Como vén sendo habitual todos estes anos, en colaboración co IES Chano Piñeiro de Silleda, elaboramos carteis sobre a figura dos científicos homenaxeados no Día da Ciencia en Galego. Nesta ocasión temos presentes a dous galegos: o xeoquímico Isidro Parga Pondal e o óptico Carlos Gómez-Reino Carnota.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
4 de nov. de 2015
Huygens e Planck no Día da Ciencia en Galego
Os científicos internacionais que teremos presente neste Día da Ciencia en Galego 2015 serán Christiaan Huygens e Max Planck. Xunto cos de Isidro Parga Pondal e o de Carlos Górmez-Reino Carnota, poderemos velos na entrada do IES Pintor Colmeiro e do IES Chano Piñeiro.
29 de out. de 2015
Proxección da película 'O Apóstolo'
'O Apóstolo' é a primeira película de animación stop-motion en tres dimensións realizada en Europa. A produción levou catro anos de traballo. Esteouse finalmente no ano 2012
Para celebrarmos as datas nas que estamos, as do Samaín, e despois do magosto que tivemos esta mañán no insituto, o alumnado de 1º da ESO acudiu a unha proxección da película 'O Apóstolo'
Argumento: Un presidiario evadido vai a unha aldea de montaña recuperar un botín agachado hai anos. Desde daquela, os paisanos desviaron o trazado do Camiño de Santiago para atraer peregrinos. El pretende sair da fonda na que pernocta para procurar o tesouro, mais deberá evitar os veciños... E tamén almas en pena, meigas e quen sabe que máis. Estrea comercial anunciada pola produtora para o 1/11/12.
Palmarés: Primeiro premio no XI Festival de Cine Español de Marsella (2012). Foi a gran vencedora dos premios Mestre Mateo entregados en 2013, levando seis das dez categorías nas que era candidata. O mesmo ano gañou o premio do público no prestixioso festival de Annecy.
Ficha:
Dirección: / Fernando Cortizo
Guionista: / Fernando Cortizo
Intérpretes: / Pedro Alonso / Carlos Blanco / Isabel Blanco / Celso Bugallo / Geraldine Chaplin / Víctor Mosqueira / Paul Naschy / Jorge Sanz / Luís Tosar / Xosé Manuel Olveira Pico
Música: / Philip Glass
Produción: / Rosalía Mera
Produción Executiva: / Dimas Iglesias / Isabel Rey
12 de out. de 2015
Inauguración da exposición da toponimia e lendas no Museo do Pobo
O acto estivo presidido polo Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García, e por dous membros destacados da Fundación Antonio Fraguas, D. Xosé Manuel González Reboredo e Francisco Fariña Busto.
Na lectura da acta, a Fundación Fraguas fixo lectura do seguinte párrafo: “Na modalidade de Ensino Secundario acordouse conceder o premio ao IES Pintor Colmeiro de Silleda, polo seu proxecto A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda, valorando o esforzo do alumnado na busca das raíces lendarias, tradicionais e históricas nos nomes dos lugares, na recollida destes e na súa fixación mediante tecnoloxías informáticas”.
6 de out. de 2015
Issiris musicando a Ledicia Costas
Issiris Ramírez, alumna de 2º de bacharelato, ofreceu esta peza musical no Club de Lectura da Biblioteca Pública Castelao de Silleda, inspirada na obra Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, quen vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Vía Trafegando Ronseis
25 de set. de 2015
Entrevista a Xoán Carlos García Porral
Na edición Deza-Tabeirós do Faro de Vigo de onte publicábase unha entrevista ao (destacado) membro do ENDL do IES Pintor Colmeiro, Xoán Carlos García Porral. O motivo era a presentación do traballo A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda,.
Desafortunadamente a noticia no xornal aparecía traducida ao castelán, cando sabemos que a entrevista se desenvolveu en galego. Para que poidades ler o que realmente se falou, aquí vos vai na lingua orixinal:
Desafortunadamente a noticia no xornal aparecía traducida ao castelán, cando sabemos que a entrevista se desenvolveu en galego. Para que poidades ler o que realmente se falou, aquí vos vai na lingua orixinal:
O Museo deo Pobo Galego acolle mañán, a partir das 11:30 horas, a entrega do premio IX Proxecto Didáctico antón Fraguas ao IES Pintor Colmeiro de Silleda O traballo galardoado leva por tútulo A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda (ALvarellos), e estivo coordinado polo profesor Xoán Carlos García Porral. Ao acto solemne tamén está previsto que acodan o presidente do padroado, Xusto Beramendi, o presidente da xunta rectora, Francisco Fariña, o director do instituto Xesús Fernández Sulleiro, e o alcalde de silleda, Manuel Cuiña fernández.
-Como foi o labor de campo efectuado para esta obra?-Tivemos que traballar moito. Presentamos o proxecto no mes de abril do 2014, e o premio concedéronolo no mes de xuño. Os traballos comenzaron en setembro do ano pasado e prantexamos unha recolección da toponimia, e de aí o título do libro. Queríamos debuxar a través da toponímia e das lendas a paisaxe da tradición oral de silleda. Desde entón, cando abres un enlace para os mapas da toponimia aparece a través dos icono que fixemos o perfil do mapa dos límites do concello de Silleda. No libro tamén hai unha pequena historia de silleda que fixo Matías Rodríguez Da Torre e un estudo da toponimia maior revisada por gonzalo Navaza.- Houbo que retrotaerse moito no tempo para recompilar a toponimia do municipio silledense?- Sobre todo traballouse con xente maior. De feito, foi a traveés do departamento de galego do insitituto, onde cada profesor cos seus alumnos fixeron uns mapas sacados do PXOM, como distribuimos o traballo de camp en función dos cadrantes que tiñamos. Eles situaban no mapa cada topónimo e, despois fíxose un baleirado de toodo iso. O importante disto, ademáis do libro é que cada topónimo podes ubicalo no Google Maps.-Cambiaron ou perdéronse algúns topónimos en Trasdeza?-Si. Por exemplo, no que é a feira de Silleda, hai un ou dous que estaban onde hoxe hai unha nave. Tamén pasou o mesmo co trazado da autopista ou da viía do tren, que acabaron con moitos topónimos no norte do concello.-Supoño que é difícil de recuperar despois de tanto tempo...-Por suposto. Hai casos puntuais nos que o avó ou o pais recorda o topónimo, pero unha vez que morran iso desaparece do que é a tradición oral.-Que tal está o municipio de Silleda no relativo ás lendas?-Atopamos unha boa cantidade porque algunhas están asociadas aos topónimos, pero tamén hai moitas relacionadas co mundo castrexo e outras de temática relixiosa. Curiosamente, encontramos unha lenda na capela de San Brrais de Chapa, cunha fonte onde teñen unha tradición dunha curación semellante a outra que hai en Chantada. Os nenos gravaron á xente contado cada unha das lendas despois de que lles déramos un curso para que soubese como manexar a cámara.- Como foi a experiencia cos estudantes neste proxecto?-Moi interesante. Moitos deles recoñeceron que grazas a este traballo coñeceron cousas dos seus avós que doutro xeito nunca saberían. O certo é que o proxecto foi moi comentado por todo o mundo na rúa porque levantou unha grande expectación entre a xente que sabía del.-Haberá alunha secuela desta obra? Ten algún novo proxecto en mente na actualidade?-O que se podería facer é seguir ampliando os topónimos porque chegamos a xuntar máis de dous mil entre todos, porque nunha aldea ou parroqua atopas unha cantidade increíble de nomes de fontes, prados ou de camiños. De aí a importancia do enlace para situalos no Google Maps, que é algo novidoso neste tipo de traballos. Sobre novos proxectos, de momento teño bastante co meu laabor docente e xa veremos que facer.
24 de set. de 2015
Calendario 15-16
Un ano máis a Coordinadora Galega de ENDL achéganos unha boa colección de calendarios escolares para prodermos programar mellor o curso escolar.
Non deixedes de visitar a páxina con estes recursos. De certo que ha de haber algún que se adapte ás vosas necesidades
Non deixedes de visitar a páxina con estes recursos. De certo que ha de haber algún que se adapte ás vosas necesidades
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

