22 de xuño de 2013

Paisaxe lingüística. Vaos permanentes.


Neste vídeo aparecen fotos de vaos permaentes nas entradas dos garaxes en Silleda. Forman parte do traballo da paisaxe lingüística de Silleda realizado polo alumnado do IES Pintor Colmeiro no curso 2012-2013 co fin de comprobar a realidade lingüística do entorno e da importancia da colaboración na súa normalización.
A maior sorpresa que tivemos ao comprobar os resultados foi o obtido ao facer o estudo da distribución das linguas nos sinais das administracións. Supoñíamos que o uso do galego se aproximaría ao 100%, pero non foi así.
Ao revisar os datos comprobamos que a maior parte dos sinais administrativos monolingües en castelán son os referidos aos vaos de aparcamento das entradas dos garaxes, polo que sería relativamente sinxelo comenzar ca cambiar a situación.
Neste traballo recollimos un total de 39 fotografías de vaos, que representan prácticamente o 60% do total dos sinais en castelán. Por iso farémoslle unha proposta ao Concello para que cambie este tipo de sinais e para que os que se coloquen de aquí en diante teñan garantizada a súa emisión en galego. De facerse así sería ademais unha aposta moi visible para os veciños de Silleda. Ademais con este traballo pretendemos abrir unha porta de colaboración coa entidade local para establecer proxectos normalizadores

Ningún comentario:

Publicar un comentario