24 de febreiro
día de Rosalía de Castro
No IES Pintor Colmeiro homenaxeamos a Rosalía mediante a construción dunha instalación feita entre o alumnado e
o profesorado chamada "Tecendo a Rosalía". Nesta exposición da súa obra ,o alumnado e profesorado recrea , suxire , inspírase na lírica de Rosalía para amosar a creatividade e a lírica da supervivencia e da existencia presente na obra da escritora.
Cada alumno
ou alumna poderá escribir poemas de Rosalía, escribir poemas propios ou poemas
doutros escritores inspirados en Rosalía, facer debuxos, homenaxeala debuxando
rosas, aportar ideas de cambio e sensibilización á sociedade, ou amosar a súa
propia expresión para entre todos/as “ tecer”
a lírica da escritora e aprender valores de sensibilización a través da súa
obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario