Segundo informa o dixital Praza, a Mesa pola Normalización lingüística presentou un estudo despois de preguntar en 282 centros educativos -públicos, privados e concertados- polo idioma empregado neste nivel educativo e o resultado, resume o seu presidente, Carlos Callón, é dun verdadeiro "varrido" da lingua propia de Galicia. Non en van, e malia ás preferencias das familias do alumnado, o galego está ausente por completo no 95,04% dos centros.
Segundo "declaran" os centros consultados, a suma daqueles que empregan total ou parcialmente o galego no ensino de nenos e nenas de 3 a 6 anos non supón máis que un 4,96% do total, isto é, 14 colexios en todo o país. Nestes inclúense os 9 que din impartir todas as aulas de infantil en galego -o 3,19%- e os tres que "indican que teñen dúas liñas", unha para o galego e outra para o castelán. Estas cifras, explica Callón, supoñen que a actual situación non é "de bilingüismo, de trilingüismo nin de farrapos de gaita", senón dunha "exclusión" da lingua propia que, asegura, non ten parangón en ningunha outra autonomía con máis dun idioma.
A nota de prensa cos resultados do informe da Mesa pódese consultar aquí. E o esencial do informe aparece representado neste gráfico, relativo ao uso das linguas no ensino infantil nas cidades galegas.
sei dun colexio na miña vila donde aos rapaces dende moi pequenos se lles fala en castelan. non entendo o motivo, porque se esta perdendo a nosa lingua
ResponderEliminar