24 de xuño de 2013

Proxecto de calidade

Non o dicimos nós, é cousa da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Dos 826 centros que enviaron o seu proxecto de normalización ao organismo da Consellería de Educación, o noso está entre os 20 que obtiveron a máxima cualificación:
Os colexios e institutos que obtiveron a máxima puntuación pola calidade dos proxectos foron os seguintes: na provincia da Coruña, o IES de Arzúa, o IES David Buján de Cambre, o CPI A Picota de Mazaricos, o CPI Virxe da Cela de Monfero, o IES Maruxa Mallo de Ordes, o IES Félix Muriel de Rianxo e o CEIP de Aguiño de Ribeira; en Lugo, o IES Perdouro de Burela e o CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna; en Ourense, o IES San Mamede de Maceda, o CPI de Maside e o CEIP de Prácticas de Ourense; en Pontevedra, o IES Aquis Celenis de Caldas de Reis, o CEIP Espiñeira-Aldán e o IES de Rodeira de Cangas, o CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos, o IES Val do Tea de Ponteareas, o CEIP de Parada Campañó de Pontevedra, o IES Pintor Colmeiro de Silleda e a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
 O que é unha mágoa é que por este esforzo que realizamos no ENDL a achega económica fose, en comparación con cursos anteriores, considerablemente reducida. De ser cualificados coa máxima putuación hai uns anos, a aportación que recibiríamos para o desenvolvemente do proxecto sería de 2000 €. Coa importante redución que sufriron as partidas para a normalización lingüística, só tivemos 800 €.

1 comentario: