A verdade é que foi un traballo duro, ler 12 obras e valoralas tendo que facer o traballo habitual do instituto pero non cambiaría esta experiencia por nada.
Na primeira reunión no Castelo de Soutomaior o 30 de maio déronnos una comida moi completa e un agasallo a cada membro do xurado. Despois de comer ben deliberamos e escollimos aos tres finalistas. (non foi tarefa fácil).
Na segunda quedamos na editorial de Xerais o 6 de xuño para decidir por fin o gañador. A obra gañadora fora a que máis me gustara, a cal defendín moito pois víalle todas as calidades para levar o premio.
Logo fixemos un pequeño tour pola editorial,co que quedei encantada.
Chegara o día da entrega de premios, o sábado 7 xuño. Viaxamos en barco ata a Illa de San Simón e vimos toda a illa,que é preciosa.
A parte dos sitios que puiden visitar (todos fermosos) e as obras tan boas que puiden ler, os membros do xurado e a xente da editorial eran todos moi agradables e coñecín a varios escritores galegos, o cal me fixo moita ilusión.
Teño que agradecerlle á profe Gracia por carrexarme , apoiarme e darme o empuxonciño para entrar a formar parte do xurado deste premio.
por Mariña Castro (3º ESO)
A foto foi recollida do blogue de Xerais
Ningún comentario:
Publicar un comentario