Criadas e señoras (The help, en inglés ou As serviçais en portugués) de Kathryn stockett
Esta novela está
situada na cidade de Jackson, Mississippi, no ano 1962. A través de tres
mulleres moi diferentes coñecemos como era a sociedade daquela época e
especialmente, a relación entre as persoas brancas e as de cor. Estas últimas
eran humilladas e carecían de dereitos fundamentais. Aibeleen e Minny son dúas
mulleres de cor que traballan como criadas. A primeira vive soa, xa que lle
morreu o fillo, e encántalle coidar os rapaces que hai nas casas nas que traballa.
É unha persoa moi educada e xenerosa, que sempre intenta axudar a quen o
precisa. Minny é unha muller forte, que ten unha familia que alimentar e un
marido que a maltrata. Non lle gustan os brancos e intenta manter unha relación
estrictamente laboral con eles. E por último, Skeeter é unha señorita branca
dunha boa familia pero diferente ao resto de mozas da súa idade: o seu
obxectivo non é buscar un marido rico; ela quere ser escritora.
Estas tres
mulleres iniciaran un proxecto común que nos manterá en tensión durante todo o
libro. Capítulo a capítulo, a trama medrará e a túa curiosidade tamén. Cando
comeces a ler, non queres parar.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ofreceranos todos os meses unha revista, 'Ollos de aula' cuxo primeiro número podemos descargar aquí. De todas formas procuraremos pegar puntualmente neste blogue todas as edicións que cheguen aos nosos PCs.
'Ollos de aula' nace co obxectivo de ser unha revista
para as familias na que a lingua e a normalización teñan sempre o seu
espazo. Á marxe da portada, conta con 6 seccións que xa
aparecen explicadas na páxina 3 deste primeiro número. Non deixedes de consultar as recomendacións que unha profesora do noso centro nos fai desde as páxinas deste primeiro número! Ollos de Aula_n1
O alumnado de segundo ciclo da ESO participou nunha actividade de intercambio lingüístico con compañeiros e compañeiras do CPI Atios de Valdoviño. A actividade, coordianda polas profesoras Lidia Fernández e Susana Rodríguez, consistiu nun intercambio de correo postal entre os grupos dos dous centros (dúas cartas por avaliación) que serviu para incentivar a función e o uso da lingua escrita nun medio pouco común na actualidade e que supuxo non só un contacto persoal senón tamén un xeito de coñecer a realidade lingüística doutros lugares de Galicia, neste caso ademais cunha diferenza xeográfica importante.
Posteriormente, o xoves día 21 de xuño, realizouse un encontro co CPI Atios durante unha xornada completa. Pola mañá asistiron a un concerto de varios grupos de alumnos da comarca de Ferrol, entre os que estaban algúns do CPI referido que participaran directamente no intercambio epistolar. O mediodía e a tarde pasárona na contorna natural das Fragas do Eume.
María, Carmen ou María del Carmen son os nomes máis frecuentes entre as mulleres do concello de Silleda. Así nolo confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE). Ao consultar a táboa cómpre ter en conta que na columna da dereita aprecen os tantos por mil, non os tantos por cen. Os nomes menos frecuentes non están contabilizados.
Comprobamos o que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a castelanización dos nomes, que non é máis que unha forma de perda de identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Por iso, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome, información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a galega.
Manuel, José ou Antonio son os nomes máis frecuentes entre as mulleres do concello de Silleda. Así nolo confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Ao consultar a táboa cómpre ter en conta que na columna da dereita
aprecen os tantos por mil, non os tantos por cen. Os nomes menos
frecuentes non están contabilizados.
Comprobamos o
que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a
castelanización dos nomes, que non é máis que unha forma de perda de
identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Por iso, desde o
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a
visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome,
información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como
cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a
galega.
