Narración de Antonio Presas García para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas 2014-2015 no que se relata unha lenda sobre a fonte de Valvundín.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
31 de maio de 2015
A fonte de Valvundín
Narración de Antonio Presas García para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas 2014-2015 no que se relata unha lenda sobre a fonte de Valvundín.
30 de maio de 2015
O home dos pantalóns grandes
Narración da lenda do home dos pantalóns grandes por Antonio Presas García para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas 2014-2015
29 de maio de 2015
Fonte Abeleiriña
Velaquí uns audiovisuais de hidrónimos que se relizaron para o Proxecto Antonio Fraguas. Comenzamos coa Fonte Abeleiriña:
Fonte Carroso (Ponte) nomea uns terreos na actualidade a monte. En documentos dos séculos XVI e XVII aparece escrito como “Fuente Acurros” ou “Fuente Acarros”.
O regueiro de Meixomence (Ponte) consiste nunha corrente de auga que nace no lugar das Casas do Monte, na parroquia de Silleda, que atravesa entubado as instalación da Semana Verde e sae de novo á luz no núcleo de Meixomence, desembocando finalmente a carón de Rosende, no regueiro do mesmo nome
Fonte Carroso (Ponte) nomea uns terreos na actualidade a monte. En documentos dos séculos XVI e XVII aparece escrito como “Fuente Acurros” ou “Fuente Acarros”.
O regueiro de Meixomence (Ponte) consiste nunha corrente de auga que nace no lugar das Casas do Monte, na parroquia de Silleda, que atravesa entubado as instalación da Semana Verde e sae de novo á luz no núcleo de Meixomence, desembocando finalmente a carón de Rosende, no regueiro do mesmo nome
Crónica dunha infancia
Esta foi a aportación do alumnado de 4º da ESO para participar no concurso do Manifesto do Correlingua deste ano:
CRÓNICA DUNHA INFANCIA
Do seo de mamá Latín
naceu Galego, maimiño
xogaba nas Cortes
con Portugués o irmanciño..
Curmán Castelán
sempre lle facía mal
Mamá non o deixaba brillar
e o seu corazón fixo "crac"
O irmanciño Portugués
foise do seu lado
mándanse postais en Nadal
e chámanse en fin de ano.
Lánzanlle misís
cun obxectivo moi claro
queren facelo sufrir,
queren derrotalo.
Galeguiño vive rexeitado
cae en decadencia
non ten ninguén ao lado
sen luz, sen azos.
Decatáronse uns bos amigos
que o deixaran abandonado
cun permanente agarimo
recompoñerán os grandes cachiños
do seu escuro pasado.
Ladrillo a ladrillo,
constrúese
Aloumiño a aloumiño,
medra.
El é un loitador
un rebelde desacreditado
pasounas canutas
nun permanente paro.
Algún choio topou
de vez en cando
logrouse meter nalgunha boca
pero non é contratado.
Con toda a vida por diante
non deteñamos o seu camiño
á vez tan cativo
á vez tan velliño.
Fagámolo sentir querido
evitemos a invasión
Construamos con palabras
para este pai tan fillo
unha muralla no corazón.
Mariña Castro Fontao.
Verónica Granja Fernández.
Aroa Espiño González.
28 de maio de 2015
Gañadores Vídeoghit 2015
O pasado venres 22 celebrouse a entrega de premios do Vídeoghit, edición 2015. O gañador na categoría de vídeos foi este de Ana Colmeiro que encabeza esta entrada. Alberto Lázara recibiu o premio ao mellor actor na obra Fertimón e que tamén obtivo o galardón por ser o vídeo máis visto. Nerea Rial foi a mellor actriz polo vídeo Ai meu ghato. Adiós recicbiu o premio ao mellor vestiario e decoración, así como o premio Concello de Silleda. A mellor canción orixinal foi para Contedor munisipal, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Finalmente o premio ao máis comprometido foi Galiza latina.
A nova nos medios:
- La pasarela del Colmeiro coronó las estrellas del videoghit, La Voz
- Versiones de lujo en el Pintor Colmeiro, no Faro de Vigo.
27 de maio de 2015
Entrevista a Encarna Otero: "Castelao e as mulleres"
Laura Presas Mato e Patricia Lázara Framiñán entrevistan a Encarna Otero sobre "Castelao e as mulleres". Non era sen tempo que deixáramos neste muro virtual unha referencia á vistia que hai máis dun mes nos fixo Encarna Otero para impartir unha charla na que poñía en relación as mulleres con Castelao.
26 de maio de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)