máis información aquí. Tamén podes consultar o seguinte documento:

Premio Lixaprén 2012 (CGENDL)

Ningún comentario:

Publicar un comentario