28 de feb. de 2014

Mural para Rosalía

 Recollemos do Faro de Vigo esta noticia sobre o mural realizado dentro das actividades da celebración do Día de Rosalía de Castro programadas polo ENDL. Neste caso contamos coa colaboración do Concello que nos facilitou un muro para realizar a intervención:

Un grupo de alumnas da asignatura de Debuxo do instituto Pintor Colmeiro de Silleda decorou un mural na parte traseira da Casa dá Cultura da capital trasdezana. A creación é un "atrapaoños" inspirado no poema Soia da autora romántica padronesa, no que tamén se inseriron textos desta composición poética. O traballo plástico foi elaborado polas alumnas Andrea Meijomín, Alba Moreira e Noelia Amigo coa colaboración do profesor Bernardo Ínsua e ten uns tres metros de alto

Ningún comentario:

Publicar un comentario