Como complemento ao excelente traballo que as alumnas Laura Ferández Suárez e Beatriz González Fernández realizaran sobre toponimia, engadiremos neste blogue información sobre os nomes e apelidos máis habituais no noso entorno. González, Fernández ou García son os nomes máis frecuentes da poboación do concello de Silleda. Así nolo confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Ao consultar a táboa cómpre ter en conta que na columna da dereita
aprecen os tantos por mil, non os tantos por cen. Os apelidos menos
frecuentes non están contabilizados.
Comprobamos o
que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a
castelanización dalgúns apelidos, que non é máis que unha forma de perda de
identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Unha forma de conservar o noso patrimonio é transmitindo os nosos apelidos ás futuras xeneracións. Como agora é posible determinar a orde dos apelidos podemos contribuir á permanencia dos que precisamente non aparecen nesta táboa,
Por iso, desde o
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a
visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome,
información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como
cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a
galega.
No mundo existen territorios monolingües e
plurilingües. Nos monolingües, como ben indica a propia palabra, só se fala
unha lingua e nos plurilingües pódense falar varias. Nestes últimos
territorios, ao convivir varias linguas poden padecer situacións de dominación
e correr o perigo de desaparecer. Unha das situacións que pode ocorrer é que
unha das linguas sexa a dominante, é dicir, que disfrute de prestixio social e
poder económico; mentres que a outra é a chamada lingua minorizada, a que se
lle privan os seus usos e funcións. Tamén podemos clasificar as linguas en
minoritarias e maioritarias segundo o seu número de falantes.
Pois ben, neste traballo imos centrarnos
nas linguas minorizadas, concretamente nun exemplo. Como xa dixen antes, as
linguas minorizadas eran aquelas que sufrían marxinación debido ao dominio doutra
lingua no mesmo territorio. Un dos seus exemplos é o frisón, unha lingua falada no norte de Europa.
As linguas frisonas son un conxunto de
variedades lingüísticas que están relacionadas coas linguas xermanas. Son
faladas por cerca de 500.000 persoas que viven entre o Mar do Norte, os Países
Baixos e Alemaña; aínda que a maioría dos falantes son dos Países Baixos. Estas
linguas teñen similutes co alemán, co holandés e co danés. Dentro delas pódense
distinguir tres tipos: West Frisian, Saterland Frisian e North
Frisian.
-->Xa que tivemos o pracer de contar este ano coa colaboración nas clases
de inglés e música dunha persoa de nacionalidade holandesa, que non só domina a
súa lingua maioritaria así coma o inglés e o alemán, senón que tamén coñece a
lingua minoritaria do seu pais natal, aproveitamos para facerlle unhas
preguntas acerca do Frisón e obter
información de primeira man.
-->
Hello Christa, are there any minority languages in
Holland?
Ola. Si, si que hai, é o
frisón. Aínda que nos tamén temos outra lingua chamada Nedersaksisch.
Is it considered a dialect from Dutch or a different
language?
É unha lingua e tamén ten
dialectos. A pesar de ser unha lingua distinta do holandés parécese moito aos
seus dialectos.
In which part of your country is it spoken?
Fálase no norte de Holanda.
How many people speak Frisian in the Netherlands?
Máis ou menos sobre 440.000
persoas, aínda que os habitantes do norte de Holanda tamén falan outra lingua ademais
do frisón.
Is it an official language or it is only spoken at home
or with friends?
Si, é oficial.
Do you live in the part of the country where Frisian is
spoken?
Non, pero si nacín alí.
If you was born there, can you speak this language?
Eu non a falo pero si a
falan os meus pais.
Is it a difficult language? Is it very different from
Dutch?
Non é unha lingua difícil para
alguén que si a coñeza, para alguén que non si.
Are there any problems to speak Frisian in public places?
Non, ti podes falala pola
rúa sen problema que ninguén che vai dicir nada.
Is it learned at schools as a subject?
Si, os rapaces pódena
escoller, é unha materia optativa.
Are there any famous writers?
Non che podo contestar á
pregunta porque realmente non o sei.
Here, in Galicia, we have some problems because Galician
is not considered an important language. What do you think about that?
Na mina opinión, eu penso
que unha lingua representa e é parte da cultura dun lugar polo que se debería
respetar como tal.