Silleda é un pobo situado
a 35 km de Santiago de Compostela aproximadamente. Se vostede visita Silleda
non pode marchar sen botar un ollo ás diferentes riquezas que esta vila posúe.
O máis importante destino turístico da zona é a Fervenza do Toxa, cualificada
como a máis alta de Galicia, na que poderá pasear polas diferentes rutas ao
lado do río, comer a carón da fervenza ou mesmo se é capaz, meter os pés na
auga conxelada dorío Toxa. Cando se vai alí un séntese coma noutro mundo, unha
sensación de ledicia, soidade e liberdade ao mesmo tempo apodérase do teu
corpo. Outro lugar que non podes deixar sen visitar é o Mosteiro de Carboeiro,
aínda que este non se fixo por sió, fixo falta a man do home. Está rodeado de
extensas zonas verdes, montes e un río, e tamén consta dun pombal e dunha
fermosa ponte románica. Pero isto non é o único que hai en silleda. A parte de
dita fervenza hai moitas outras, como a de Férveda, e algún pozos máxicos, non
tan coñecidos pero igual de sorprendentes. Xa meténdonos no casco urbano do
pobo podemos disfrutar dos parques que este posúe, como o da Igrexa ou o das
Pedrosas, e quedarse abraiado coas incribles vistas que se ven dende os Castros
de Toiriz, outro lugar de interese. Silleda tamén está chea de festas, como a
do Lacón ou a Romaría do Rapaz, que se enchen de xente todos os anos. Aínda
que, sen dúbida, o acontecemento máis importante é a semana Verde, declarada
como Feira Internacional de Galicia. A Feira tn toto o que nos poida itnersar:
animais, productos agrícolas, alimento de todo tipo, etc. Isto é silleda, un
pobo galego cheo de cultura.
por Juan Ares Pérez, 2ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario