Comprobamos o
que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a
castelanización dos nomes, que non é máis que unha forma de perda de
identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Por iso, desde o
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a
visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome,
información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como
cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a
galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario