Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
18 de maio de 2012
Crónica do Correlingua de Silleda na TVG
Esta foi a crónica emitida pola TVG o pasado 14/05/2012 no informativo Galicia Noticias do mediodia dando conta do desenvolvemento do Correlingua en Silleda. Aparece algún alumno do Colmeiro.
Na versión dixital do xornal La Voz de Galicia tamén aparece este vídeo.
No Faro de Vigo podemos ler esta crónica: "Mil deportistas máis para o galego"
17 de maio de 2012
As fotos do Correlingua de Silleda
O pasado luns 14 de maio participamos no primeiro Correlingua celebrado en Silleda. Normalmente esta actividade viña desenvolvéndose na Estrada (ver), porén este ano este concello retirou o seu apoio (ver) nunha inexplicable decisión chea de sectarismo.
Pero, tal e como podemos ler na crónica local do Faro de Vigo, se o domingo Avelino Pousa Antelo, o insigne galeguista, celebraba o seu 98 aniversario, ao día seguinte 1.000 rapaces seguían a súa estela e polas rúas de Silleda reafrimaban o seu orgullo e defensa do galego. Basta ver as fotos:

16 de maio de 2012
#17vitaminas
Lectura do manifesto de 'Vitaminas para o galego'
Vitaminas para o galego é unha plataforma constituía arredor de varios medios de comunicación en galego cuxo obxectivo fundamental é precisamente ese: o mantemento e posta en valor deses medios como base fundamental para a normalización lingüística.
Por esta razón, cando lanzaron a iniciativa de facer unha lectura colectiva do seu manifesto, non dubidamos en apuntarnos. Hoxe o grupo de 1º ESO B fixo a súa contribución este pequeno pero fundamental paso de defensa da lingua galega. Esperamos pronto velo colgado nesta canle do You Tube.Manifesto Vitaminas Para o Galego

15 de maio de 2012
Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego
Tríptico editado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra (2011). Un pequeno documento que nos permite reflexionar sobre un alicerce básico para a boa saúde da nosa lingua: as razóns fundamentais para asegurar unha boa aprendizaxe do galego na escola.
Radiografía do idioma
Un documento de gran calidade para aproveitarmos para relfexionar sobre a situación social do galego nesta semana na que participamos no Correlingua e celebramos o Día das Letras.
Trátase dunha análise feita polo ENDL de Melide hai dous anos e utiliza os estudos máis importantes sobre o estado da nosa lingua na sociedade. Aporta datos do IGE (Instituto Galego de Estatística), do MSG 04 (Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004) [1], [2], [3] e do informe "Situación no ensino da lingua e a literatura galega na educación secundaria obrigatoria"

14 de maio de 2012
Hoxe toca Correlingua
Hoxe o alumnado de 1º e 2º da ESO participa no Correlingua de Silleda xunto co CEIP do Foxo, o CEIP Cabada Vázquez, o CEIP de Silleda, o CPR María Inmaculada, o CEIP de Figueroa, o IES Aller Ulloa, o IES Chano Piñeiro, O IES Manuel garcía Barros, o IES Laxeiro, o IES Marco do Camballón e o IES Losada Diéguez.
Case 1000 participantes nunha nova festa do galego.
Case 1000 participantes nunha nova festa do galego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)