Estes últimos días antes da Semana Santa o ENDL foi un fervedoiro de actividades. Vai unha máis.
O xoves 21/03/2013 o alumnado de 2º da ESO fixo unha excursión a Lugo.
Alí visitamos o Museo e realizamos unha actividade relacionada cun libro: "Contos no museo", que os alumnos leran previamente.
Despois fixemos un percorrido pola muralla.
A comida cadrounos coa visita guiada ao Castro de Viladonga, onde nos proxectaron un vídeo e puidemos facer unha visita ao museo que alí teñen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario