ALGUNHAS RAZÓNS PARA ASISTIR A FOLGA DO 14 DE NOVEMBRO
-O goberno abarata o despido mediante a reforma laboral, e o fai máis fácil, máis barato e máis rápido.
-Facilita o despido colectivo dos traballadores da administración pública.
-Fomenta as privatizacións dos servizos -públicos como o transporte, sanidade, educación e comunicación.
.Dase todo o poder ao empresario (máis flexibilidade interna)
-Reduce as prestacións por desemprego
-Perxudica gravemente a negociación colectiva.
-Perxudican o emprego público.
-Fomentan a precariedade dos xovenes
-Ventaxas as grandes empresas
-Aumentan de impostos aos cidadáns (IVE, IRPF)
-Copago farmacéutico
-Paralizan a lei de dependencia.
OS MOTIVOS NA EDUCACIÓN PÚBLICA
-Recorte de 4000 millóns de euros a escola pública
-Creación de novas selectividades económicas e académicas para acceder á FP de Grao Superior e á universidade.
-
-Despedimento salvaxe de máis de 50.000 docentes.
-Subidas de taxas universitarias de ata un 66% respecto ó curso anterior.
-A imposición de tres reválidas (probas selectivas)
-A imposición de taxas de matriculación de centos de euros ó estudantado de Formación Profesional
-A creación de itinerarios da máis baixa cualificación desde 3º da ESO
A CULTURA APOIA A FOLGA DO 14 DE NOVEMBRO
Escritores,actores,cantantes e profesores mostran o seu apoio neste vídeo
por Andrés Seoane Pena, 4º A
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
13 de nov. de 2012
Como foi a videoconferencia 'Facendo física de partículas polo mundo'
5.760 alumnos tiveron a posibilidade de coñecer o traballo que están a desenvolver no CERN a grupo de físicos galegos que están no cumio da investigación mundial. Patricia Conde (Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN), Olalla Castro (Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos), Abraham Gallas (Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN), Carlos Salgado (Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo) e Cibrán Santamarina (Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN).
Nun principio estaba previsto que o seguimento da videoconferencia se fixera desde dúas das aulas multimedia xa que a cantidade total de alumnos, 84, non collería nunha das aulas. Ao final, un dos PCs dounos problemas e tivemos que xuntarnos todos nunha aula.
É unha actividade que esperamos volver a compartir o vindeiro ano.
12 de nov. de 2012
Como foi o 'volcán científico'
O pasado luns 5 de novembro celebrouse a III edición do 'Día da Ciencia en Galego', unha xornada para reivindicar o "dereito a gozar da ciencia na nosa lingua".
Todos sabemos que o acceso a recursos de divulgación científica en galego é moi complicado, por non dicir imposible. Así que, aproveitando que os compañeiros do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis fixeron un enorme traballo subtitulando un vídeo de excelente calidade didáctica e científica, fixemos unha proxección volcánica o día 5 en todas as clases de 1º, 2º e 3º da ESO.
Agradecemos ao alumnado o interese mostrado. Moitos pediron a continuación das proxeccións, pois ese día só chegaron a ver un dos apartados do vídeo.Aproveitamos esta entrada para invitarvos a relfexionar sobre estas cuestións:
- Fai memeoria sobre os libros, documentais, artigos de temas científicos que consultaches?
- cantos deles estaban en galego? cantos en castelán? Intenta explicar por qué esta distribución.
- Se pensas que é necesario que haxa materiais de divulgación científica en galego, que medidas se deberían tomar?
9 de nov. de 2012
Taboleiro. Outubro 2012
Velaquí o taboleiro do ENDL despois do primeiro mes de actividades.
Destacamos:
- a chegada do primeiro número revista da CGENDL, 'Ollos de aula',
- o informe realizado pola Mesa sobre a práctica desaparición do ensino infantil en galego nas cidades,
- as actividadades realizadas no centro para celebrar o Día da Ciencia en Galego
7 de nov. de 2012
Conferencia sobre Ramón Verea
Este xoves dia 8 pola tarde visitaranos Olimpio Arca Caldas autor do máis completo estudo sobre o inventor da calculadora Ramón Verea.
Poderán asistir á súa conferencia os alumnos de 4ºA (a 7ª hora) e 4º B (a 8ª hora)
Olimpio Arca escribiu unha biografía de Ramón Verea que se pode consultar na rede. Leva o título Ramón Verea. Inventor estradense. O libro foi editado por galeguizargalicia.com. Invitamos a todos a que lle botedes un ollo. Asegurámosvos que a lectura non é nada complicada e permitiranos achegarnos a unha figura próxima na xeografía e que desafortunadamente é moi descoñecida a pesar de figurar na historia do desenvolvemento tecnolóxico nun lugar ben importante. Ramón Verea é o autor dun mecanismo que permitía realizar multiplicacións e divisións sen ter que facer referencia a sumas continuadas.
No libro de Olimpio Arca podemos ler unha biografía de Ramón Verea, unha liña de tempo cos principais fitos na vida do personaxe. Tamén hai un estudo centrado no traballo periodístico e como escritor de Ramón Verea, un artigo sobre a súa faceta de inventor e incluso podemos consultar a descrición da patente da máquina de calcular inventada por este estradense que pasou a maior parte da súa vida en Nova York.
Continuaremos a darlle voltas á figura de Ramón Verea.
Poderán asistir á súa conferencia os alumnos de 4ºA (a 7ª hora) e 4º B (a 8ª hora)
Olimpio Arca escribiu unha biografía de Ramón Verea que se pode consultar na rede. Leva o título Ramón Verea. Inventor estradense. O libro foi editado por galeguizargalicia.com. Invitamos a todos a que lle botedes un ollo. Asegurámosvos que a lectura non é nada complicada e permitiranos achegarnos a unha figura próxima na xeografía e que desafortunadamente é moi descoñecida a pesar de figurar na historia do desenvolvemento tecnolóxico nun lugar ben importante. Ramón Verea é o autor dun mecanismo que permitía realizar multiplicacións e divisións sen ter que facer referencia a sumas continuadas. No libro de Olimpio Arca podemos ler unha biografía de Ramón Verea, unha liña de tempo cos principais fitos na vida do personaxe. Tamén hai un estudo centrado no traballo periodístico e como escritor de Ramón Verea, un artigo sobre a súa faceta de inventor e incluso podemos consultar a descrición da patente da máquina de calcular inventada por este estradense que pasou a maior parte da súa vida en Nova York.
Continuaremos a darlle voltas á figura de Ramón Verea.
6 de nov. de 2012
Ollos de aula nº 2
O segundo número da revista da Coordinadora Galega e ENDL para as familias.Ollos de aula. Nº 2
5 de nov. de 2012
Ciencia e tecnoloxía en galego
As tres universidades galegas realizaran unha campaña, 'En galego tamén se fai ciencia' para reivindicar o uso do galego na ciencia e na tecnoloxía. Foi outra medida de reacción contra o decreto de plurilingüismo que pretende excluir o galego destes ámbitos.
En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

