O alumnado de segundo ciclo da ESO participou nunha actividade de intercambio lingüístico con compañeiros e compañeiras do CPI Atios de Valdoviño. A actividade, coordianda polas profesoras Lidia Fernández e Susana Rodríguez, consistiu nun intercambio de correo postal entre os grupos dos dous centros (dúas cartas por avaliación) que serviu para incentivar a función e o uso da lingua escrita nun medio pouco común na actualidade e que supuxo non só un contacto persoal senón tamén un xeito de coñecer a realidade lingüística doutros lugares de Galicia, neste caso ademais cunha diferenza xeográfica importante.
Posteriormente, o xoves día 21 de xuño, realizouse un encontro co CPI Atios durante unha xornada completa. Pola mañá asistiron a un concerto de varios grupos de alumnos da comarca de Ferrol, entre os que estaban algúns do CPI referido que participaran directamente no intercambio epistolar. O mediodía e a tarde pasárona na contorna natural das Fragas do Eume.
Ningún comentario:
Publicar un comentario