O venres 22, grazas á Concellaría de Cultura e Educación pasaron os de Gústame o galego polo insituto e fixéronos unha chea de fotos, velaquí as primeiras.
A
Rita, Raquel, Rebeca e Nerea gústalles que uses a súa lingua para
pedirlles que confíen en ti, tamén que intentes falar galego aínda que
che custe un pouquiño
A Javier gústalle que che guste a súa lingua!
A Matías gústalle poder entenderse en galego con máis de 200 millóns de persoas
A Andrés e Antía gústalles que os bonecos falen galego.
A Alberto, Román, Samuel e Diego gústalles que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego
A María, Irene, Leticia e Rocío gústalles soñar en galego e tamén lles presta, tira, chama, agrada, chista... o galego
Ningún comentario:
Publicar un comentario