10 de out. de 2012

O bUSCatermos

Coincidindo co comenzo do mes de outubro, o Servizo de Normalización Lingüística da USC puxo a disposición dos internautas o acceso libre á base de datos terminolóxica bUSCatermos.
Esta ferramenta achéganos información sobre 150.000 conceptos de áreas especializadas en galego, español e inglés aínda que tamén conta con datos doutras linguas como o catalán ou o italiano)
Esta nova posibilidade é un paso adiante na divulgación da terminoloxía. Ata o momento dispoñíamos dos materiais do Servizo de Normalización Lingüística da UdC, 'Profesionaliza a túa lingua' e do Andel de traballos terminográficos do SNL da USC. Por centrar o tema, no campo das matemáticas podíanse consultar os seguintes manuais: Profesionaliza a túa lingua. Estatística e Profesionaliza a túa lingua. Matemática,extraídos dos recursos da UdC, ou este outro da USC:Vocabulario de matemáticas. Santiago de Compostela. Universidade., de Xosé Masa Vázquez (1995).
No caso de que teñades algunha dúbida sobre a forma correcta dalgún termo especializado de calquera materia, probade a usar esta ferramenta: o bUSCatermos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario