Mestre, Político e Escritor.
O alumnado de 4º ESO do IES Pintor Colmeiro estudou a figura do escritor Antón Alonso Ríos e visitou a exposición homenaxe ao escritor o día 14 de decembro na Casa da Cultura.
Antón Hipólito Alonso Ríos nace no
lugar de Campo Rapado, parroquia
de Cortegada, o 15 de agosto de 1887.
De moi novo emigra á Arxentina
onde traballa como representante de
comercio e mestre; alén disto, entra
en contacto co mundo societario e
eríxese en fundador da Sociedad Hijos
de Silleda, creando escolas laicas no
Trasdeza, e a Federación de
Sociedades Agrarias y Culturales. En
1931 é enviado por esta mesma
Federación de Sociedades Gallegas como
representante da emigración
na recén instaurada IIª República en
España para participar na Asemblea
do Anteproxecto do Estatuto de
Autonomía, da que sairá como Presidente.
Como tamén saiu Presidente dunha Xunta
Revolucionaria que tivo lugar
en Compostela no verán de 1931. Vivirá
en Tomiño, a traballar como
mestre e defender os intereses do
mundo agrario. Nesta mesma etapa,
acrecéntase definitivamente a súa
conciencia galeguista, forma parte do
Partido Galeguista e traballa arreo na
Campaña Pro Estatuto.
En 1936 é electo Deputado agrario ás
Cortes da República na gañadora
Frente Popular. Mais coa
sublevación fascista é represaliado, perseguido,
polo que foxe a través dos montes
galegos durante algo máis de dous
anos, até que consegue pasar a
Portugal e de aí a Marrocos, para
definitivamente embarcar cara á
Arxentina. Xa desde 1939, en Bos Aires,
dedícase a colaborar en prensa,
escribir o seu prolífico ideario, destacando
entre outras publicacións, Co
pensamento na Patria Galega (1942), fundar
a Irmandade Galega e o Consello da
Galiza en 1944, do que foi secretario
xeral, e Castelao, Presidente, Á morte
deste último no ano cincuenta, Antón
ocupa as primeiras funcións do
Consello, mais magóao enormemente, e
conxuntamente coa de Ombú, o seu fillo
máis novo, lévao a caer nunha
espantosa amargura que o abocaría ao
suicidio en Bos Aires, o día 12 de
outubro de 1980.
Ningún comentario:
Publicar un comentario