Criadas e señoras (The help, en inglés ou As serviçais en portugués) de Kathryn stockett
Esta novela está
situada na cidade de Jackson, Mississippi, no ano 1962. A través de tres
mulleres moi diferentes coñecemos como era a sociedade daquela época e
especialmente, a relación entre as persoas brancas e as de cor. Estas últimas
eran humilladas e carecían de dereitos fundamentais. Aibeleen e Minny son dúas
mulleres de cor que traballan como criadas. A primeira vive soa, xa que lle
morreu o fillo, e encántalle coidar os rapaces que hai nas casas nas que traballa.
É unha persoa moi educada e xenerosa, que sempre intenta axudar a quen o
precisa. Minny é unha muller forte, que ten unha familia que alimentar e un
marido que a maltrata. Non lle gustan os brancos e intenta manter unha relación
estrictamente laboral con eles. E por último, Skeeter é unha señorita branca
dunha boa familia pero diferente ao resto de mozas da súa idade: o seu
obxectivo non é buscar un marido rico; ela quere ser escritora.
Estas tres
mulleres iniciaran un proxecto común que nos manterá en tensión durante todo o
libro. Capítulo a capítulo, a trama medrará e a túa curiosidade tamén. Cando
comeces a ler, non queres parar.
por Luis Maceira Cid (2º Bacharelato A)
Ningún comentario:
Publicar un comentario